Estevo Uroš II Milutin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o astrofísico serbio de nome Milutin, véxase Milutin Milanković.
Estevo Uroš II Milutin
Стефан Урош Милутин II
Stefan Uroš II Milutin
Rey de Serbia
Milutinst.jpg
Fresco do rei Milutin na igrexa do Mosteiro de Studenica
Reinado 1282 - 1321
Nome completo Uroš Milutin Nemanjić
Nacemento ca. 1253
Falecemento 29 de outubro de 1321
Predecesor Estevo Dragutin
Sucesor Estevo Uroš III Dečanski
Cónxuxe/s Ana de Bulgaria
Isabel de Hungría
Simónida Paleologina
Descendencia Estevo Uroš III Dečanski
Ana Neda
Estevo Constantino
Dinastía Dinastía Nemanjić
En cor verde escura, o reino de Serbia baixo Estevo Uroš II Milutin.

Estevo VI Uroš II Milutin[1] Nemanjić, Estevo Uroš II Milutin ou Stefan II Milutin (en serbio latino Stefan Uroš II Milutin, en serbio cirílico Стефан Урош Милутин II), nado contra 1253 e finado o 29 de outubro de 1321, foi rei de Serbia entre 1282 e 1321. O seu reinado caracterizouse polo florecemento económico e cultural de Serbia, ademais de pola conquista de novos territorios e dunha melloría das relacións co Imperio bizantino.[2]

Primeiras conquistas[editar | editar a fonte]

Estevo Milutin era o fillo menor do rei Estevo Uroš I e a súa esposa, a raíña Helena de Anjou. Inesperadamente converteuse en rei de Serbia despois da abdicación do seu irmán Estevo Dragutin, cando tiña ao redor de 29 años.

Inmediatamente despois da súa ascensión ao trono, atacou as terras bizantinas de Macedonia. En 1282, conquistou o norte deste país, coa cidade de Skopje, que se converteu na súa capital.

O emperador bizantino Miguel VIII Paleólogo comezou os preparativos para a guerra, pero morreu antes da súa finalización. No ano seguinte Milutin conseguiu avanzar aínda máis en territorio bizantino cara a Kavala.

En 1284, Milutin tamén obtivo o control do norte de Albania e a cidade de Dyrrachion (Durrës). A paz asinouse en 1299, e non houbo cambios nos 15 anos serguintes.[3], mantendo Milutin as terras conquistadas como dote de Simonis, filla do emperador Andrónico II Paleólogo, que se converteu na súa cuarta esposa.

Ao redor de 1287 ou 1288 Milutin axudou ao seu irmán Dragutin a pacificar aos nobres no norte de Bulgaria (actualmente ao leste de Serbia, na rexión de Branicevo), vasalos do príncipe búlgaro Shishman de Vidin. Shishman atacou ás forzas de Milutin, pero foi derrotado, quedando para Miulutin, como botín, a capital, Vidin.

Pero Shishman á súa vez era vasalo de Nogai Khan, Khan do Imperio da Horda Dourada. Nogai Khan ameazou con atacar a Milutin pola súa insolencia, pero cambiou de opinión cando o rei serbio lle enviou agasallos e reféns. Entre os reféns se encontraba o seu fillo Uroš, que logrou escapar de volta a Serbia despois da morte de Nogai Khan en 1299, e en 1321 sucedería ao seu pai no trono.[4]

Ampliación do reino[editar | editar a fonte]

Cadaleito de Estevo Uros II Milutin, na Catedral de Sveta-Nedelya de Sofía, Bulgaria.

Contra 1299 comezaron as disputas co seu irmán Dragutin, estalando a guerra entre ambos os dous, que durou, con esporádicos alto ao fogo, até a morte de Dragutin en 1314.

Durante esta guerra Milutin nomeou o seu fillo Stefan Uroš rexente do Principado de Zeta, o actual Montenegro. Isto significaba que Stefan ía ser o herdeiro do trono de Serbia, e non o fillo de Dragutin, Estevo Vladislav II.

En 1312 as sús tropas libraron a Batalla de Galípoli, enviadas por Milutin para axudar ao emperador bizantino Andrónico II Paleólogo na defensa das súas terras contra os turcos otománs.

Despois de numerosos intentos de someter aos turcos, o Imperio bizantino viuse obrigado a recorrer á axuda de Serbia, coa que lograron a súa provisional detención.

Tras a morte de Estevo Dragutin en 1314, Milutin conquistou a maior parte das súas terras, incluíndo Belgrado.

Pero en 1319 Carlos I de Hungría arrebatoulle o control de Belgrado e da banovina de Mesia, aínda que Milutin mantivo o control de Braničevo.

En 1314 o fillo de Milutin, Estevo Uroš, rebelouse contra o seu pai, pero foi capturado, cegado e enviado ao exilio en Constantinopla. Ademais, Milutin nomeou herdeiro ao trono ao seu fillo menor, Estevo Constantino, pero na primavera de 1321 Estevo Uroš regresou a Serbia e foi perdoado polo seu pai.

Ao final da vida de Milutin, Serbia se convertera nun dos países máis poderosos do sur de Europa, a excepción de Hungría.

Milutin tamén foi coñecido como fundador de importantes mosteiros, como o de Gracanica, e a Igrexa de Nosa Señora de Lievish.

Despois da súa morte desatouse unha corta guerra civil, tras a que ascendeu ao trono o seu fillo maior, que reinou como Estevo Uroš III Dečanski.[5]

Os seus restos encóntranse na Catedral de Sveta-Nedelya, en Sofía (Bulgaria).[3]

Descendencia[editar | editar a fonte]

Coa súa primeira esposa Helena, filla do sebastokratōr Xoán I Dukas gobernador bizantino de Tesalia e Hypomone, non tivo fillos.

Coa súa segunda esposa, Isabel de Hungría, filla do rei Estevo V de Hungría e Isabel a Cumana, Milutin tivo:

Coa súa terceira esposa, Ana Terter de Bulgaria, filla de Xurxo I de Bulgaria, Estevo Uroš II Milutin tivo os seguintes fillos:

Coa súa cuarta esposa Simonis, filla do emperador Andrónico II Paleólogo, non tivo fillos.

Predecesor:
Estevo Dragutin
Rei de Serbia
1282 - 1321
Sucesor:
Estevo Uroš III Dečanski

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Navarro, Francesc. Enciclopedia Salvat. ISBN 84-345-9714-4. 
  2. Spsko Blago. King Milutin.
  3. 3,0 3,1 Find a Grave. Stefan Uros Milutin Nemanjic, II.
  4. Foundation for Medieval Genealogy. Sefan Uroš II Milutin 1282-1321.
  5. Sprsko Blago. King Stefan Decanski.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estevo Uroš II Milutin

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fine, John Van Antwerp (1994): The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest. University of Michigan Press. ISBN 978-0-472-08260-5 [1]
  • Hupchick, Dennis P. (1995): Conflict and chaos in Eastern Europe. Palgrave Macmillan. ISBN9780312121167 [2]
  • Kazhdan, Alexander (ed.) (1991): Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6
  • Nicol, Donald MacGillivray (1993): The Last Centuries of Byzantium, 1261–1453. Cambridge University Press. ISBN 0-521-43991-4 [3]
  • Sedlar, Jean W. (1994): East Central Europe in the Middle Ages, 1000–1500 Volume III. Seattle: University of Washington Press. ISBN 0-295-97290-4 [4]

Otros artigos[editar | editar a fonte]