Reino de Montenegro (1941-1944)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°23′N 18°55′E / 42.383°N 18.917°E / 42.383; 18.917

Краљевина Црна Гора
Kraljevina Crna Gora

Reino de Montenegro

Estado títere das Potencias do Eixe

Flag of the Kingdom of Yugoslavia.svg
1941 — 1944 Flag of Serbia and Montenegro.svg
Flag of SR Montenegro.svg
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Himno nacional: Oj Moneda majska zoro
Situación de Montenegro
Capital Cetinje
Goberno Non especificado
Alto Comisionado
 • 1941 Serafino Mazzolini
 • 1941 - 1943 Alessandro Pirzio-Biroli
 • 1943 Curio Barbasetti di Prun
 • 1943 - 1944 Theodor Geiger
Período histórico Segunda Guerra Mundial
 • Invasión de Iugoslavia abril de 1941
 • Disolución decembro de 1944
Moeda lira italiana
Reichsmark
No mapa vese o Reino de Montenegro durante a II GM e as fronteiras actuais.
En cor máis escura, a provincia das Bocas de Kotor, anexionada ao Imperio italiano.

Cos nomes de Reino de Montengro ou de Estado independente de Montenegro coñécese unha entidade territorial que existiu durante a Segunda Guerra Mundial, desde 1941 a 1944, no marco do "protectorado" das Potencias do Eixe, primeiro do Reino de Italia (1941 - 1943) e máis tarde da Alemaña nazi (1943 - 1944).

En teoría era unha Monarquía, pero na práctica foi un Estado satélite da Italia fascista e despois do Terceiro Reich, sometido a ocupación militar.

Creación[editar | editar a fonte]

O 6 de abril 1941 iniciuouse a invasión e ocupación de Iugoslavia por Alemaña e Italia e, despois da rendición do Exército Real Iugoslavo o 17 de abril de 1941, creouse o Estado independente de Montenegro (chamado "protectorado"), baixo control fascista, cando Krsto Zrnov Popović regresou do seu exilio en Roma en 1941 para liderar a Zelenaši (Partido "Verde") e apoiar o restablecemento da monarquía independente de Montenegro. A súa milicia denominábase Brigada Lovcen.

Montenegro constituiuse nominalmente en reino, ofrecéndoselle o trono ao rei de Montenegro no exilo, Mihailo Petrović-Njegoš (Miguel I), detido polos alemáns, pero este negouse categoricamente a aceptar. Polo tanto, o novo estado é un reino sen rei, onde o poder se mantiña de feito pola administración militar italiana.

Un goberno de transición, dirixido por Sekula Drljević, líder dos Federalistas Montenegrinos no Reino de Iugoslavia, estableceu un pseudoboberno, o Comité Administrativo Provisional de Montenegro, que funcionou como órgano colaborcionista da Italia fascista. O Comité disolveuse o 5 de maio de 1941, sendo substituído por un Consello Montenegrino encargado de supervisar a ocupación italiana e crear o semi-independente protectorado de Montenegro.

O rei Vítor Manuel III de Italia (influído pola súa esposa, a raíña Elena, filla do ex rei de Montenegro) impuxo a Mussolini a creación dun Montenegro independente, en contra dos desexos dos fascistas croatas de Ante Pavelić (os ustache) e dos albaneses (que querían dividir a Montenegro entre eles). Por outra parte, Italia anexionou oficialmente a provincia de de Bocas de Kotor (Boka Kotorska).

Evolución[editar | editar a fonte]

O 12 de xullo de 1941, Sekula Drljević proclamou oficialmente a independencia de Montenegro, pero o país se viu inmerso nunha guerra civil entre partisanos e chetniks por un lado, e separatistas montenegrinos e forzas do Eixe por outro. En outubro, considerando a Drljević como ineficaz, os italianos fanno destituír.

A medida que avanzou a Segunda Guerra Mundial, o conflito de Montenegro foise faciendo cada vez máis caótico, mentres que se fixeron e se desfixeron case todas as combinacións de alianzas entre as partes belixerantes e as distintas faccións.

No que se refire ás fronteiras da nación, a maior parte do Sandžak (de Serbia) incluíse no Estado Independente de Montenegro que, en esencia, só existía sobre o papel xa que boa parte do seu proclamado territorio, sobre todo despois da primavera de 1942, nunca foi realmente controlado polo seu goberno. A zona da baía de Kotor (a veneciana Cattaro), coimo quedou dito foi anexionada ao Reino de Italia (á provincia de Dalmacia), onde permaneceu até setembro de 1943.

O 9 de marzo de 1942 o xeneral Blažo Djukanović, nunha reunión de representantes das forzas armadas, e a proposta do Alto Comisionado italiano Alessandro Pirzio-Biroli, foi elixido para dirixir o Comité Nacional de Montenegro, que adoptaba así unha forma de goberno militar, baixo control italiano, con responsabilidades mal definidas.[1].

En outubro de 1943, Drljević exiliouse de Montenegro. Formou o Consello de Estado de Montenegro no Estado Independente de Croacia en 1944, que tratou de que actuase como un goberno no exilio. Mentres tanto, a finais de setiembro de 1943, . Montenegro mantívose baixo o control directo das tropas alemás, cunha terríbel e sanguenta guerra de guerrillas que asolaba a zona. O Exército Popular de Montenegro foi establecido por Ante Pavelić e Drljević a partir de derrotadas forzas chetniks encabezadas por Pavle Djurišić.

Disolución[editar | editar a fonte]

A guerra de guerrillas cada vez era mías intensa, e o goberno colaboracionista de Montenegro peerde o control de crecentes partes do seu territorio. En setembro de 1943, os italiáns retiráronse, e el Reino quedou baixo o control directo das tropas alemás. A Croacia fascista de Ante Pavelić anexionou oficialmente a provincia das Bocas de Kotor. En outubro de 1943, Djukanović e o Comité Nacional, negándose a cooperar cos alemáns, refuxiáronse no mosteiro de Ostrog. O 15, o mosteiro foi sitiado por partisáns iugoslavos e cae en catro días; Djukanović foi executado.[2]

En decembro de 1944, os alemáns son obrigados a retroceder e abandonaron aos partidarios de Tito a maior parte do territorio montenegrino, poñendo así fin ao Estado Independente de Montenegro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stevan K. Pavlowitch, Hitler's new disorder: the Second World War in Yugoslavia, Columbia University Press, 2008, p. 108-109
  2. Stevan K. Pavlowitch, Hitler's new disorder: the Second World War in Yugoslavia, Columbia University Press, 2008, páxs. 192-194.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]