Perdiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Alectoris ou perdices vermellas son un xénero de aves espalladas polo sur de Europa, norte de África, Arabia e Asia cara o Tibet e o leste de China. Este xénero tamén foi introducido no norte de América, Nova Zelanda e Hawaii. Nalgúns países como o Reino Unido os híbridos entre especies son comúns.

Son aves non migratorias que habitan montes e lombeiros. Chocan ata 20 ovos nos seus niños e aliméntanse principalmente de sementes e dalgúns insectos.

Baixo o nome de perdices vermellas englóbanse diferentes especies de perdiz que teñen en común posuír patas e peteiros de cor vermella. Clasifícanse no xénero Alectoris e entre elas cabe destacar:

Das especies mencionadas, a perdiz común é a máis codiciada no mundo cinexético pola súa rapidez de vo e dificultade para ser abatida. Considérase a raíña da caza menor polo que foi introducida noutros lugares fóra da súa zona de distribución orixinal. Considérase unha especie autóctona da Península Ibérica, aínda que outras subespecies distribúense por outros lugares e illas do continente europeo.

A perdiz común mide uns 34 cm de lonxitude. Posúe plumas pardovermellas coa gorxa branca e franxas escuras na parte superior do peito. As patas e o peteiro son vermellos. Viven en lugares rochosos, terreos secos e monte baixo de España, Portugal, Francia, sur do Reino Unido, Illas Baleares, Córsega e nalgúns lugares de Italia.

A alteración do seu habitat pola construción de infraestruturas e actividades humanas, a presión cinexética excesiva e incontrolada e a alteración xenética pola mestura de especies entre as poboacións silvestres con perdices de granxa máis "mansas", convertérona nunha especie vulnerable.

Subespecies[editar | editar a fonte]

  • A. rufa hispánica (noroeste peninsular)
  • A. r. intercedens (este e sur peninsular)
  • A. r. australis (Canarias)
  • A. r. laubmani (Baleares)
  • A. r. rufa (Francia)
  • A. r. madereinsis (Madeira)
  • A. r. corsa (Córsega)

Notas[editar | editar a fonte]

  • Madge, Steve; McGowan, Philip J. K. & Kirwan, Guy M. (2002): Faisanes, perdices y grullas : guía de faisanes, perdices, codornices, grullas, gallinas de Guinea, buttonquails and sandgrouse del mundo. Christopher Helm, London. ISBN 0-7136-3966-0

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]