Felipe González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felipe González
Felipe González

2 de decembro 1982 – 5 de maio de 1996
Monarca Juan Carlos I
Vicepresidente Alfonso Guerra (1982–1991)
Narcís Serra (1991–1995)
Precedido por Leopoldo Calvo-Sotelo (UCD)
Sucedido por José María Aznar (PP)

13 de outubro de 1974 – 21 de xuño de 1997
Precedido por Dirección colexiada
Sucedido por Joaquín Almunia

15 de xuño de 1977 – 5 de abril do 2000

12 de abril do 2000 – 2 de abril do 2004

Datos persoais
Nacemento 5 de marzo de 1942 (72 anos)
Dos Hermanas, España
Partido Partido Socialista Obreiro Español (PSOE)
Cónxuxe Mar García Vaquero (2012–presente)
Carmen Romero (1969–2008)
Fillos 3
Profesión Avogado, político
Alma mater Universidade de Sevilla
Relixión Católico[Cómpre referencia]
Sinatura Sinatura de Felipe González

Felipe González Márquez, nado en Dos Hermanas (Sevilla) o 5 de marzo de 1942, é un político andaluz, presidente do Goberno de España entre 1982 e 1996.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a carreira de dereito e exerceu como avogado laboralista en Sevilla. Afiliouse ó PSOE en 1963 baixo o alcuño de Isidoro.

En 1974, no congreso de Suresnes (Francia), é elixido Secretario Xeral. Decide que o partido non pode continuar pola vía marxista e acata a maioría de preceptos liberais, renunciando á loita de clases e á ditadura do proletariado. Dende aquela, o partido integrarase na corrente socialdemócrata europea.

En 1982 acada o goberno. En 1986 ingresa España na OTAN e na CEE. Os seus sucesivos gobernos levan a cabo sucesivas reformas industriais e produtivas herdadas da época da Ditadura de Franco. Existe a crenza común de que as estruturas do Estado Español foron modernizadas definitivamente durante as primeiras lexislaturas de mandato socialista, con grandes avances en transportes, ensino ou Seguridade Social.

En 1996 perde as eleccións fronte a José Mª Aznar. Retírase da política definitivamente tralas eleccións do 2000. Está casado con Carmen Romero.

Miscelánea[editar | editar a fonte]

  • Afeccionado ó cultivo de bonsais.


Predecesor:
Leopoldo Calvo Sotelo
Escudo oficial de España.png
Presidente de España

1982 - 1996
Sucesor:
José María Aznar