Monte Enxameado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°07′06″N 8°04′07″O / 43.118212, -8.068535

Monte Enxameado
Monte Enxameado
Vista do alto do monte Enxameado en Curtis.
Localización administrativa
LocalizaciónCurtis, San Vicenzo de Curtis e A Ciadella, Galiza Galiza
Características xerais
Altitude602 m

O monte Enxameado de 602 metros é o punto máis alto no concello de Curtis. Fai de fronteira e límite entre os concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado ―parroquias de Curtis, San Vicenzo de Curtis e A Ciadella[1] e nel nace o río Cabalar.

No alto hai un vértice xeodésico e dúas antenas de telefonía móbil. Accédese pola estrada DP-3201, Curtis-Santaia.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

En 1980 foron localizadas dúas mámoas no monte Enxameado. Unha a 20 metros do cumio e a outra a 250 metros.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enxameado. Enciclopedia Galega Universal. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 02 de maio de 2013. 
  2. Felipe Criado Boado. Catalogación de mámoas en los municipios de Curtis, Sobrado y tierras adyacentes. Separata de Brigantium, boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. 1980. Pax. 23.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Felipe Criado Boado. Catalogación de mámoas en los municipios de Curtis, Sobrado y tierras adyacentes. Separata de Brigantium, boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. 1980. 40 páxinas.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]