Javier Solana
| Javier Solana | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 14 de xullo de 1942 | ||
| Lugar: | |||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | , | ||
| Organización: | Partido Socialista Obrero Español | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Alto Representante para a Política Exterior e de Seguridade Común da Unión Europea (1999-2009) Secretario Xeral da OTAN (1995 - 1999) Ministro de Asuntos Exteriores (1992 - 1995) Ministro de Educación e Ciencia (1988 - 1992) Voceiro do Goberno (1985 - 1988) Ministro de Cultura de España (1982 - 1988) |
||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político, físico e diplomático | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Francisco Javier Solana de Madariaga, nado en Madrid o 14 de xullo de 1942, é un político, físico e diplomático español. Foi, desde o ano 1999 ó 2009, representante da Política Exterior e de Seguridade Común da Unión Europea.
Está casado con Concepción Giménez Díaz-Oyuelos, e teñen 2 fillos.
Índice |
Traxectoria [editar]
Javier Solana é sobriño de segundo grao [1][2] do escritor e diplomático español Salvador de Madariaga. O seu pai foi profesor de química. O seu irmán maior, Luis, foi enviado á cadea polas súas actividades opositoras á ditadura do xeneral Franco.
Estudou no exclusivo Colexio do Pilar de Madrid e na Universidade Complutense de Madrid onde se licenciou en 1964. Ese mesmo ano ingresou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) daquela ilegal en España.
Entre 1965 e 1970, permaneceu en diversas universidades dos Estados Unidos de América, cunha bolsa da Fundación Fulbright. Neste país tomou parte nas protestas contra a guerra de Vietnam e chegou a ser presidente da Asociación de Universitarios Estranxeiros.
En 1971 regresou a España e entrou como profesor asociado de Física do estado sólido na Universidade Autónoma de Madrid, onde obtivo o doutorado en Ciencias Físicas. En 1973 obtivo a cátedra desta especialidade na Universidade Complutense de Madrid. Durante estes anos publicou máis de trinta artigos sobre a materia.
Actividade política [editar]
Cando regresou a España en 1971 Solana uniuse á Coordinación Democrática de Madrid como representante do PSOE.
En decembro de 1976, durante o XXVII Congreso Federal do PSOE, primeiro celebrado en España desde a Guerra Civil, foi elixido secretario de organización e prensa da Comisión Executiva, permanecendo cinco anos no posto. Consideróuselle amigo persoal e estreito colaborador do líder do PSOE Felipe González Márquez e un dos responsables da transformación deste partido nos anos seguintes á morte de Francisco Franco. O 20 de maio de 1977 acompañou a González na súa visita ó rei Xoán Carlos I no Palacio da Zarzuela.
Foi elixido deputado polo PSOE o 15 de xuño de 1977. Tralas eleccións de 1982 nas que o PSOE gañou a maioría absoluta no parlamento, foi ministro con este partido á fronte de Cultura (1982–1988), de Educación e Ciencia (1988–1992), de Asuntos Exteriores (1992–1995) e Voceiro do Goberno (1985-1988), sempre en gobernos presididos por González.
Durante os trece anos que permaneceu coma ministro, Solana conseguiu crearse unha sona de persoa discreta e hábil diplomático. Durante os últimos anos do goberno de Felipe González logrou manterse á marxe dos escándalos de corrupción e da implicación a guerra sucia contra ETA (véxase GAL), que caracterizaron o final do goberno do PSOE.
Para finais de 1995 Solana era o único membro do primeiro goberno de González que permanecía nel. Chegou a especularse na prensa coma o posible candidato a substituír a Felipe González á fronte do PSOE. Non obstante, Solana saltou á política internacional.
OTAN [editar]
O 5 de decembro de 1995 Solana converteuse no novo secretario xeral da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), reemprazando a Willy Claes, quen se vira na obriga de dimitir por un escándalo de corrupción. O seu nomeamento foi controvertido, xa que anteriormente Solana opuxérase á Alianza Atlántica e escribira un documento denominado 50 razóns para dicir non á OTAN [3]. O PSOE manifestárase contrario á OTAN, pero unha vez no goberno a súa actitude cambiou. O 12 de marzo de 1986 en España someteuse a referendo a permanencia na OTAN, facendo o goberno e Solana campaña de forma exitosa a favor da permanencia.
Durante o seu mandado á fronte da Alianza Atlántica desenvolveuse a guerra de Kosovo, a primeira en que participou a OTAN desde a súa constitución en 1949. Esta intervención carecía da autorización da Organización das Nacións Unidas (ONU) e consistiu basicamente no bombardeo de obxectivos militares e civís da República Federal de Iugoslavia. A OTAN xustificou os ataques por motivos humanitarios a fin de evitar unha limpeza étnica en Kosovo[3], mais o deliberado ataque de obxectivos civís xerou críticas que chegaron a acusar á OTAN de violar os acordos de Xenebra.
O 6 de outubro de 1999 cesa nas súas funcións á fronte da OTAN, sendo sucedido polo británico George Robertson.
«Señor PESC» [editar]
Solana converteuse no primeiro «Señor PESC», o encargado da política exterior e de defensa da UE, trala súa elección para este cargo, creado en 1999. Desde este posto pasou a ser a principal faciana da diplomacia da Unión, se ben a Comisión Europea conta cunha carteira adicional de relacións exteriores.
Adicionalmente Solana foi tamén o Secretario Xeral do Consello da Unión Europea.
Recibiu, o 17 de maio de 2007, o Premio Carlomagno da cidade de Aquisgrán, que distingue a personalidades polos seus servizos á unidade e ó progreso de Europa, pola súa contribución á paz.
Notas [editar]
- ↑ Biografía de Javier Solana na fundación CIDOB (en castelán)
- ↑ Biografía de Luis Solana, irmán de Javier Solana, no seu blog(en castelán)
- ↑ 3,0 3,1 A rede de Solana, 21/05/2007, El País (en castelán)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Predecesor: Soledad Becerril |
Ministro de Cultura de España 1982 - 1988 |
Sucesor: Jorge Semprún |
| Predecesor: Eduardo Sotillos |
Voceiro do Goberno de España 1985 - 1988 |
Sucesor: Rosa Conde |
| Predecesor: José María Maravall |
Ministro de Educación e Ciencia de España 1988 - 1992 |
Sucesor: Alfredo Pérez Rubalcaba |
| Predecesor: Francisco Fernández Ordóñez |
Ministro de Asuntos Exteriores de España 1992 - 1995 |
Sucesor: Carlos Westendorp |
| Predecesor: Sergio Balanzino |
Secretario Xeral da OTAN 1995 - 1999 |
Sucesor: George Robertson |
| Predecesor: Jürgen Trumpf |
Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade da Unión Europea 1999 - 2009 |
Sucesor: Catherine Ashton |
| Predecesor: Jürgen Trumpf |
Secretario Xeral do Consello da Unión Europea 1999 - 2009 |
Sucesor: Pierre de Boissieu |
| Predecesor: José Cutileiro |
Secretario Xeral da Unión Europea Occidental 1999 - 2009 |
Sucesor: ' |