Lemnos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lemnos
Vista da illa
MirinaLimnosGreece.jpg
Datos
Capital Mirina
País Grecia
Localización mar Mediterráneo
Arquipélago
Linguas
Poboación (2001) 18.104 hab.
Superficie 476 km²
Densidade
Coordenadas 39°55′N 25°15′E / 39.917°N 25.250°E / 39.917; 25.250
Maior Altura 470 m. Vigla
Localización
Localización  da illa

Lemnos (Λήμνος) é unha illa grega no mar Exeo, entre o Monte Athos e os Dardanelos (Helesponto), ao sudoeste de Imbros. Forma parte da prefectura de Lesbos onde forma unha provincia xunto coa veciña illa de Agios Eustratios (habitada por algúns pescadores que viven na aldea do mesmo nome na costa noroeste) que foi a antiga Krise (Chryse, Χρυσή).

Superficie e poboación[editar | editar a fonte]

A súa superficie é de 476 km². A capital é Mirina (do nome do primeiro rei mítico da illa Toandas) na costa oeste. A illa está formada por dúas partes xa que no centro se estreita por dúas baías: ao norte o golfo Pornias e ao sur a baía de Moudros. As principais cidades son, á parte da capital, Moudros, Romano (as dúas na baía de Moudros) e Atsiki, na parte centro oriental da parte occidental, cerca do istmo. A poboación é de 18.000 habitantes.

Escavacións[editar | editar a fonte]

Na parte oriental escavouse unha cidade preto da aldea de Kaminia, no que os arqueólogos italianos bautizaron como Poliochni, que é, probablemente a primeira cidade europea xa que foi construída cara ao -3000, ata poida que un pouco antes; un edificio nos restos, parece que estaba destinado ás reunións dos xefes para decidir os asuntos esenciais, que é considerada a primeira mostra de democracia en Europa. Restos antigos atópanse tamén en Ifestia e Kavirio na costa nordés.

Lenda[editar | editar a fonte]

O seu primeiro nome foi Etalia (Aethaleia Αήθάλεια) pola súa natureza volcánica e segundo crese en relación á montaña chamada Mosychlus (Μόσυχλος). O nome Lemnos foille dado pola gran deusa que foi adorada na illa desde o 800 ao 500 e foi denominada Lemnos polos habitantes. Segundo a lenda que recolle Homero, foi habitada pola tribo tracia dos sintias ((Σίντιες que probablemente quere dicir "ladróns") e cando os argonautas desembarcaron na illa atopárona habitada só por mulleres que mataran aos seus homes porque lles foran infieis con mulleres tracias; os argonautas e as mulleres da illa orixinaron aos minias (latín minyae, grego Μινύαι) que foron expulsados polos tirrenos pelásxicos expulsados de Ática. Os pelasgos, durante un festival foron infieis ás súas mulleres e se aparearon con mulleres de Ática pero despois mataron a estas mulleres e aos fillos que tiveran con elas; esta atrocidade e a anterior matanza de maridos fixeron sinónimo os "feitos de Lemnos" dunha atrocidade calquera.

Historia[editar | editar a fonte]

Cara ao -521 ou o -513 foi conquistada por Otanes, xeneral de Darío I o grande. Milcíades pagouna por adiantado aos persas cara ao -510 e construíronse murallas na cidade principal que era Hefestia. Desde entón foi sempre posesión ateniense e permaneceu en posesión de Atenas na paz de Antálcidas cando todas as demais cidades foron independizadas (igual que Imbros e Esciro). Na metade do século -IV pasou a mans de Macedonia. Os romanos, logo de derrotar a Filipo V de Macedonia, restituíron estas illas a Atenas. Baixo os romanos, ademais de Hefestia (Hephaestias, Hφαιστίας) xa existía Mirina (Myrina ou Μύρινα). Segundo Plinio había un labirinto con 150 columnas.

A principal produción da illa era a chamada terra lemnia ou terra sigillata, que os médicos utilizaban antigamente para feridas e picadas de serpes.

A partir do século XI os monxes do Monte Athos foron comprando terreos na illa e xa posuían un terzo das terras en 1204. Pola mesma época, a principal cidade bizantina, Kotsinos, estableceuse unha colonia comercial veneciana (finais do século XI) que se converteu en igrexa propia en 1136. En 1207 pasou aos Navigajiosi, e o Gran duque de Lemnos Filocalo Navigajosi construíu a fortificación veneciana cara ao 1214; os venecianos perderon a illa cara ao 1260, cando volveu ao Imperio Bizantino restaurado. En 1387, o emperador bizantino Xoán V Paleólogo acordou a cesión ao seu neto (pola vía materna María Paleólogo): o xenovés Francisco II Gattiluso de Lesbos, xunto con Tasos, Imbros e Samotracia. En 1442, os otomanos asediárona; o gobernador era Constantino Paleólogo, ex déspota de Morea que foi o último emperador bizantino; a súa muller Catalina Gattiluso non puido soportar os rigores do asedio e morreu, sendo enterrada na illa. En 1462, ocupada Lesbos, a illa dispúxose baixo protección de Venecia. Do 1470 ao 1477 foi gobernada por Francesco Pasqualingo. En 1478 os otomanos volvérona asediar e foi defendida por Maroula, a filla do gobernador veneciano da illa. Finalmente, en 1479 foi conquistada polos otomanos.

Permaneceu en mans dos turcos; en 1770 foi atacada polos rusos (almirante Orlov) pero non conseguiron conquistar a fortaleza e retiráronse. Durante a ocupación otomana chamouse Stalimene (εἰς τὰν Λῆμνον) pero os naturais seguíana chamando polo seu nome habitual.

Os gregos ocupárona en 1912, pero a retornaron polo tratado de paz de 1913. En 1920 o tratado de Sèvres adxudicouna a Grecia e no tratado de Lausana de 1923 foi confirmada como illa grega.