Economía de Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Grecia
Moeda Euro
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea, OCDE, OCEMN
Datos estatísticos[1]
PIB 280,8 mil millóns (2012)
Posición do PIB 46ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -6% (2012)
PIB per cápita 25 100 (2012)
PIB por sector agricultura 3,8%, industria 16%, comercio e servizos 80,1% (2012)
Inflación 1,1% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 4.951.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 12,4%, industria 22,4%, comercio e servizos 65,1% (2005)
Desemprego 24,4% (2012)
Industrias turismo, procesamento de alimentos e tabaco, téxtiles, produtos químicos, produtos de metais, minería, petróleo
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 26,67 mil millóns (2012)
Produtos de exportación alimentos e bebidas, produtos manufaturados, derivados de petróleo, produtos químicos, têxteis,
Principais mercados Italia 9,5%, Turquía 7,9%, Alemaña 7,9%, Chipre 6,1%, Bulgaria 5,5%, Estados Unidos 5,2% (2011)
Importacións 57,92 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas, equipamentos de transporte, combustíveis, produtos químicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 583,3 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A Grecia é unha economía capitalista que ten o sector público como responsábel por 40% do PIB. O valor do seu PIB per cápita é 75% do valor daquel das principais economías da Unión Europea. O país recibe moita axuda da UE, equivalente a uns 3,3% do PIB por ano.

O turismo responde por uns 15% do PIB. Os inmigrantes representan 1/5 da forza de traballo do país, principalmente na agricultura e nos traballos que non necesitan man de obra cualificada.

A economía do país creceu uns 4% ó ano entre 2000 e 2004, en parte debido ós gastos con infraestrutura para os Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas, e tamén ó aumento do crédito ó consumidor. Entre 2001 e 2005 o país violou o Pacto de Estabilidade e Crecemento da UE, presentando un déficit público superior a 3% do PIB nese período. A inflación, a débeda pública e o desemprego son superiores á media dos outros países da Zona do Euro, pero ten caído nos últimos anos.

O goberno grego ten loitado para reducir o gasto público e o tamaño do sector público e tamén para reformar o sistema de xubilacións e pensións, o que ten xerado protestos de sindicatos e da opinión pública.

A partir de 2009, a Grecia afrontou a unha importante crise económica e das finanzas públicas. A taxa de desemprego, que en 2007 era do 8,0%, pasou a 9,5% en 2009 e 12,5% o 2010, segundo a Comisión Europea debe aumentar para 13,2% en 2011. O déficit orzamentario, en 2009, chegou a 13,6% do PIB. O PIB da Grecia, á súa vez, caeu cerca 4,5% en 2010[1]. A débeda pública, que era 125,7% do PIB o 2009, atinxiu 142,8% do PIB o 2010[1]. A inflación atinxiu 4,7% o 2010[1] e estimase uns 2,2% o 2011.[3]

Sector primario[editar | editar a fonte]

Rabaño ovino en pastos na Tracia.

Principais produtos: trigo, millo, cebada, azucre de remolacha, oliva, viño, tabaco, batata, carne, tomate e banana; lácteos; pan, ovos e leite.

Sector secundario[editar | editar a fonte]

As principais industrias da Grecia están ligadas aos sectores de: téxtiles, produtos metálicos, petróleo, gas natural.

Sector terciario[editar | editar a fonte]

O turismo é a actividade máis importante do sector, sendo responsábel por 15% do PIB.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2016. Consultado o 4 de maio de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. 5 de maio de 2010 PIB da Grécia deve cair 3% em 2010, diz UE Arquivado 29 de xullo de 2010 en Wayback Machine., por Marcílio Souza.(en portugués)