Periferias de Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grecia está dividida en trece periferias (nove no Continente e catro grupos de illas), que se subdividen á súa vez en prefecturas (resultando un total de 51 prefecturas).

Ademais das trece periferias, existe unha pequena rexión autónoma, o Monte Athos (Ayion Oros, Monte Sagrado), un estado monástico baixo a soberanía grega.

As periferias son as seguintes:

Mapa das periferias da Grecia
Nº no mapa Periferia Capital
1 Ática Atenas
2 Grecia Central Lamia
3 Macedonia Central Tesalónica
4 Creta Irakleion
5 Macedonia Oriental e Tracia Komotini
6 Épiro Ioannina
7 Illas Xónicas Kerkyra, na illa Kerkyra (ou Corfú)
8 Exeo Setentrional Mytilini, na illa de Lesbos
9 Peloponeso Trípolis
10 Exeo Meridional Ermoupolis, na illa de Siros
11 Tesalia Lárisa
12 Grecia Occidental Patrai
13 Macedonia Occidental Kozani

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Periferias de Grecia