Apolodoro de Damasco

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Arco de Traxano, Ancona, obra de Apolodoro

Apolodoro de Damasco, en grego: Aπολλόδωρος, foi un arquitecto e enxeñeiro da civilización greco - romana.

[editar] Biografía

Naceu en Damasco (na actual Siria) entre 50 e 60 d. C. Morreu no 129 ou 130.

Foi chamado a Roma polo emperador Traxano o ano 92, manténdose como enxeñeiro e arquitecto dese emperador até a morte do mesmo en 117. Foi asimesmo escultor e autor de tratados técnicos, nomeadamente sobre máquinas de guerra.

Consonte a tradición, o emperador Hadriano condenaríao a morte por terse moqueado dos planos que elaborara, segundo nos foi transmitido por Dión Casio.

[editar] A obra

Foi o arquitecto de numerosas construcións públicas :

  • O Odeón (106), en Roma, que era unha sala de concertos redonda.
  • As termas de Traxano, que se estendían sobre todo o espazo do que actualmente é o Parque das Termas, e comprendían, ademais dos baños propios, espazos reservados para exercicios físicos, para actividades culturais, con dúas bibliotecas, e salas de ocio. Edificadas sobre o emprazamento da Domus Aurea, que foi en parte enterrada pola construción das termas, o que permitíu que recentemente se recuperasen algún elementos.
Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de:


  • Arco de triunfo de Traxano, en Ancona.

Existe un amplo consenso entre os especialistas que atribúe a Apolodoro o deseño do Panteón de Agripa.

Ferramentas persoais