Literatura bizantina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase literatura bizantina ao período da literatura grega que vai desde a época de Xustiniano (século VI) até a queda do Imperio Romano de Oriente baixo do dominio turco en 1453.

Desde Xustiniano a Heraclio[editar | editar a fonte]

Este período exténdese entre 527 e 564. A figura máis importante é Romano o Mélodo (séculos V-VI), autor de himnos relixiosos. A produción foi abondosa na haxiografía, os escritos teolóxicos sobre cuestións dogmáticas e controversias cristolóxicas, e as crónicas eclesiásticas. Ademais desta literatura tradicional está a obra Barlaam e Xosafat. Procopio, que viviu na época de Xustiniano, centrouse na historiografía. As composicións poéticas eran de tipo retórico-escolástico, como as obras épicas de Nonnos de Panópolis.

Época de decadencia[editar | editar a fonte]

Vai de 641 a 850. Nela destaca exclusivamente Xoán Damasceno (século VII), que compuxo tratados relixiosos de estilo complexo e escuro.

Novo florecimento cultural[editar | editar a fonte]

Tivo lugar durante os séculos IX e XI. Destacaron Focio e Constantino Porfiroxeneta. Compiláronse recompilacións enciclopédicas como a Antoloxía Palatina e o Léxico Suídas.

Clasicismo[editar | editar a fonte]

Corresponde aos séculos XII a XIV. Baixo os Comnenos produciuse un renovado interese pola historia. Nicéforo Brienio e Ana Commeno narran as fazañas do seu xenro e pai, o emperador Aleixo. Baixo os Paleólogos produciuse unha nova decadencia cultural relacionada co dominio franco e posteriormente un florecemento da filoloxía.

Na literatura popular, redactada nunha lingua que non corresponde coa koiné padrón producíronse narracións épicas como o ciclo de Digenis Akritas e os que cantan a caída de Constantinopla e de Trebisonda ou as fazañas de Alexandre Magno.