N-VI
|
||||
|---|---|---|---|---|
|
|
||||
| Clasificación | Rede nacional | |||
| Tipoloxía | Estrada convencional | |||
| Inicio | Madrid | |||
| Fin | A Coruña | |||
| Lonxitude | 606 km | |||
A N-VI , coñecida tamén como Estrada da Coruña, é unha estrada radial española que une as cidades de Madrid e A Coruña, pasando por San Rafael, Tordesillas, Benavente, Astorga, Ponferrada e Lugo, entre outras.
A N-VI foi desdobrada en autovía A-6 desde o seu nacemento en Moncloa ata Collado Villalba, e no tramo entre Adanero e Benavente. No tramo entre Guadarrama e Adanero o seu itinerario é o alternativo á autoestrada de peaxe AP-6 polo Porto dos Leóns e a localidade segoviana de San Rafael. Tampouco foi desdobrada no tramo entre Benavente e Nadela. Foi desdobrada entre as localidades de Nadela e Lugo pasando a denominarse LU-11, e entre Lugo e o fin do seu límite municipal, ademais de desde San Pedro de Nós á Coruña onde pasa a denominarse AC-12.
Desde Baamonde ata A Coruña a súa denominación europea é E-70 A-6 N-VI . Ademais desde Betanzos ata A Coruña tamén comparte itinerario europeo coa E-1 .
No ano 2012 estreouse a película N-VI, do director compostelán Pela del Álamo[1].
Galería de imaxes [editar]
Notas [editar]
- ↑ "N-VI opta ao premio ao mellor documental do XV Festival de Málaga", artigo de Pablo Gallego en Galicia Confidencial, 5 de abril de 2012.