Estevo Nemanjić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stefan Nemanjić
Gran Župan de Raška (Estevo II de Raška)
Rei de Serbia (Estevo I de Serbia)
Prvovencani Ljeviska1.jpg
Reinado 1196 - 1217 como Gran Župan de Raška
1217 - 1228 como Rei de Serbia
Nome completo Stefan Nemanjić
Nacemento 1165
Falecemento 24 de setembro de 1228
Predecesor Estevo Nemanja
Sucesor Estevo Radoslav
Descendencia Estevo Radoslav
Estevo Vladislav
Estevo Uroš
Predislav
Dinastía Dinastía Nemanjić
Pai Estevo Nemanja
Nai Ana de Serbia

Estevo Nemanjić (en serbio latino Stefan Nemanjić, en serbio cirílico Стефан I Немањић), coñecido tamén como Estevo I Nemanjić, Estevo II Nemanjić e Stefan Prvovenčani (Estevo o Primeiro Coroado) na historiografía en galego ou Stefan (I ou II) Nemanjić),[1] [2] nado en 1165 e falecido en 1228, coñecido como o gobernante do Estado serbio de Raška que logrou promover este principado á condición de reino.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estevo o Primeiro Coroado foi o segundo fillo do Gran Župan (Gran Príncipe) Estevo Nemanja, irmán menor de Vukan, que gobernaba o Principado de Zeta e irmán maior de Rastko Nemanjić, coñecido despois como San Sava, que foi o fundador da Igrexa Ortodoxa Serbia independente. Heredou o título de Gran Župan en 1196, cando o seu pai abdicou para se facer monxe.[3]

O seu reinado comezou cunha loita contra seu irmán Vukan, que o expulsou de Serbia co apoio do Reino de Hungría. Estevo aliouse co rei Kaloyan de Bulgaria, que puxo á súa disposición un exército de cumáns a cambio de territorios do leste de Serbia. A crise terminou cando Sava negociou unha paz entre os seus dous irmáns e Estevo recuperou o seu poder.

Dado que a curia serbia tiña ambicións para estender a súa influencia nos Balcáns, Estevo usou estas circunstancias propicias para obter a súa coroa real, converténdose así no primeiro rei serbio. En Bizancio, o seu irmán Sava conseguiu asegurar a posición autocéfala para a Igrexa serbia, obtendo un arcebispado de Manuel I, Patriarca de Constantinopla, co se converteu no primeiro arcebispo ortodoxo serbio. Así, os serbios adquiriron ambas as formas de independencia: temporal e relixiosa.

A Serbia de Estevo Nemanjić.

Foi coroado en 1217 polo papa Honorio III, sendo o seu título completo "Rei das terras de Raška, Duklja, Travunia, Dalmacia e Zachlumia", aínda que a versión máis curta foi "Rei dos serbios", elevando o estado á categoría de reino independente, recoñecido internacionalmente. Cando recibiu o título de rei adoptou o nome de Estevo II Nemanjić,[4] aínda que tamén é coñecido como Estevo Prvovenčani (o Primeiro Coroado), como primeiro monarca da dinastía.

Estevo casou, entre 1185 e 1187, con Eudocia Angelina, a filla menor do emperador bizantino Aleixo III Anxo e Eufrósine Ducas, e neta do emperador Isaac II Anxo.

Segundo o historiador Nicetas Choniates, Estevo e Eudocia tiveron unha difícil relación e sepáraronse, acusándose mutuamente de adulterio, despois de teren tres fillos. Volveu casar en 1207 ou 1208 con Ana Dandolo, neta do Dux de Venecia Enrico Dandolo, coa que tivo un fillo e unha filla.

A Estevo II sucerérno, sucesoivamente, tres dos seus fillos: Radoslav (Estevo III), Vladislav e Uros Nemanjić, que marcaron un período de estancamento da estrutura do estado.

Radoslav (1228-1233) desempeñou un reinado carente de acontecementos importantes, sendo tutelado politicamente polo Despotado de Epiro;[5] o seu medio irmán (1233-1243) aproveitou a impopularidade de Radoslav para derrocalo e instaurar un goberno moi influído polo Segundo Imperio búlgaro, cuxo emperador Iván Asen II de Bulgaria era o seu sogro.[6]

O terceiro fillo de Estevo II Prvovenčani que accedeu ao trono foi Estevo Uroš I (12431276), que tamén derrocou ao seu irmán aproveitando a debilidade de Bulgaria, o seu principal apoio. Ademais, beneficiouse do declive dos búlgaros en Epiro para intentar expandir os seus territorios, alcanzando os seus confíns a Dubrovnik e Hungría

Predecesor:
Estevo Nemanja
Gran Župan de Raška
Rei de Serbia
12171228
Sucesor:
Estevo Radoslav

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Navarro, Francesc (1997). Enciclopedia Salvat. ISBN 84-345-9714-4. 
  2. A vacilación no numeral débese a un respecto cara ao seu pai, Estevo Nemanja, fundador da dinastía Nemanjević (coñecida na historiografía serbia como Sacrosanta dinastía Nemanjević) e pai do primeiro gran Estado serbio, aínda que, na historiografía, seu pai sempre se cita como Estevo Nemanja.
  3. Serf land of Montenegro. The Sacrosanct Nemanjic Dynasty (en inglés) Consultada o 2/1/2012.
  4. Aínda que o seu pai non gobernara co título de rei.
  5. Gran enciclopedia Larousse en vinte volumes, Volume 18. Larousse, 1972, páx. 659.
  6. SerbiaConsultado o 16/1/2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Estevo Nemanjić

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]