Trieste
Trieste (Trst en esloveno) é unha cidade italiana de 208.621 habitantes, capital da rexión de Friuli-Venezia Giulia, na fronteira con Eslovenia. É capital da provincia homónima.
Índice |
Economía [editar]
Trieste ten un porto de notables dimensións con diferentes terminais. Ten especial importancia o tráfico de containers, sendo a principal porta europea dos produtos turcos, grazas ao sistema de tráfico Ro-Ro co país euroasiático. Tamén son relevantes os movementos de café (un terzo das importacións nacionais) e a terminal petrolífera, da que parte o oleoduto transalpino, que abastece Austria, Baviera e a República Checa. No tráfico de pasaxeiros está en aumento a actividade cruceirística.
En relación ás actividades económicas relacionadas co porto, en Trieste ten a súa sede central a empresa de construción naval de propiedade pública Fincantieri e tamén Italia Marítima, unha compañía de navegación do grupo Evergreen. No sector industrial, destaca o sector da mecánica industrial e naval, a metalurxia e a alimentar. O 90% de todas as empresas industriais e boa parte das artesanais encóntranse na zona industrial dos vales de Zaule e Noghere, a cabalo entre os concellos de Trieste, Muggia e Dolina, xa en San Dorligo della Valle, administrada pola EZIT (Ente para a Zona Industrial de Trieste). É moi importante para Trieste a aportación económica da investigación científica e o sector terciario. A cidade é sede de varias compañías de seguros. Na zona de Trieste está en discusión a construción de unha ou dúas plantas regasificadoras: unha en terra, na zona de Zaule, e outra mar adentro, no Golfo de Trieste.
Trieste cidade multiétnica [editar]
Trieste é un cruce de culturas e relixións, consecuencia da súa posición xeográfica de fronteira e das vicisitudes históricas que a fixeron punto de encontro de moitos pobos e culturas. Na cidade de Trieste actualmente están presentes xunto aos italianos e a minoría eslovena que goza de recoñecemento oficial numerosos grupos étnicos minoritarios (croatas, serbios, romaneses, gregos, alemáns e grupos de recente asentamento como os albaneses, chineses, africanos e sudamericanos.
Cidades irmás [editar]
Galería de imaxes [editar]
-
Estatua de James Joyce
Ligazóns externas [editar]