Estevo Dragutin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o político esloveno de nome Dragutin, véxase Dragutin Mate.
Estevo Dragutin
Стефан Драгутин
Stefan Dragutin
Rey de Serbia (1276–1282)
Rei de Sirmia (1282-1316)
Fresco of Stefan Dragutin, Arilje.jpg
Reinado 1276–1282
Nome completo Uroš Nemanjić
Falecemento 12 de marzo de 1316
Predecesor Estevo Uroš I
Sucesor Estevo Uroš II Milutin
Cónxuxe/s Helena de Anjou
Descendencia Estevo Vladislav II de Sirmia
Isabel de Serbia, banesa de Bosnia
Urošic
Dinastía Dinastía Nemanjić
Pai Estevo Uroš I
Nai Helena de Anjou

Estevo V Dragutin, Estevo Dragutin ou Stefan Dragutin (en serbio latino Stefan Dragutin, en serbio cirílico Стефан Драгутин), falecido en 1316, foi rei de Serbia desde 1276 até 1282, e de Sirmia de 1282 a 1316.

Vida[editar | editar a fonte]

Dragutin foi o fillo maior de Estevo Uroš I e Helena de Anjou.

Casou con Catarina de Hungría, filla do rei Estevo V.

Foi o líder hungarófilo da política serbia, polo que entrou en conflito co seu pai, a quen lle usurpou o trono en 1276 con axuda húngara.

Comenzou o seu reinado cun ataque ao Imperio bizantino, ataque que non prosperou.

Moeda de prata de Dragutin.

En 1282 enfermou despois de romper unha perna cazando, e pasou o trono ao seu irmán menor Milutin, reservándose algunhas zonas setentrionais (Sirmia).

Desde o matrimonio do seu fillo cunha parente do rei de Hungría Ladislao V, en 1284, Dragutin recibiu do rei húngaro zonas de Mesia e Belgrado, así como as rexións zonas bosnias de Soli e Usora, que gobernou até a súa morte, en 1316, establecendo relaciós co ban bosnio Estevo I Kotromanić.

O seu novo estado chamouse Reino de Sirmia.

A súa primeira capital foi Debrc (situada entre Belgrado e Šabac), cambiando logo a residencia a Belgrado, sendo o primeiro dirixente serbio en facelo.

Reino de Sirmia.

Naquel momento o nome de Sirmia correspondía aos territorios da Alta Sirmia (actual Sirmia) e a Baixa Sirmia (actual Mesia), sendo a segunda a que se encontraba baixo o dominio de Estevo Dragutin. Aínda que algunhas fontes históricas indican que gobernou tamén na primeira, e en Eslavonia, non hai unanimidade ao respecto.

A finais do século XIII Dragutin agregou Braničevo e Kučevo aos seus territorios.

Entrou en conflito co seu irmán Milutin cando este quixo reforzar os lazos co Imperio bizantino, polo que non traspasaría o trono ao seu fillo Vladislav, como se acordara. A intervención do clero en 1313 axudou a calmar o conflito.

Ao final da súa vida afastose dos seus amigos de Hungría, reforzando os lazos con Serbia.

Despois fíxose monxe e cambiou o seu nome polo de Teoktist. Morreu en 1316, sendo enterrado no mosteiro de Djurdjevi Stupovi, cerca de Novi Pazar.

Tras a súa morte, o seu fillo Vladislav foi o novo monarca do reino de Sirmia.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Igrexa de Santo Aquiles.

Froito do seu matrimonio, contra 1268, con Catarina de Hungría, filla de Estevo V de Hungría e Isabel a Cumana foron tres fillos:[1] [2]

  1. Estevo Vladislav II, rei de Sirmia (1316–1325)
  2. Isabel de Serbia, que casou en 1284 con Estevo I, Ban de Bosnia, sendo a nai do ban Estevo II.
  3. Urošic (Урошиц), que morreu sendo monxe.

Legado[editar | editar a fonte]

O seu legado comprende algúns mosteiros, entre os que destaca o de Mala Remeta en Fruška Gora, a Igrexa de Santo Aquiles, cerca de Arilje e o citado Djurdjevi stupovi coa Igrexa de San Xurxo, en Ras (actual Novi Pazar).

Predecesor:
Estevo Uroš I
Rey de Serbia
12761282
Sucesor:
Estevo Uroš II Milutin

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ćirković, Sima M. (2004): The Serbs. Blackwell Publishing Ltd. ISBN 0-631-20471-7
  • Fine, John V. A. (1994): The late medieval Balkans: a critical survey from the late twelfth century to the Ottoman Conquest. University of Michigan Press. Ann Arbor, Mich. ISBN 0-472-08260-4

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]