Orde arquitectónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os tres tipos de capiteis da arquitectura clásica grega : o dórico, o xónico e o corintio

Orde arquitectónica, na arquitectura chamada clásica refírese a clasificación do estilo dos edificios na Grecia antiga en tres ordes, logo utilizados polos romanos da antigüidade que lle engadiron dúas. As medidas das diferentes partes dun edificio están en relación coas proporcións do conxunto da obra. As regras das proporcións da beleza a medida do home [1] propia dos gregos antigos, serán cambiadas en cada etapa histórica. Arquitectos e teóricos da arquitectura interpretarán ao longo do tempo estas regras. Paseniño a referencia ás ordes clásicas só se refire en termos de estilo ao aspecto decorativo e non ás regras primitivas das proporcións. Así estas normas serviron de referencia e foron imitadas noutras épocas na arquitectura occidental, atópanse con frecuencia nos estilos chamados neoclásicos. Ocorre que noutras civilizacións tamén se usa a expresión.

Definición[editar | editar a fonte]

As ordes arquitectónicas da Grecia antiga son sistemas canónicos de relacións fixas do conxunto dos elementos arquitectónicos articulados para formar unha unidade orgánica do edificio, tendo en conta a relación proporcional dos devanditos elementos, referido a un módulo [2] . A arte grega é herdeira das civilizacións mais antigas. O módulo é a unidade de medida que serve para establece-las proporcións entre as distintas partes do edificio. A arquitectura da Grecia antiga leva tres ordes:

En arquitectura, chámaselle ordes clásicas a cinco ordes, a esas tres débense engadir dúas outras utilizadas polos romanos desde a monarquía romana e a república romana ata finais do imperio romano:

Ordes arquitectónicas en Exipto antigo[editar | editar a fonte]

Na arquitectura do antigo Exipto cóntanse seis tipos de columnas . Unhas relacionadas coa flora, a palmiforme, a lotiforme e a papiriforme. Chámaselle columna hathórica á que se atopa nos templos dedicados á deusa Hathor. Chámaselle orde protodórica a un estilo que prefigura a orde dórica grega. Finalmente está a orde campaniforme.

Grecia antiga[editar | editar a fonte]

A arquitectura fíxose a medida do home diferenciándose así da herdanza exipcia [1] .

O templo[editar | editar a fonte]

Teatros e outros edificios[editar | editar a fonte]

Roma e o imperio romano[editar | editar a fonte]

Roma, herdeira dos gregos e dos etruscos, engade dúas ordes, crea modelos arquitectónicos e espallaos polas súas provincias contribuíndo á cohesión do imperio. O arquitecto romano Vitruvio que viviu no século I a.C foi autor dun famoso tratado de arquitectura, o único escrito de arquitectura que nos chegou da Antigüidade.

Influencia das ordes clásicas na arquitectura posterior[editar | editar a fonte]

As cinco ordes segundo o tratado de Vignola.

No ano 1632, Vignola publicou un tratado.

En Galicia[editar | editar a fonte]

  • A igrexa de San Martiño Pinario, mosteiro do renacemento galego leva pilastras xónicas nos muros da nave central e influencias das ordes arquitectónicas romanas noutras partes do mosteiro [3] .

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Historia de arte, Pilar Díez del Corral Corredoira, O saber de peto, Edicións Lóstrego, 2003, ISBN 84-932169-6-8
  2. Ana Romero Masiá e Felipe Arias Vilas. Arqueiloxía e prehistoria. ISBN 84-7680-168-8.
  3. Guía da arquitectura galega, Linguaxes e mensaxes, José Ramón Soraluce Blond, Editorial Galaxia, 1999, ISBN 84-8288-186-8

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]