Theo Angelopoulos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Theo Angelopoulos
Nacemento 27 de abril de 1935
Atenas (Grecia)
Falecemento 24 de xaneiro de 2012
Profesión Director de cine
Ficha na IMDb

Theodoros Angelopoulos (en grego Θόδωρος Αγγελόπουλος), nado en Atenas o 27 de abril de 1935 e finado na mesma cidade o 24 de xaneiro de 2012, foi un director de cine grego.

Estudou leis en Atenas, tras o servizo militar marchou a París para atender á Sorbonne mais acabou entrando no IDHEC (Institut des hautes études cinématographiques). Volveu a Grecia e traballou como xornalista e crítico cinematográfico deica o golpe dos coroneis. Realizou a súa primeira curtametraxe en 1968.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Η Εκπομπή (I Ekpombi, 1968)
  • Αναπαράσταση (Anaparastasis, 1970)
  • Μέρες του `36 (Meres tou 36, 1972)
  • Ο Θίασος (O Thiassos, 1975)
  • Οι Κυνηγοί (I Kinighi, 1977)
  • Ο Μεγαλέξανδρος (O Megalexandros, 1980)
  • Αθήνα, επιστροφή στην Ακρόπολη (Athina, epistrofi stin Akropoli, 1983)
  • Ταξίδι στα Κύθηρα(Taxidi stin Kythera, 1984)
  • Ο Μελισσοκόμος (O Melissokomos, 1986)
  • Τοπίο στην Ομίχλη (Topio stin Omichli, 1988)
  • Το Μετέωρο Βήμα του Πελαργού (To Meteoro Vima tou Pelargou, 1991)
  • Το Βλέμμα του Οδυσσέα (To Vlemma tou Odyssea, 1995)
  • Μια Αιωνιότητα και μια Μέρα (Mia aiwniothta kai mia mera, 1998)
  • Τριλογία - Το Λιβάδι που Δακρύζει (Trilogia I: To Livadi pou dakryzei, 2003)