Asociación Europea de Libre Comercio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da EFTA

A Asociación Europea de Libre Cambio (AELC) ou Asociación Europea de Libre Comercio (tamén coñecida polas súas siglas en inglés EFTA - European Free Trade Area) é un bloque comercial creado o 4 de xaneiro de 1960 pola Convención de Estocolmo como alternativa á Comunidade Económica Europea (1957) e polos países Austria, Dinamarca, Reino Unido, Noruega, Portugal, Suecia e Suíza. Entrou en vigor en xuño de 1960. En 1961 entrou Finlandia, en 1970 Islandia e en 1991 Liechtenstein.

O seu obxectivo consiste en favorecer a expansión económica e a estabilidade financeira de todos os seus membros.

Tras o abandono da AELC e entrada na CEE do Reino Unido e Dinamarca en 1973, Portugal en 1986, Austria, Suecia e Finlandia en 1995, o papel da AELC diminuíu notablemente. Permanecen dous países alpinos: Liechtenstein e Suíza, os cales son paraísos fiscais; e dous países nórdicos, Noruega e Islandia, aínda que este último comezou os trámites para adherirse á UE, polo que é probable que nos próximos anos deixe de ser membro desta organización.

AELC ten as seguintes institucións:

  • A secretaría que ten a súa sede en Xenebra.
  • O Tribunal da AELC.
  • O Consello da AELC.
  • A Autoridade da Vixilancia da AELC.

Historia[editar | editar a fonte]

     actuais      abandonaron

A reacción británica fronte á creación da CEE pasaría de ser indiferente a hostil por causa da súa oposición ás estruturas federais e a necesidade de defender a Commonwealth, que se atopaba nun período crítico. O Reino Unido conseguiu reunir ao longo de 1959 a varios países (entre eles algúns limítrofes á CEE) e deciden crear a Asociación Europea de Libre Cambio.

O 4 de xaneiro de 1960 rubricouse no salón Dourado do Palacio do Príncipe de Estocolmo o Tratado da Asociación Europea de Libre Cambio, o seu documento fundacional. Este, establecía a eliminación progresiva dos dereitos de aduana con respecto aos produtos industriais, pero non afectaba nin aos produtos agrícolas nin aos do mar.

A única diferenza primixenia entra a CEE e a AELC era a tarifa aduaneira exterior común, e por tanto cada membro desta última quedaba libre de establecer dereitos aduaneiros fronte a terceiros países.

A pesar desta modestia de medios e de propósitos, os resultados foron excelentes, pois logrouse un aumento do comercio exterior entre os seus membros de 3 522 a 8 172 millóns de dólares entre 1959 e 1967. Mais é, á fin e ao cabo, inferior se se compara co aumento que se produciu na CEE.

O fracaso da AELC produciuse como consecuencia da adhesión da Dinamarca e máis o Reino Unido ás Comunidades Europeas. Por esta razón a maioría dos países integrantes desmantelaron a súa protección aduaneira preparándose para poder adherirse ou asociarse á CEE, diminuíndo os ingresos e a importancia da AELC. Quedando na actualidade só 4 membros: Islandia, Suíza, Noruega e Liechtenstein.

Países membros de Asociación Europea de Libre Comercio[editar | editar a fonte]

Todos ingresaron no 1961 excepto a Islandia que ingresou no 1970 e a Finlandia que ingresou no 1985.

  • Dinamarca (Saíuse en 1972 para ingresar na CEE).
  • Reino Unido (Saíuse en 1972 para ingresar na CEE).
  • Portugal (Saíuse en 1986 para ingresar na CEE) .
  • En 1991 nos países restante fíxose un referendo por sufraxio universal para decidiren se seguían nesta organización ou pasaban a formar parte da Unión Europea e o resultado foi:
    • Austria (Saíuse en 1991 para ingresar na UE).
    • Finlandia (Saíuse en 1991 para ingresar na UE).
    • Suecia (Saíuse en 1991 para ingresar na UE).
    • Islandia (Seguen na Asociación Europea de Libre Comercio, aínda que iniciou trámites para adherirse á UE).
    • Noruega (Seguen na Asociación Europea de Libre Comercio).
    • Suíza (Seguen na Asociación Europea de Libre Comercio).
    • Liechtenstein (Seguen na Asociación Europea de Libre Comercio).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]