ESA
logo da ESA |
|
| Propietario | 19 estados |
|---|---|
| Establecido | 1975 |
| Sede | Paris |
| Cosmódromo | Centro espacial de Kourou |
| Administrador | Jean-Jacques Dordain |
| Orzamento | 2.975€ millóns (2011) |
| Lingua oficial | inglés, francés e alemán. |
| Web | http://www.esa.int |
A ESA, acrónimo en inglés da Axencia Espacial Europea (European Space Agency), formouse en 1975 como unha organización intergobernamental dedicada á exploración do espazo. En 2011 contaba con 19 estados membros. As súas oficinas centrais están en París.
Índice |
[editar] Membros da ESA
Os 19 estados membros da ESA son: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.
[editar] Acordos de Cooperación
Canadá teñen un status especial, participando nalgúns proxectos en virtude dun convenio de colaboración. Os estados europeos colaboradores son Hungría, Polonia, Estonia e Eslovenia.
[editar] Relacións coa Unión Europea
Do visto anteriormente, dedúcese que non tódolos membros da UE son membros da ESA, nin tódolos membros da ESA, o son da UE. Con todo, a Axencia Espacial Europea mantén lazos coa Unión Europea, por medio do "Tratado Marco ESA/UE".
En virtude do Tratado Marco, ambas organizacións comparten unha estratexia europea para o espazo, e están a desenvolver unha política espacial conxunta.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Axencia Espacial Canadiense
- Administración Espacial Nacional Chinesa
- National Aeronautics and Space Administration
- Axencia Italiana do Espazo
- Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial
- Axencia Rusa de Aviación e o Espazo
- Programa espacial soviético (histórico)
[editar] Ligazóns externas
- Axencia Europea do Espazo
- [1]Boletín informativo da ESA, en liña
|
|||||