Coalición da Esquerda Radical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo da coalición.

A Coalición da Esquerda Radical, que en grego sería Συνασπισμός Ριζοσπαστικής Αριστεράς ou Synaspismós Rizospastikís Aristerás, que é comunmente coñecida pola súa abreviatura grega ΣΥΡΙΖΑ ou SÝRIZA, é un partido político de esquerda en Grecia, orixinalmente formado como unha coalición electoral. O seu líder parlamentario é Alexis Tsipras, presidente de Synaspismós, o maior dos partidos que forman a coalición.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

SYRIZA lanzouse formalmente para as eleccións lexislativa de 2004 en Grecia, mais as raíces do proceso que conduciu á súa creación remóntase ao Espazo para o Diálogo para a Unidade e a Acción Común da Esquerda en 2001.[1] O "espazo" compúñase de diversas organizacións da esquerda grega que, a pesar de diferentes orixes ideolóxicas e históricos, compartiran a acción política común en varias cuestións importantes que xurdiran en Grecia a finais da década de 1990, como a guerra de Kosovo, as privatizacións, os dereitos sociais etc. A maioría dos participantes no "Espazo", trataron de desenvolver unha plataforma común que podería conducir a unha alianza electoral.[2] Isto levou á eventual formación da Coalición da Esquerda Radical, en xaneiro de 2004.[3]

A Coalición da Esquerda Radical foi a gran sorpresa nas eleccións lexislativas de 2007 en Grecia, polo aumento dos seus votos e a obtención dun inesperado 5,04% de sufraxios, o que lle valeu conseguir 14 asentos do parlamento heleno.

Nas eleccións xerais de Grecia de maio de 2012, SYRIZA tivo un crecemento moi notable, converténdose na segunda forza política do país co 16,3% dos votos e 52 escanos.

Ademais, segundo unha nova sondaxe SYRIZA sería a formación máis votada nas eleccións previstas para o 17 de xuño, cun 20,5 por cento dos votos[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coalición da Esquerda Radical

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]