Taxa de natalidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En Demografía, a Taxa de natalidade é unha medida de cuantificación da fecundidade, que refire á relación que existe entre o número de nacementos ocorrido nun certo período de tempo e a cantidade total de efectivos do mesmo período. O lapso é case sempre un ano, e pódese ler como o número de nacementos dunha poboación por cada mil habitantes nun ano.

Países segundo a súa taxa bruta de natalidade.

A súa fórmula é:

b={B \over N} * 1000

Onde:

b:Taxa bruta de natalidade
B: Número total de nacementos (nun período de tempo)
N: Poboación total

Ten a vantaxe de ser unha medida sinxela e fácil de interpretar, pero presenta algunhas dificultades, pois na comparación entre países pode levar a diferenzas que dependen máis da estrutura por idade e sexo da poboación que da fecundidade das poboacións analizadas. Para ese efecto recoméndase usar taxas refinadas, como a taxa de fecundidade xeral ou a estrutura de fecundidade por idade.