AEK Atenas BC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AEK Atenas B.C.
Αθλητική Ένωσις Κωνσταντινουπόλεως
Liga A1 Ethniki
Fundado en 1924
Historia 1924-presente
Pavillón Hellinikon Olympic Arena
(15000 espectadores)
Cidade Atenas, Grecia Grecia
Cores Amarelo e negro
Presidente Babis Karamanlis Grecia
Adestrador Kostas Flevarakis Grecia
Títulos 2 Copas Saporta (1968 e 2000)
3 Copa de Grecia (1981, 2000 e 2001)
9 Ligas gregas (1925, 1958, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1970 e 2002)
Web

O AEK Atenas B.C. (en grego: Αθλητική Ένωσις Κωνσταντινουπόλεως), traducido literalmente coma a Unión de Atletas de Constantinopla, é a sección de baloncesto da sociedade polideportiva grega AEK Atenas con base en Atenas, que desputa A1 Ethniki. Foi fundado en 1924 por refuxiados gregos que fuxiron de Constantinopla (hoxe Estambul), trala Guerra Greco-Turca (1919-1922).

Ao longo dos anos foron moitos os grandes xogadores que pasaron polas súas filas, destacando algúns coma Rolando Blackman, Ricky Pierce, Ruben Patterson, Kurt Rambis, J.R. Holden ou Jake Tsakalidis.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo de baloncesto do AEK é unha das seccións máis exitosas da sociedade polideportiva AEK Atenas. A razón é que foi o primeiro en gañar unha competición a nivel internacional. Nada máis formarse o equipo, en 1924, gañaron un torneo organizado ese ano pola YMCA. É un dos únicos tres equipos (os outros dous son o Panathinaikos BC e o Aris Tesalónica que levan competindo ininterrumpidamente na Primera División grega (denominada dende 1986 A1 Ethniki) dende a tempada 1963-64.

O AEK foi o primeiro equipo grego en participar na Final Four da Copa de Europa, hoxe en día denominada Euroliga, en 1966, nunha edición que se celebrou en Boloña. Dous anos máis tarde, en 1968, foi tamén o primeiro equiopo do seu país en gañar un título continental, ao derrotar ao Slavia Praga por 89-82 na final da Recopa de Europa. Foi considerado o equipo da década dos '60, tras gañar catro títulos nacionais consecutivos, en 1963, 1964, 1965 e 1966, ademais dos acadados en 1968 e 1970.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos internacionais[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]