Stjepan Mesić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stjepan Mesić.

Stjepan Mesić, coñecido popularmente como Stipe Mesić, nado o 24 de decembro de 1934 en Orahovica, Croacia, é un político. Presidente de Croacia dende o 18 de febreiro de 2000, foi reelixido o 16 de xaneiro do 2005 para un segundo mandato de cinco anos que rematou o 18 de febreiro de 2010.

Foi en 1991 o último representante croata na presidencia colectiva da República Federal Socialista de Iugoslavia, e foi tamén formalmente o último presidente da Iugoslavia formada por seis repúblicas (Bosnia-Hercegovina, Croacia, Macedonia, Montenegro, Serbia e Eslovenia).