Paneslavismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira paneslava proposta pola Convención Paneslava de Praga de 1848.
Países da Europa actuial onde a poboiación eslava é maoirotiaria.
     Eslavos occidentais      Eslavos orientais      Eslavos meridionais
Distribución das linguas eslavas.

O paneslavismo é un movemento político e cultural, nacido dun movemento nacionalista, cuxo obxectivo era a unión cultural, relixiosa e política dos diversos pobos eslavos de Europa nunha soa entitade política.

Este movemento naceu a principis do século XIX, provocando o xurdimento doutros movementos similares, como o panescandinavismo. Alcanzou o seu máximo apoxeo coa disgregación do Imperio otomán, o que supuxo a liberación de varios pobos eslavos meridionais.

O paneslavismo ruso fomentaba movementos nacionalistas dos pobos eslavos sotmetidos a outras potencias, cousa que non podía tolerada por Austria, que vía ameazada a unidade interna do seu imperio, cousa que finalment sucedeu na Primeira Guerra Mundial.

O paneslavismo usaba como símbolos as cores que están presentes hoxe na maioría das bandeiras dos países eslavos: vermello, branco e azul.

Orixe[editar | editar a fonte]

O paneslavismo estendeuse a partir de orixes semellantes aos do panxermanismo: ambos os dous naceron do sentimento de identidade e da vontade de unión de grupos étnicos con certas características comúns, nun momento no que Francia estaba no seu auxe e dominaba Europa nas guerras napoleónicas.

Como outros movementos de rexeneración cultural e nacionalista do Romanticismo, recibiu o impulso de moitos intelectuais e académicos nos campos da historia, a filoloxía e dos estudosos do folclore, unidos polo seu interese no seu pasado e polos seus antepasados. O paneslavismo foi coetáneo da independencia dos eslavos meridionais.

O primeiro paneslavista foi o misioneiro católico Juraj Križanić (1618-1683).[1]. Segundo Francis Dvornik, apareceu no contexto do conflito entre a Reforma protestante e a Contrarreforma católica. O ideólogo Križanić non propognaba só a unión social, política e relixiose das poboatións eslavas, senón tamén a unificación lingüística formando unha lingua eslava común (una mestura de eslavónico, ruso e croata).[2].

A reflexión sobre a temática panslavista foi desenvolvida sobre todo polo filósofo ruso Nikolai Danilevski (1822-1885).

Algunhas das primeiras manifestacións de sentimento patriótico entre os pobos eslavos da monarquía dos Habsburgo atribúense a Adam Franz Kollár e a Pavel Jozef Šafárik.

Pero un movemento consistente non se chegou de formar despois de acabadas as guerras napoleónicas en 1815. Ao final do conflito, os gobernantes europeos intentaron unha reforma para volver ao status quo prenapoleónico. Durante o Congreso de Viena, Metternich, representante de Viena, opíuxose ideoloxicamente e pola vía legal aos diversos nacionalismos internos do Imperio Austro-Húngaro que vía como unha ameaza para a pervivencia do seu Estado. Aínda que no imperio había outras nacionalidades (italianos, romaneses, húgaros, entre outros), a maior parte dos seus súbditos eran eslavos.

O movemento alcanza o seu apoxeo no Congreso paneslavo de Praga en 1848. Foi nesta época cando se creoiu a bandeira paneslava (que sería reutilizada no momento da creación do Estado que reuniu aos eslavos do sur, o Reino dos Servios, Croatas e Eslovenos, despois Iugoslavia [3] así como o himno titulado Hej Sloveni (Eh, os eslavos) empregado polos pobos eslavos durante a dominación austro-húngara.

Esta doutrina serviu de base ideolóxica para as intervencións militaires do Imperio ruso nos Balcáns no século XIX, para a formación da Iugoslavia fedreral e foi habilmente utilizado ppola Unión Soviética[4] antes e despois da Segunda Guerra Mundial.

Actualmente, é tamén utilizada polos medios nacionalistas rusos, pero non encontra eco, polo menos oficialmente, nass autoridades rusas.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Franis Dvornik (1970): Les Slaves: Histoire et civilisation, de l'Antiquité aux débuts de l'époque contemporaine. Paris: Éditions du Seuil, páx. 797.
  2. Francis Dvornik (1970): Les Slaves: Histoire et civilisation, de l'Antiquité aux débuts de l'époque contemporaine. Paris: Éditions du Seuil, páx. 798.
  3. A palabra Iugoslavia, en croata, serbio latino e esloveno Jugoslavija, en macedonio e serbio cirílico Југославија, tradúcese literalmente como "Eslavia do sur" ou "país dos eslavos do sur".
  4. Francis Dvornik (1970): Les Slaves: Histoire et civilisation, de l'Antiquité aux débuts de l'époque contemporaine. Paris: Éditions du Seuil, páx. 947.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dvornik, Francis (1970): Les Slaves: Histoire et civilisation, de l'Antiquité aux débuts de l'époque contemporaine. Paris: Éditions du Seuil.
  • Grigorieva, A 2009): "Pan-Slavism in Central and Southeastern Europe" in Journal of Siberian Federal University. Humanities & Social Sciences 1 (2009 3) 13-21.
  • Riasanovsky, Nicholas Valentine (2006): A History of Russia, Oxford University Press US. ISBN 0-19-512179-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]