Estevo Uroš III Dečanski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estevo Uroš III Dečanski
Стефан Урош Дечански III
Stefan Uroš III Dečanski
Rei de Serbia
Decanski Icon.jpg
Reinado 1321 - 1331
Nome completo Uroš Nemanjić
Nacemento ca. 1285
Falecemento 11 de novembro de 1331
Predecesor Estevo Uroš II Milutin
Sucesor Estevo Uroš IV Dušan
Cónxuxe/s Teodora Smilets de Bulgaria
María Paleologina
Descendencia Uroš Dušan
Simeon Uroš
Elena
Dinastía Dinastía Nemanjić
Pai Uroš Milutin
Nai Ana de Bulgaria

Estevo VII Uroš III Dečanski Nemanjić, Estevo Uroš III Dečanski ou Stefan Uroš III Dečanski, (en serbio latino Stefan Uroš III Dečanski, en serbio cirílico, Стефан Урош Дечански III), nado contra 1285 e finado o 11 de novembro de 1331, foi rei de Serbia de 1321 até o 8 de setembro de 1331.

Tomou o seu nome, Dečanski, do gran Monsteiro de Visoki Dečani que construiu en Kosovo, e foi canonizado pouco despois da súa morte.[1]

Vida[editar | editar a fonte]

Era fillo do rei Estevo Uroš II Milutin e Ana de Bulgaria. Os seus avós maternos eran Xurxo I de Bulgaria e María, irmá de Iván Asen III de Bulgaria.

Sendo aínda mozo foi enviado polo seu pai ás ordes do Xeneral Nogai Khan, do Imperio da Horda de Ouro, e ao seu regreso encargouno do goberno do Principado de Zeta (aproximadamente o actual Montenegro).

Casou en primeiras nupcias con Teodora, filla de Smilets de Bulgaria e, posteriormente, coa princesa bizantina María Paleologina.

Reinado[editar | editar a fonte]

Segundo a lenda, en 1314 seu pai, despois dunha pelexa de Uroš, enviouno a Constantinopla para que o cegaran, pero conseguiu recupera a visión.[2]

En 1320 se lle permitiu regresar a Serbia e tivo que derrotar a varios pretendentes ao trono antes de ser coroado en 1321.

Entre eles estaba o seu medio irmán Stefan Constantino, a quen derrotou e matou en 1322, e o seu primo Estevo Vladislav II, a quen tamén derrotou e exiliou en 1324.

Os pretendentes buscaran apoio no exterior, e Uroš tivo que facer fronte a unha alianza de Bulgaria e o Imperio bizantino.

O emperador búlgaro Miguel III Shishman, da dinastía Asen, divorciouse de Ana, irmá de Uroš, e casou coa princesa bizantina Teodora Paleologina. A súa intención era unir as súas forzas para unha gran invasión de Serbia en 1330. Isto levou ao acontecemento máis importante do reinado de Uroš III, a Batalla de Velbazhd, na que derrotou aos búlgaros e morreu o seu emperador Miguel III.

A coroación de Stefan Dečanski.

Tras a derrota do seu aliado, o emperador bizantino Andrónico III Paleólogo optou por retirarse, dirixindose cara obxectivos máis sinxelos.

As conquistas de Uroš III permitíronlle estender as fronteiras de Serbia cara ao sur, cara a Macedonia bizantina. Algúns dos seus cortesáns, porén, estaban descontentos coa súa política e conspiraron para destronalo en favor do seu fillo Dušan. Así, pasou os últimos días da súa vida no castelo de Zvecan, onde morreu, posibelmente asasinado, en 1331.[3]

Foi un gobernante moi relixioso e, en 1327, doou unha valiosa icona para a Basílica de San Nicolás, en Bari.[4] e a Igrexa Ortodoxa Serbia canonizouno. Os seus restos mortais permanecen na igrexa do Monsteiro de Visoki Dečani, que fixo construír en Kosovo. Como santo, conmemórase o 24 de novembro.

Predecesor:
Estevo Uroš II Milutin
Rei de Serbia
13211331
Sucesor:
Estevo Uroš IV Dušan
Emperador de Serbia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Spsko Blago. King Stefan Decanski.
  2. Merriam-Webster, Inc. Merriam-Webster's collegiate encyclopedia.
  3. Sedlar, Jean W., East Central Europe in the Middle Ages, 1000-1500, University of Washington Press, 1996, páx. 53.
  4. Centro Studi Nicolaiani. The Basilica of St. Nicholas in Bari.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estevo Uroš III Dečanski

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]