Río Morava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Morava
e
PaísRepública Checa, Eslovaquia, Austria
NacementoMonte Králického Sněžníku
Lonxitude354 km
Conca26.658 km²
Caudal medio109 m³/s
DesembocaduraRío Danubio
Presa no Morava

O Morava (en checo e eslovaco Morava, en romanés Marus e en alemán March) é un río centroeuropeo, tributario do Danubio pola súa marxe esquerda. Cos seus 354 km de curso é a corrente de auga principal de Moravia, país que lle debe o seu nome, e no que dá lugar ás catro rexións nas que está dividido.

No seu curso baixo o Morava serve de límite natural entre a República Checa e Eslovaquia durante uns 50 km, e logo tamén entre Eslovaquia e Austria ao longo de 91 km. Dentro das liñas de fronteira inclúense os numerosos meandros do río. Nas décadas derradeiras do século XIX e até o final da primeira guerra mundial, o Morava contituíu o límite entre Austria e Hungría.

Curso[editar | editar a fonte]

O Morava nace no noroeste de Moravia, ao norte de Dolní Morava, no monte Králického Sněžníku, preto da fronteira checo-polaca, a unha altura de 1.194 m, xurdindo de dúas covas calcarias. Corre nunha dirección sur logo, para virar posteriormente para leste , atravesando o país moravo e cruzando diversas cidades. Logo de Olomouc, divídese en brazos distintos en varios puntos, aínda que acaban por reunirse. O seu curso baixo é lento. Despois de 354 km de percorrido desauga no Danubio, entre Hainburg an der Donau (Austria) e Devin, barrio de Bratislava, a capital eslovaca. O seu caudal medio é de 109 m³/s, e na desembocadura de 120 m³/s (2001) . A conca do Morava cobre unha área de 26.658 km².

Navegabilidade[editar | editar a fonte]

A frecuente falta de caudal a causa das súas numerosas ramificacións restrinxe a navegabilidade do río ao seu curso baixo, nun total de cerca de 80 km.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os seus afluentes máis coñecidos son:

  • Pola dereita:
    • O Dyje(alemán Thaya), 235,4 km.
  • Pola esquerda:
    • O Bečva(alemán Betschwa), 62 km.

Localidades nas beiras[editar | editar a fonte]

Ás únicas cidades importantes que baña o Morava son Olomouc (a antiga Olmütz dos alemáns) e Bratislava. Localidades importantes que están ás beiras do río son Kroměříž, Uherské Hradiště, Hodonín, Dürnkrut, Angern an der March e máis Marchegg.

Cheas[editar | editar a fonte]

A última grande chea do Morava ocorreu, con ocasión da época da fusión das neves, o 2 de abril de 2006, causando graves danos en Moravia e na Baixa Austria (Niederösterreich) e ficando durante varios días moitos lugares alagados polas crecida das augas dos seus encoros.

Galería fotográfica[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Allgemeine deutsche Real-Encyklopädie für die gebildeten Stände. Conversations-Lexikon; 10. Auflage 1853, F. A. Brockhaus, Leipzig
  • A. Stancik, H.Schiller, O.Behr et al.: Hydrology of the River Danube / Hydrologie der Donau. Gemeinsames Forschungsprojekt der Donauländer und der IHD, 272 p., Verlag Priroda, Bratislava 1988.

Outros artigos[editar | editar a fonte]