Mustafa Kemal Atatürk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Mustafa Kemal Atatürk
Mustafa Kemal Atatürk
Mustafa Kemal Atatürk
Emblem of the President of Turkey.svg
Presidente de Turquía
Período: 29 de outubro de 1923
10 de novembro de 1938
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: İsmet İnönü
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Seal of Prime Ministry of the Republic of Turkey.svg
Primeiro Ministro de Turquía
Período: 3 de maio de 1920
24 de xaneiro de 1921
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: Fevzi Çakmak
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 19 de maio de 1881
Lugar: Salónica, Imperio Otomán Imperio Otomán (Grecia)
Falecemento: 10 de novembro de 1938
(57 anos)
Lugar: Estambul, Flag of Turkey.svg Turquía
Organización: Partido Republicano Popular
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Latife Uşşaki (1923-1925)
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político e militar
Relixión: Islam
Premios: {{{premios}}}
Signature of Mustafa Kemal Atatürk.svg
{{{web}}}

Mustafa Kemal Atatürk(pronunciado: [musˈtäfä ceˈmäl ätäˈtyɾc]), nado en Salónica o 19 de maio de 1881 e finado en Estambul o 10 de novembro de 1938, foi un militar e político turco, fundador e primeiro presidente da República de Turquía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Salónica, entón coñecida como Selânic e parte do Imperio Otomán, fillo dun funcionario de alfándegas que morreu cando el aínda era un neno, segundo o costume turco da época déuselle un único nome, Mustafa.

Estudou nun liceo militar turco onde o profesor de matemáticas deulle o sobrenome de Kemal (o perfecto) pola súa brillantez. Como Mustafa Kemal entrou na Academia Militar de Monastir (hoxe Bitola, na República de Macedonia) en 1895, en 1898 entra na Escola da Guerra de Estambul, do que se licenza en 1902 co grao de tenente. Entre 1905 e 1907 serve en Siria co 5º exército, en 1907 únese ao movemento dos Novos Turcos. En 1911 foi destinado ao Estado Maior en Estambul. Enviado a Libia en 1911 para facer fronte á invasión italiana, en 1913 regresa a Estambul ao cargo das defensas otomás na área de Gallipoli.

Durante a Primeira Guerra Mundial defendeu a área de Gallipoli durante o desembarco dos británicos, franceses, australiano e neocelandeses, converténdose en abril de 1915 no primeiro comandante otomán en vencer a un exército occidental dende as cruzadas, en outubro de 1918 os otománs capitularon e Mustafa Kemal convértese nun dos líderes dos que defendían a non división dos territorios de lingua turca do Imperio Otomán.

Trala aceptación do Tratado de Sevres polo sultán Mehmet VI, Kemal declara traidores á dinastía otomá, Kemal derrota aos gregos que avanzaran ata Ancara para poñer fin á súa rebelión, coñecida como Guerra de independencia turca, as vitorias de Kemal conseguiron manter a integridade territorial de Turquía e a anulación do Tratado de Sevres polo Tratado de Lausana, en novembro de 1922 o goberno provisional puxo fin ao sultanato.

O 29 de abril de 1923 proclamábase a República de Turquía con Mustafa Kemal como o seu presidente, dende alí iniciou unha política de homoxeneización da poboación: intercambio de poboación con Grecia, persecución da lingua kurda; a reforma cultural: substitución do alfabeto árabe polo latino, reforma da educación e modernización das estruturas do estado: laicismo, código civil.

Foi reelixido nas furnas en 1927, 1931 e 1935, así mesmo no ano 1934 a Asemblea Nacional de Turquía concedeulle o título de Atatürk, que significa Pai dos turcos.

A súa política[editar | editar a fonte]

A súa premisa coma gobernante foi a de aplicar unha extrema europeización e secularización da sociedade Turca como medio máis rapido para converter ao país nunha potencia industrial moderna, polo que se ben por moita xente é considerado como o pai de Turquía por outros moitos é visto coma un extremista secular que tratou de emular aos países europeos a toda costa.

O seu gran legado é o laicismo e uniformidade do país, imposto moitas veces pola forza. O Califato, o título co que eran investidos os Sultáns Otomán, foi abolido en marzo de 1924, ao igual que título de paşa, polo que Kemal volveu ser simplemente Mustafa Kemal. Pecháronse as Madrazas, escolas teolóxicas islámicas, a Sharia, lei islámica, foi substituída por un código civil á semellanza do suízo e adoptáronse o Código Penal italiano e o Código de Comercio alemán.

Alentouse tamén a emancipación das mulleres, para o que se redactaron un conxunto de leis. Mustafa Kemal casouse en 1923 cunha muller educada en Occidente, Latife Uşşaki, de quen se divorciou en 1925. En decembro de 1934 deuse ás mulleres o dereito a voto e a ser escollidas coma membros do parlamento.

Kemal consideraba o Fez, típico sombreiro otomán, un símbolo do feudalismo polo que ordenou a súa prohibición, así mesmo tamén prohibiu o uso do velo polas mulleres, alentando a que os turcos usaran vestimentas occidentais, ao igual que o propio Kemal.

En 1928 decretou o cambio da grafía árabe por un alfabeto latino con algunhas modificacións, máis fácil de aprender e que facilitaba as publicacións impresas. Para afianzar este cambio obrigou a tódolos turcos entre seis e corenta anos a volver á escola, para aprender este novo alfabeto. O cambio non so foi de formas senón tamén de contido, cambiando moitas palabras de orixe persa ou otomá por novos termos.

A representación visual da figura humana estaba prohibida no Imperio Otomán, conforme ca lei islámica. Kemal rompeu con esta norma, impulsando a creación de novas escolas artísticas para nenos e facultades de Belas Artes.

Tamén levantou a prohibición islámica sobre o alcohol.

O 24 de novembro de 1934 a Asemblea Nacional de Turquía aprobou a Lei en relación aos apelidos, segundo a cal tódolos cidadáns turcos debían adoptar un apelido, xa que ata entón so se usaba un nome seguido de referencias aos nomes dos país. A Asemblea Nacional asignou por unanimidade a Mustafa Kemal o apelido de Atatürk, que significa Pai ou antepasado turco.

Reformas levadas a cabo[editar | editar a fonte]

  • 1924: Peche das escolas relixiosas e abolición da Sharia.
  • 1924: Aprobación da Constitución.
  • 1925: Prohibición do Fez e o velo. Introduce a vestimenta occidental.
  • 1925: Adopción do calendario occidental (calendario gregoriano).
  • 1926: Introdución dun novo Código Civil baseado no suízo, rematando ca poligamia e o divorcio por repudio e introducindo o matrimonio civil.
  • 1927: Elaboración do primeiro censo da poboación.
  • 1928: Sustitución do alfabeto árabe polo latino.
  • 1928: Declaración a laicidade do Estado.
  • 1933: Proclamación que as chamadas á oración e as recitación públicas do Corán deben facerse en turco en lugar de en árabe.
  • 1934: Concesión do dereito a voto ás mulleres e o dereito a ser eleitas como diputadas, podendo optar a posto de traballo oficiais.
  • 1934: Introdución os apelidos en sustitución do nome único, de tradición árabe.
  • 1935: Proclamación do domingo coma día de descanso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mustafa Kemal Atatürk Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Mehmed VI
(Sultán do Imperio Otomán)
Emblem of the President of Turkey.svg
Presidente de Turquía

1923 - 1938
Sucesor:
İsmet İnönü