Constantino III Heraclio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Constantino III Heraclio
Nacemento3 de maio de 612
Falecemento24 de maio de 641
Lugar de falecementoCalcedônia
Causatuberculose
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupacióngobernante
PaiHeraclio
NaiEudóxia
CónxuxeGregória
FillosConstante II
IrmánsEudóxia Epifânia, João Atalarico, Heracleonas, valor descoñecido, Konstantinos Heteros, Davi, Teodósio, Marino (filho de Heráclio), Augustina, Martina e valor descoñecido
Na rede
WikiTree: Augustus-77 Find a Grave: 40259052 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Heraclius Constantinus, coñecido como Constantino III Heraclio ou Constantino III, nado o 3 de maio de 612 e finado cara ao 641, foi un emperador Romano de breve reinado a mediados do século VII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Heraclio Constantino era o fillo máis vello do emperador Romano Heraclio, fundador da dinastía Heráclida, e da súa primeira esposa Eudocia. tamén era o medio irmán máis vello de Heraclonas, fillo de Martina, a segunda esposa do emperador Heraclio. Por razóns políticas, Heraclio considerou a Martina como nai de ambos fillos, que quedaron asociados ao trono en paridade de dereitos.

Constantino Heraclio converteuse en emperador á morte do seu pai en 641 como Constantino III. O seu acceso ao trono estivo marcado polas disputas familiares pola sucesión. O feito máis destacado acaecido durante o seu breve reinado foi a perda de Exipto, que foi conquistada polos árabes. Cando levaba catro meses de reinado, Constantino Heraclio morreu de tuberculose. Foi sucedido polo seu medio irmán Heraclonas no trono. O rumor de que Martina envelenara ao seu fillastro causou problemas políticos durante o reinado de Heraclonas.


Imperio Bizantino

Segue a:
Heraclio
Constantino III Heraclio
Precede a:
Heracleonas
Dinastía dos Heráclidas