Olympiacos BC
|
||
|---|---|---|
| Competición | A1 Ethniki | |
| Fundado | 1931 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Estadio da Paz e a Amizade (14.940) | |
| Cores | Vermello e branco | |
| Presidente | Panagiotis Angelopoulos Giorgos Angelopoulos |
|
| Adestrador | Dušan Ivković | |
| Euroliga | 3 (1997, 2012, 2013) | |
| A1 Ethniki | 9 (1949, 1960, 1976, 1978, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997) | |
| Copa de Grecia | 8 (1976, 1977, 1978, 1980, 1994, 1997, 2002, 2010) | |
| Tripla coroa | 1 (1997) | |
| Alcume | Thrylos (Lenda) Kokkini (Vermellos) Erythrolefki (Branco-vermellos) |
|
| Patrocinador | Wind | |
| Vestimenta | Nike | |
| Sitio Web | http://www.olympiacos.org | |
O Olympiacos B.C. (en grego Κ.Α.Ε. Ολυμπιακός), tamén coñecido como Olympiacos ou Olympiacos do Pireo, é un equipo de baloncesto grego con base no Pireo, que xoga as competicións da A1 Ethniki e a Euroliga. Foi fundado en 1931, e é un dos equipos con máis tradición da Europa. É propiedade dos multimillonarios irmáns Panagiotis e Giorgos Angelopoulos. É a sección de baloncesto do equipo Olympiakos Sindesmós Filathlon Piraiévs. Foi elixido pola FIBA coma o Equipo da Década dos '90.
Índice |
Pavillón [editar]
- Artigo principal: Estadio da Paz e a Amizade.
O Olympiakos disputa os seus partidos no Estadio da Paz e a Amizade (en grego: Στάδιο Ειρήνης και Φιλίας), un pavillón situado na localidade de Falero, no Pireo, Atenas. Está situado xusto en fronte do Estadio Georgios Karaiskakis, onde disputa os seus partidos de fútbol o Olympiakos FC. O pavillón construíuse en 1985, usándoo o Olympiakos dende 1991. Ten unha capacidade para 14940 espectadores, aínda que para os partidos de baloncesto redúcese a 12171. Foi a sede do Campionato de Europa de 1987 e do Campionato Mundial de Baloncesto de 1998.
Palmarés [editar]
- 1 Euroliga: 1997.
- 9 Ligas de baloncesto de Grecia: 1949, 1960, 1976, 1978, 1993, 1994, 1995, 1996 e 1997.
- 8 Copa de Baloncesto de Grecia: 1976, 1977, 1978, 1980, 1994, 1997, 2002 e 2010.