Tratado de Trianon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio de Versalles, lugar do asinamento.

O Tratado de Trianon (en francés: Traité de Trianon; en húngaro: Trianoni békeszerződés ) foi un tratado de paz asinado no palacio do Grand Trianon, en Versalles, Francia, o 4 de xuño de 1920 entre as forzas aliadas na Primeira guerra mundial e o Reino de Hungría, tralo remate da guerra.

O tratado regularizaba a situación dos antigos territorios do Reino de Hungría, trala desaparición do Imperio Austrohúngaro, do que formaba parte, trala derrota na primeira guerra mundial. Os gañadores do tratado foron as "Forzas aliadas" (os Estados Unidos, o Reino Unido, Francia, Italia, e o Xapón) ademais das "Forzas asociadas" (os beneficiarios do tratado: Romanía, o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, e Checoslovaquia). O único perdedor do tratado foi Hungría, que perdeu o 77% da súa superficie e o 66% da súa poboación.

Cláusulas do Tratado[editar | editar a fonte]

Fronteiras de Hungría[editar | editar a fonte]

Disgregación do Imperio Austrohúngaro trala Primeira guerra mundial e perdas territoriais de Hungría.

Hungría proclamou a súa independencia fronte a Austria o 16 de novembro de 1918.[1] As fronteiras temporais «de facto» de Hungría foron as mesmas que as trazadas polas liñas do armisticio de novembro de 1918. En comparación co antigo Reino de Hungría, esas fronteiras non incluían:

A Tripla Entente pediu a Hungría que recoñecese os novos territorios pertencentes a Romanía, a través dunha liña trazada ao longo do río Tisza. Sen a posibilidade de rexeitar eses termos, pero tampouco querendo aceptalos, os líderes da Primeira República Húngara dimitiron e os comunistas chegaron ao poder. Formouse a República Soviética Húngara e organizouse rapidamente un Exército Vermello Húngaro. Ese Exército tivo, nun principio, éxito contra as lexións checoslovacas e chegou preto da antiga fronteira de Galitzia (polaca), separando dese xeito ás tropas checoslovacas das forzas romanesas. O 1 de xullo de 1919 asinouse o cesamento de hostilidades entre o Exército Vermello e as tropas checoslovacas, mentres que as tropas romanesas cruzaron o río Tisza, derrotaron ao Exército Vermello húngaro e ocuparon Budapest o 4 de agosto de 1919.

O Estado húngaro foi restablecido pola Tripla Entente, quen axudou ao almirante Horthy a chegar ao poder, no mes de novembro de 1919. En decembro de 1919, unha delegación húngara foi invitada á Conferencia de Paz de Versailles.[3] As condicións expostas no tratado foran aprobadas polos vencedores o 26 de febreiro de 1919, pero só presentáronse á delegación húngara un ano máis tarde, o 16 de xaneiro de 1920.[4] As protestas do Goberno magiar de Karoly Huszár foron presentadas o 10 de febreiro e incluían a petición de plebiscitos nas zonas que debían ser cedidas aos países veciños e o rexeitamento á asunción de que as minorías desexaban separarse de Hungría.[4] As alegacións húngaras foron rexeitadas o 6 de maio, indicándose aos seus representantes que a redacción do tratado considerábase definitiva.[4] Contrario a aceptar as condicións esixidas, o Goberno de Huszár dimitiu pouco despois, o 14 de marzo.[4]

As fronteiras definitivas de Hungría foron fixadas polo Tratado de Trianón, asinado o 4 de xuño de 1920,[4] que deixaban fóra do país a case 3 millóns de maxiares (maioritarios en moitos distritos e municipios fronterizos).[4] Ademais dos territorios mencionados anteriormente, Hungría perdeu outros territorios ocupados como parte do Imperio Austrohúngaro:

  • O resto de Transilvania, que pasou a Romanía.
  • Rutenia, que pasou a Checoslovaquia, conforme ao Tratado de Saint-Germain de 1919.
  • A maior parte de Burgenland, que chegou a ser parte do novo Estado de Austria, tamén conforme ao Tratado de Saint-Germain; o distrito de Sopron optou por quedar como parte de Hungría logo dun plebiscito organizado en decembro de 1921.
  • Međimurje e Prekmurje, que chegaron a ser parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.

Conforme ao Tratado de Trianón, as cidades de Pécs, Mohács, Baja e Szigetvár, temporalmente baixo administración iugoslava, pasaron a Hungría. Un comité asignou pequenas partes do norte dos antigos distritos Árva e Szepes a Polonia, posto que aí vivía unha maioría de poboación polaca.

En total, dun territorio en vésperas da guerra mundial de 325 000 quilómetros cadrados, o novo Estado independente só conservaba 93 036, mentres que Romanía obtivo 103 093, Checoslovaquia 61 633, Iugoslavia 63 092 e Italia, Austria e Polonia porcións menores.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Szilassy (1971), p. 24
  2. Szilassy (1971), p. 29
  3. Szilassy (1971), p. 70
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Szilassy (1971), p. 72
  5. Szilassy (1971), p. 73

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]