República de Kosovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Kosovo.

A República de Kosovo (Republika e Kosovës, en albanés; Република Косово Republika Kosovo, en serbio), é un territorio en disputa ubicado na península dos Balcáns, no sudeste de Europa.

Ten unha superficie de 10.887 km² e está habitado por cerca de 1,8 millóns de persoas. A súa capital é Pristina. Limita con Montenegro, Albania, Macedonia e a rexión de Serbia central, e está compuesto polas rexións históricas de Kosovo e Metohija.[1]

A poboación kosovar está formada na súa maioría por albaneses. Unha estimación de 2002 da ONU dá estas cifras de poboación:

  • 88 % albaneses (1.996.000 – 2.072.000).
  • 8 % serbios (60.000 – 90.000).
  • 2 % goranis (41.000 – 57.000).
  • 1,5 % romaneses (34.000 – 38.000).
  • 0,5 % turcos (17.000 – 19.000).

E a distribución segundo a relixión sería:

  • 92 % musulmáns.
  • 7 % cristiano-ortodoxos.
  • 1 % católicos.

Os idiomas oficiais son o albanés e o serbio, aínda que tamén se falan no teritorio turco, romaní, bosnio e goraní, que son oficiais a nivel rexional.

Mapa da distribución da poboación por etnias en Kosovo (2005), segudo a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa.
Bandeira da República de Kosovo.
Escudo da República de Kosovo.

O status de Kosovo é motivo de controversia. Serbia considera que Kosovo é unha provincia autónoma Kosovo e Metohija dentro do seu territorio, en conformidade coa súa propia constitución e coa Resolución 1244 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas,[2] adoptada ao finaliza a Guerra de Kosovo; por iso, o goberno serbio non intervén directamente na administración deste territorio, xa que a súa administración quedou, por mandato do Consello de Seguridade, en mans da Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (MINUK) e da OTAN.

Pero o goberno provisional de Kosovo declarou unilateralmente a súa independencia de Serbia o 17 de febreiro de 2008 (con apoio de Estados Unidos e parte da Unión Europea, instaurando a República de Kosovo. Serbia, Rusia, España e outros países non aceptaron este feito unilateral nin recoñecen á República de Kosovo como Estado soberano.

Actualmente, a comunidade internacional encóntrase dividida entre os países que recoñeceron oficialmente a independencia de Kosovo, os que se negan a recoñecela e os que declararon a súa neutralidade ou a súa esperanza dunha evolución positiva dos acontecementos.

A soberanía da República de Kosovo é recoñecida pola maior parte dos seus habitantes, de orixe étnica albanesa. Porén, parte do norte de Kosovo, de maioría étnica serbia, que non recoñece a independencia, está administrado autonomamente coa coordinación da Asemblea Comunitaria de Kosovo e Metohija, organismo creado en xuño de 2008 co apoio da República de Serbia e que non é recoñecido polo goberno kosovar.[3]

A administración de Kosovo está a cargo da Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (MINUK).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Slavenko Terzic. "Kosovo y Metohija en la historia de los serbios". La Citadela. http://www.lacitadela.com.ar/AGOSTO/kosgracanica.htm. Consultado o 17/12/2011.  (Fragmento do libro Kosovo and Metohia in the Serbian history, de Slavenko Terzic. Srpska knjizevna zadruga, 1989).
  2. Organización das Nacións Unidas (10 de xuño de 1999). "Résolution 1244 (1999) adoptée par le Conseil de sécurité sur la situation en Kosovo". http://www.un.org/french/docs/sc/1999/99s1244.htm. Consultado o 17/12/2011. 
  3. BBC News. "Serbs form rival Kosovo assembly". http://news.bbc.co.uk/2/hi/europe/7455737.stm. Consultado o 17/12/2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]