Cemiterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista dun cemiterio en Graba, Silleda.

Un cemiterio é un lugar onde se depositan os cadáveres, os restos mortais dunha persoa defunta.

Características[editar | editar a fonte]

As necrópoles existiron desde hai ben tempo. Xa durante o megalitismo construíronse dolmens para deixar os corpos das persoas falecidas.

O proceso de inhumación varía segundo a cultura do lugar. Os corpos poden introducirse en ataúdes, féretros ou sarcófagos, ou simplemente ser envoltos en teas. Á vez, ben poden ser sepultados baixo terra ou depositados en nichos, mausoleos ou outro tipo de sepulturas. Tamén é común a cremación cos corpos e o depósito das cinzas no cemiterio.

Usualmente, os cemiterios son comunitarios, atopándose no recinto as tumbas dos membros da comunidade, sen chegar a ser tumbas colectivas, pois cada defunto ten o seu propio espazo determinado aínda que, por decisión familiar, tamén poden enterrarse varios familiares no mesmo lugar.

A palabra cemiterio procede do termo grego koimetérion ("dormitorio"), pois segundo o cristianismo, os corpos durmen até o día da resurrección. No caso dos cemiterios católicos, tamén son coñecidos co nome de camposantos. Esta denominación comezou a usarse en Pisa, onde se soterrou con terra traída de Xerusalén o cemiterio construído no século XIII dentro da cidade.

É un lugar por tradición asociado a numerosas lendas e mitos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cemiterio

Outros artigos[editar | editar a fonte]