Siros
| Síros - Σύρος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Ermoupoli |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Cícladas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 19.782 hab. |
| Superficie | 101´9 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 37°27′N 24°54′E / 37.450°N 24.900°E |
| Maior Altura | 442 m. Pirgos |
| Localización | |
Siros (grego: Σύρος) é unha illa de Grecia situada no arquipélago das Cícladas, no Mar Exeo, e capital da prefectura do mesmo nome e da rexión do Exeo meridional. A capital da illa é Ermoupoli (grego: Ερμούπολη).
En época medieval a illa, do mesmo xeito que o resto das Cícladas foi ocupada polos venecianos que converteron á maior parte da poboación á relixión católica, e na actualidade a poboación de Siros conserva unha importante porcentaxe de católicos en relación co resto de Grecia, país maioritariamente ortodoxo).
Debido á importancia do seu porto marítimo, Siros foi unha das illas que máis refuxiados recibiu tras as diversas guerras de Grecia con Turquía, sobre todo en 1922, tras a ocupación de Esmirna polos turcos (a chamada catástrofe microasiática. Algúns dos refuxiados microasiáticos trouxeron a Siros a súa música popular que, enriquecida con outros elementos, converteu á illa nunha dos berces da música rebétika. Siros foi a patria de Márkos Vamvakáris, para moitos o maior compositor de rebético de todos os tempos e o primeiro en gravar un disco deste xénero musical. Unha das cancións máis famosas de Vamvakáris ten precisamente por título a Francosirianí (é dicir, a rapariga de Siros; é unha canción de amor coñecida por todo grego; co adxectivo "franco" fai referencia á súa condición de católica).
Historia[editar]
As escavacións revelaron varios obxectos, numerosas tumbas, vasos de cerámica, figuras, esqueletos e ruínas que datan da Idade do Bronce e que proban que a illa estivo habitada desde esta época.
Durante o século V a.C., os fencicios instaláronse en Siros e transformaron a illa nunha forza comercial mellorando o seu porto.
Na rexión de Kastri e de Calandriani, tumbas e pobos de cultivadores que datan do cicládico foron descubertos.
Siros era un dos centros das Cícladas máis importantes; este período é o período durante o cal a gran civilización Siros-Keros expandiuse.
Durante o século VI a.C. naceu Ferécides, tío e mestre de Pitágoras. Tivo unha concepción do heliocentrismo e alcanzou o seu apoxeo en Siros. A gruta onde vivía pódese visitar en Ano Meria.
Durante as guerras médicas, os persas conquistaron Siros, que foi liberada polos atenienses; logo, Siros foi membro da confederación de Delos, unha alianza marítima creada e presidida polos atenienses, e pagaba impostos á cidade de Atenas.
No século IV a.C., Siros caeu baixo a dominación de Filipo II de Macedonia e despois baixo a autoridade do seu sucesor, Alexandre o Grande. Tras a morte deste último, a illa seguiu a sorte do resto das illas gregas e pasou ao reino dos Ptolomeos de Exipto.
Como o resto das illas gregas, Siros sufriu durante varios séculos os ataques dos piratas ; isto explica por que as cidades da época eran construídas nas montañas.
Durante a dominación romana Siros prosperou e desenvolveuse; isto durou dous séculos e acabouse cando a illa veciña de Delos fixolle unha forte competencia.
Poucas cousas son coñecidas do período bizantino en Siros, dada a importancia mínima da illa fronte á grandeza e amplitude do imperio. O cristianismo apareceu na illa durante esta época e Siros formou parte do obispado de Délos, despois atopouse baixo a dirección do obispado de Atenas.
Os séculos VII e VIII foron un período desastroso para a illa que era a mneudo atacada polos piratas e que foi invadida pola peste.
En 1207 os veneciáns tomáron o control das illas gregas e Marco Sanudo conquistou Siros e Naxos e foi duque de Naxos.
Durante a dominación veneciana, os habitantes de Siros sufriron de pobreza, fame e de ataques piratas. A influencia veneciana é visible hoxe na cidade medieval de Ano Siros que posúe unha igrexa fortificada dedicada a San Xurxo.
Tralo perido veneciano, a illa atopouse cunha minoría católica importante que entrou baixo a protección de Francia durante a ocupación turca.
En 1537, Siros é conquistada polos otománs, pero foi autogobernada, cun estatuto privilexiado.
De 1770 a 1774 na guerra ruso-turca, a illa foi conquistada polos rusos; tres anos máis tarde, volveu caer baixo dominio turco.
Durante a guerra de independencia de Grecia de 1821 a illa estaba baixo protección francesa a causa do gran número de católicos que habitaban alí; así que permaneceu neutral pero participou na independencia converténdose nun refuxio para todos os gregos quen eran perseguidos polos turcos, para os que se sublevaron contra os seus opresores e para os que escaparan das matanzas e deixaran as súas terras.
Todos estes emigrados construíron nalgúns anos a capital da illa, Ermoupoli, que viu a súa economía e a súa cultura florecer rapidamente do século XIX ao século XX; foi un período de gran prosperidade para Siros e os seus habitantes e a illa converteuse no centro comercial e cultural de Grecia.
Hoxe Siros é o centro administrativo e a capital das Cícladas así como un centro importante para o comercio, grazas aos seus excelentes talleres de construción naval e á súa vida cultural moi desenvolvida.