Mesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesia no Imperio Romano, arredor do ano 120.
Ancient balkans 4thcentury.png

A Mesia (latín:Moesia) era un país balcánico da Europa antiga, sito entre o río Danubio e o Reino de Macedonia. Cubría unha área hoxe incluída no Norte de Bulgaria e Serbia.

Breve historia[editar | editar a fonte]

En principio poboada polos tracios, a rexión acolleu a partir do século -VIII, colonos gregos, que se estabelecen no litoral preferentemente. No século -I, os romanos, donos da zona, crean a provincia de Mesia, que logo, parcialmente, será parte do Imperio de Oriente.

A comezos do século VI, tribos eslavas comezan a infiltrarse na zona, asimilando, progresivemente, aspoboacións locais xa romanizadas (válacos). Pola mesma época, os búlgaros, tribos turcófonas, sob a dirección do khan Asparoukh, instálanse entre o Danubio e os Balcáns: acabando por adoptaren mesmo a lingua dos esalvos locais: o eslavónico, que con o tempo pasaría a chamarse búlgaro.

Divisións[editar | editar a fonte]

No ano 85 foi dividida en Mesia Superior e Mesia Inferior.

Cidades[editar | editar a fonte]

As principais cidades da Mesia Superior eran Singidunum (actual Belgrado), Viminacium (Kostolac), Bononia (Widdin, Vidin) e máis Ratiaria (Arčar). As da Mésia Inferior eran Oescus (ou Colonia Ulpia, hoxe Gigen), Novae (preto de Sistova), Nicopolis ad Istrum (hoxe Nikup), Odessus (Varna) e Tomi (Constanţa).