Bioetanol Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°09′22″N 8°01′24″O / 43.15612, -8.02325

Bioetanol Galicia
TipoSociedade anónima
Fundación2002
MatrizVertex Bioenergy, S.L
IndustriaQuímica
ProdutosBioetanol
Número de empregados80
editar datos en Wikidata ]

Bioetanol Galicia é unha empresa galega do sector enerxético situada en Curtis fundada en 2002 por Abengoa que a vendeu en 2017. A súa produción emprégase como aditivo nas gasolinas sen chumbo.

Factoría[editar | editar a fonte]

A fábrica está situada no Polígono industrial Curtis-Teixeiro nunha superficie de 150.000 metros cadrados que ocupaba a antiga factoría siderúrxica Sidegasa. Investíronse 108,6 millóns de euros na súa construción.

O centro ten unha capacidade de produción de 196 millóns de litros anuais de bioetanol, 130.000 toneladas de gran soluble deshidratado para pensos, e 204 megavatios anuais de produción eléctrica. Anualmente consome 340.000 toneladas de cereais e uns 50 millóns de litros de alcohol vínico e outros.

En 2017 Abengoa vendeu o seu negocio de bioetanol a Trilantic Europe por 111 millóns de euros.[1]

Condena[editar | editar a fonte]

En 2012 a empresa foi condenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia cunha sanción de 30.001 euros por unha denuncia do Consello da Xunta en 2010 por empregar a etiqueta eco nun dos seus produtos para fabricar penso[2].

Notas[editar | editar a fonte]