Templo grego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partenon, Atenas, Grecia

O templo grego é unha das tipoloxías arquitectónicas de maior relevo na Grecia antiga. Ten a súa orixe no mégaron, espazo existente nos anteriores palacios micénicos, exercendo unha forte influencia na posterior arquitectura da Roma antiga e no seu respectivo templo romano.

Áreas do templo[editar | editar a fonte]

  • Pronao: esta é a antecámara que antecede ao naos e que se tranformará, máis tarde, no nártice.
  • Naos ou Cella: neste espazo, delimitado por 4 paredes sen fiestras, é colocada a estatua da divindade e pode ser, por veces, organizado en 3 ás divididas por columnas. Nos templos de grandes dimensións o naos pode funcionar como un patio interior, sen cobertura.
  • Áditon ou Abaton: espazo só accesible a sacerdotes para o culto ou colocación de ofrendas. Esta área pode funcionar de diferentes xeitos; como unha subdivisión do naos, aberta para el; como unha cámara illada no centro do naos; ou como un nicho na parede posterior do naos.
  • Opistódomo: Cámara oposta ao pronao onde se atopa o tesouro e que tamén pode funcionar, como aditon.

Tipos de templos[editar | editar a fonte]

Segundo o número de columnas na fachada[editar | editar a fonte]

  • Tetrástilo: 4 columnas na fachada
  • Pentástilo: 5 columnas na fachada
  • Hexástilo: 6 columnas na fachada
  • Octástilo ou octostilo: 8 columnas na fachada
  • Decástilo: 10 columnas na fachada
  • Dodecástilo:12 columnas na fachada

Segundo o número de filas de columnas[editar | editar a fonte]

  • Monóptero: 1 fila de columnas. Tamén designa aos templos de planta circular rodeados por 1 fila de columnas e rematados por unha cúpula. Un monóptero con naos chámase tholos.
  • Díptero: 2 filas de columnas
  • Pseudodíptero: semellante ao díptero, aínda que as 2 filas de columnas non envolven a todo o templo (p. ex. a ringleira de columnas interior está pegada ás paredes do naos)

Segundo a distribución de columnas[editar | editar a fonte]

  • Períptero: o templo está completamente rodeado de columnas.
  • Pseudoperíptero: cando unha ringleira ou máis de columnas está embebida nas paredes da naos.
  • Próstilo: o templo só ten columnas na fachada principal.
  • Anfipróstilo: o templo presenta columnas nas fachadas principal e posterior.

Segundo o espazo entre as columnas[editar | editar a fonte]

  • Picnóstilo: Espazo reducido entre columnas de 3 módulos.
  • Sistilo: Espazo entre columnas de 6 módulos.
  • Diástilo: Espazo entre columnas de 6 módulos ou a medida dun diámetro da columna multiplicado por 3.

Un módulo é o raio da base do fuste da columna.

Segundo as ordes arquitectónicas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Orde arquitectónica.

e Columna

Exemplos[editar | editar a fonte]

Templo de Hefesto, templo grego Dórico en Atenas (449 AC)

A maioría dos templos gregos clásicos eran hexástilos (fachada con seis columnas). Algúns exemplos coñecidos son:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • CALADO, Margarida, PAIS DA SILVA, Jorge Henrique, Dicionário de Termos da Arte e Arquitectura, Editorial Presença, Lisboa, 2005, ISBN 20130007
  • KOEPF, Hans; BINDING, Günther (Überarbeitung), Bildwörterbuch der Architektur, Alfred Kröner Verlag, Stuttgart, 1999, ISBN 3-520-19403-1
  • MÜLLER, Werner, VOGEL, Gunther, dtv-Atlas Baukunst; Band 1 - Allgemeiner Teil. Baugeschichte von Mesopotamien bis Byzanz, Deutscher Taschenbuch Verlag, München, 2002, ISBN 3-423-03020-8

Outros artigos[editar | editar a fonte]