Tabaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Este artigo trata sobre a manufactura, para a planta Nicotiana tabacum, véxase artigo: Tabaco (planta).

Cigarro puro.

O tabaco é a manufactura en diferentes presentacións (picado, en po e, particularmente, en cigarros), das follas secas da planta do tabaco (Nicotiana tabacum L.); considérase hoxe en día unha droga legal. O seu consumo está moi estendido por todo o mundo. É unha herba perenne, robusta, de 50 a 120 cm de altura, pegañenta ó tacto. Ten follas grandes e sésiles, e flores verde amarelentas. É unha planta oriunda de América tropical. O tabaco moderno deriva case na súa maioría da Nicotiana tabacum. O compoñente máis característico do tabaco é a nicotina, un alcaloide que se encontra nas follas en proporcions variables (dende menos do 1 % ata o 12 %).

Historia[editar | editar a fonte]

Tanto a Nicotiana rustica como a Nicotiana tabacum son orixinarias de América, e alí as coñeceu o home hai aproximadamente 18.000 anos.

Expertos en xenética vexetal determinaron que o centro da orixe do tabaco, o lugar onde se cultivou por primeira vez, sitúase na zona andina entre Perú e Ecuador. Os primeiros cultivos deberon ter lugar entre cinco mil e tres mil anos a.C. Posteriormente o consumo estendeuse cara ó norte. Cando os europeos chegaron a América, o consumo estaba estendido por todo o continente.

Fumar (inhalar o fume do tabaco) era unha das moitas variedades de consumo en América do Sur. Amais de fumarse, o tabaco aspirábase polo nariz, mastigábase, comíase, bebíase, untábase sobre o corpo, empregábase en gotas nos ollos e usábase en enemas. Utilizábase en ritos soprándoo sobre o rostro de guerreiros antes da loita, esparexíase en campos antes de sementar, ofrecíase ós deuses, derramábase sobre as mulleres antes dunha relación sexual, e tanto homes como mulleres utilizabano como narcótico

Usado polos maias para celebracións rituais e relixiosas, foi descuberto polos occidentais en 1492.

A variedade maia coñecida como Cikar (fumar), estendeuse por todo o continente grazas ó comercio. Rodrigo de Jerez e Luis de la Torre, compañeiros de Cristovo Colón, foron os primeiros occidentais en coñecer a súa existencia. Rodrigo, á súa volta a España, foi encarcerado pola Inquisición acusado de bruxería, xa que só o diabo podía dar a un home o poder de sacar fume pola boca.

A primeira obra escrita en que se relata a forma nativa de aspirar o fume proveniente de rolos de follas acendidas é Apoloxética historia das Indias de Bartolomé de las Casas (1527). Posteriormente Gonzalo de Oviedo e Velázquez, na Historia Xeral das Indias, describen a planta e os seus usos (1535).

A súa extensión polo continente europeo foi grazas ó embaixador francés en Portugal Jean Nicot 1530 - 1600, que deu nome á nicotina. Este introduciuno na súa forma aspirada (rapé) e popularizouna ó, supostamente, «curar» a Catalina de Médicis (esposa de Henrique II dunhas xaquecas, polo que se lle denominou herba da raíña, Catalinaria Nuduca e herba do embaixador.

Durante o século XX, numerosos estudos médicos foron demostrando os prexuízos do tabaco, e negando a súa posible utilidade terapéutica. Por outro lado, o seu consumo pasou de ser maioritariamente masculino a un maior equilibrio entre sexos.

Formas de consumo[editar | editar a fonte]

Hai moitas formas de consumo, aínda que a principal sexa a de aspirar o seu fume, tamén se pode mascar e antigamente se aspiraba en po.

Para fumar, o tabaco picado envólvese nunha folla de tabaco (puro ou cigarro), en papel (pito) ou cunha pipa.

No mundo árabe é habitual o tabaco en pipa de auga. Aromatizado con froitas (pexego, mazá) ou outras plantas aromáticas.

Tabaquismo[editar | editar a fonte]

pavas ou cabichas de cigarros.
Artigo principal: Tabaquismo.

Ten un alto poder aditivo debido principalmente ó seu compoñente activo, a nicotina, que actúa sobre o sistema nervioso central. O fumador sofre unha manifesta dependencia física e psicolóxica que xera un importante síndrome de abstinencia, denominado tabaquismo.

O tabaco é responsable de multitude de enfermidades respiratorias, cardiovasculares, distintos tipos de cancro, e é moi prexudicial durante o embarazo.

Amais, non só prexudica os fumadores, senón tamén os que respiran o mesmo aire, (fumadores pasivos), inda que non sexan eles mesmos fumadores.

O tabaquismo é a principal causa de morbimortalidade a principios do século XXI.

Epidemioloxía[editar | editar a fonte]

Segundo a OMS existen no mundo máis de 1.100 millóns de fumadores (2002), o que representa aproximadamente un terzo da poboación maior de 15 anos. Por sexos o 47 % dos homes e un 11 % das mulleres neste rango de idade consumen unha media de 14 cigarros/día, o que supón un total de 5,827 billóns de cigarros ó ano. O 74 % de tódolos cigarros consómense en países de baixo-medio nivel de ingresos (Banco Mundial). Tanto para homes como para mulleres, o segmento de idade na que fuma maior proporción é o comprendido entre 30 e 49 anos.

As maiores prevalencias mundiais encóntranse en Vietnam, Corea e República Dominicana en homes (73, 68 e 66 %, respectivamente), mentres que Dinamarca e Noruega preséntana na poboación feminina (37 e 36 % respectivamente). Polo seu elevado volume poboacional, China, India e a Federación Rusa son as que agrupan a maior parte de fumadores do mundo.

Na Unión Europea existe unha redución progresiva do consumo e mantense a maior prevalencia en homes que en mulleres, excepto en Suecia, onde o consumo é algo maior en mulleres (22 % homes, 24 % mulleres). A maior proporción de fumadores áchase nos países mediterráneos.

A prevalencia en España tamén evidencia unha redución progresiva. Segundo a Enquisa Nacional de Saúde 2011-2012 entre españois maiores de 15 anos, a porcentaxe dos que recoñecían fumar a diario baixou do 32,06% en 1993 (44,0% homes e 20,8% mulleres), a un 28,12% en 2003 (34,2% e 22,4% respectivamente) e a un 23,95% en 2012 (27,9% e 20,2% respectivamente). Concretando a 2012, o 64,5% das mulleres e o 41,9% dos homes admitiron que nunca fumaran; e o 26,8% dos homes e o 12,7% das mulleres confesábanse exfumadores.

En Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública estudou a prevalencia á exposición ó fume de tabaco en 2007[1], dous anos despois da entrada en vixencia da Lei 28/2005 fronte ó tabaquismo. Algúns dos resultados deste estudo son os seguintes:

  • O 63,8 % dos galegos non fumadores e o 87,7 % dos fumadores declaran estar expostos ó fume do tabaco de xeito diario ou frecuente, no seu traballo, no fogar ou nas actividades de lecer.
  • No tramo de idade entre 16 e 24 anos, as porcentaxes son o 91 e o 96,9 %, respectivamente.
  • En 2005, o 95,2 % dos galegos (fumadores e non fumadores) declarábanse expostos ó fume do tabaco. En 2007, esta porcentaxe reduciuse ó 70,6 %.
  • A redución só é significativa no ámbito laboral, no que as porcentaxes baixaron desde o 41,4 % en 2005 ata o 13,8 en 2007, se ben tamén houbo un claro descenso no fogar (desde o 24 ó 16,3 %) e nas actividades de lecer (desde o 25,7 ó 16,9 %).

Loita contra o consumo[editar | editar a fonte]

Actualmente, a Organización Mundial da Saúde e moitos gobernos loitan contra o tabaquismo por medio da concienciación da poboación (Día Mundial Sen Tabaco, publicidade, etc.), e a prohibición de fumar en lugares públicos ou cerrados.

Contra a industria tabaqueira loitan tamén numerosas asociacións, gañándose importantes xuízos en Estados Unidos, por prácticas como agregar nicotina extra ó tabaco natural. Amais, criticouse duramente a estas empresas por dirixir a súa publicidade cara a nenos e adolescentes, utilizar intensamente publicidade enganosa, como no caso dos cigarros light, e patrocinar numerosos estudos supostamente científicos que demostrarían efectos beneficiosos do tabaco, que logo resultarían non ser válidos.

Tabaco e saúde[editar | editar a fonte]

Carcinóxenos humanos coñecidos
Benceno
2-Naftilamina
4-Aminobifenil
Níquel
Polonio
Carcinóxenos humanos probables
Formaldehido
Hidrazida
Benzopireno
Anilina
Cadmio
Substancias tóxicas
Monóxido de carbono
Acroleína
Amonio
Óxidos de nitróxeno
Tabaco e cáncer de pulmón
Tobacco consumption against cancer incidence.jpg
Principais compoñentes de fase de
partículas do fume do tabaco
Compoñente Concentración
Alcatrán 1-40 mgr
Nicotina 1-2,5 mgr
Fenol 20-150 mcgr
CAMECOL 130-280 mcgr
Pireno 50-200 mcgr
Benzo pireno 20-40 mcgr

O fume do tabaco componse dunha corrente primaria ou principal, que é a que inhala directamente o fumador, e unha corrente secundaria, xerada mediante a combustión espontánea do cigarro. Identificáronse máis de 4.000 sustancias nocivas no fume do pito, dos cales polos menos 60 son probables carcinóxenos humanos, como os 4-aminobifenolé, benceno, níquel, outras substancias tóxicas son monóxido de carbono, dióxido de carbono, nitrosamidas, amoníaco, e outras están como partículas en suspensión (alcatrán e nicotina).

Tabaco e cancro[editar | editar a fonte]

A primeira evidencia que se ten da súa relación foi suxerida en 1761 por John Hill, que describiu o desenvolvemento de pólipos larínxeos nos fumadores de rapé; dous dos casos que describiu presentaban transformación maligna; esta asociación foi acreditada en multitude de ocasións dende esa época.

En 1941 os traballos de Yamagawa e Ichikawa, demostran por primeira vez a natureza carcinóxena de diferentes hidrocarburos do fume de cigarros.

Posteriormente en 1950 e 1952 os traballos de Doll e Hill publicados en BMJ e usando metodoloxía do tipo estudo caso-control xa suxiren que o tabaco é a principal causa de cancro de pulmón.

O tabaco relacionouse con diferentes cancros: cancro de pulmón, larinxe, orofarinxe, esófago, estómago, páncreas, fígado, colón, recto, ril, vexiga, mama, aparato xenital, linfático

No fume do tabaco hai numerosos compostos químicos canceríxenos que proveñen da combustión, como o benceno, o benzopireno, o óxido nítrico, os derivados fenólicos e nitrosaminas, amais de ser unha fonte importante da nicotina, que se considera un fármaco psicoadictivo.

Tabaco e patoloxía vascular[editar | editar a fonte]

As enfermidades do aparato circulatorio constitúen a primeira causa de morte na sociedade occidental. Os dous compoñentes máis importantes son as enfermidades cerebrovasculares e a enfermidade isquémica do corazón ou enfermidade coronaria.

Está demostrado que a mortalidade por enfermidades vasculares aumenta nos fumadores. O tabaco multiplica por catro a probabilidade de padecer unha enfermidade coronaria ou cerebrovascular.

Entre as múltiples substancias do fume do pito, as que presentan un maior efecto adverso son a nicotina e o monóxido de carbono (CO).

Tabaco e enfermidade respiratoria non tumoral[editar | editar a fonte]

Tabaco e patoloxía dermatolóxica[editar | editar a fonte]

Fundamentalmente cun efecto de avellentamento precoz e aparición de enrugas faciais (rostro de fumador)

Tabaco e enfermidade dental e periodontal[editar | editar a fonte]

Dependencia física da nicotina[editar | editar a fonte]

  • Dependencia moderada-intensa: consumo de máis de 20 pitos ó día, fuman o primeiro pito na primeira media hora despois de levantarse.
  • Dependencia leve: consumo de menos de 20 cigarros ó día, fuman o primeiro pito despois de media hora de levantarse

Lexislación internacional[editar | editar a fonte]

A Organización Mundial da Saúde (OMS) é o organismo internacional que abandeira e estimula o cambio de actitudes de moitos gobernos á vez que trata de crear un convenio marco que subscriban os gobernos e se comprometan a desenvolver accións máis decididas na prevención e control do tabaquismo. O Banco Mundial nun informe redactado e publicado en 1999, tamén se incorporou ás políticas internacionais de prevención.

As medidas iniciais da OMS, baseáronse en:

Nun prazo de cinco anos, estas nacións deberán prohibir a publicidade, a promoción e o patrocinio do consumo de tabaco.

Lexislación europea[editar | editar a fonte]

Lexislación española[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2003 o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde aprobou o Plan Nacional de Prevención e Control do Tabaquismo para o período 2003-2007

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A expoisición ao fume ambiental de tabaco en Galicia dous anos despois da Lei 28/2005", en Boletín Epidemiolóxico de Galicia, vol. XXI, nº 3, 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tabaco

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]