Tinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tinos - Τήνος
Vista da illa
Greece Tinos2.jpg
Datos
Capital Tinos
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Cícladas
Linguas Grego
Poboación (2001) 8.574 hab.
Superficie 350 km²
Densidade
Coordenadas 37°32′N 25°10′E / 37.533°N 25.167°E / 37.533; 25.167
Maior Altura 729 m. Monte Tsiknias
Localización
Localización  da illa

Tinos (en grego: Τήνος) é unha illa grega no mar Exeo. É parte das Cícladas entre Andros e Delos. A súa superficie é duns 350 km². Ten unha poboación ao redor de 8.000 habitantes e unha densidade de 40 a 50 hab./km².

De 1207 a 1715 era un protectorado Veneciano antes de estar baixo dominación do imperio otomán ata 1821 cando integro o novo estado de Grecia.

A antiga cidade de Tinos atopábase ao suroeste da illa o lugar onde hoxe esta Aios Nikólaos, a capital actual. Nos seus arredores atopábase un templo dedicado a Poseidón, situado nunha cova, no que se celebraban festivais aos que asistían case todos os habitantes da illa. Poseidón aparece nas moedas de Tinos. Outra cidade da illa foi Eríston, no interior, onde agora está o pobo de Komi. Unha curiosidade de Tenos era unha fonte de auga da que non se podía mesturar co viño, que era e é o produto principal da illa, onde destaca a malvasía, orixinalmente xurdido en Monemvasia , no Peloponeso.

Historia antiga[editar | editar a fonte]

Os seus nomes antigos foron Hidrussa e Ofiüssa. Este último nome foi debido á abundancia de serpes.

Cando Xerxes invadiu Grecia os habitantes tiveron que aceptar o dominio persa e servir ao seu exército. Un trirreme da illa desertou na Batalla de Salamina (480 a. C.) e, así, o nome de Tinos foi inscrito en Delfos entre os estados gregos que derrotaran os persas. Tamén tiveron o nome inscrito na estatua de Zeus en Olimpia con todos os estados que combateran en Platea. Posteriormente foron aliados de Atenas, cidade á que pagaban un tributo de 3.600 dracmas.

Alexandre de Feres posuíu a illa por un tempo, e despois Marco Antonio cedeuna a Rodas.

Tras a conquista de Constantinopla polos latinos, Tinos pasou a Venecia ata que a cederon ao Imperio Otomán por mor da paz de Passarowitz en 1718.