Hermenexildo Aloitez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHermenexildo Aloitez
Biografía
Nacemento898 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Galicia Editar o valor em Wikidata
Morte966 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Sobrado Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturamosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes Editar o valor em Wikidata
Conde de Présaras
920 –
Mordomo real Ramiro II
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
CónxuxePaterna Gundesindez
FillosSisnando Menéndez Editar o valor em Wikidata
Mosteiro de Santa María de Sobrado fundado polos condes Hermenegildo Alóitez a súa esposa Paterna Gundesíndiz.

Hermenexildo Aloitez ou Hermenexildo Alvitez, con data de nacemento descoñecida e finado no Sobrado o 10 de decembro do ano 966,[1] foi un aristócrata galego do século X, conde de Présaras entre o 920 e o 966.

Orixe familiar[editar | editar a fonte]

Hermenexildo era membro dunha familia moi relevante con vínculos coa coroa e coa igrexa. Seu pai foi o conde Aloito Guterrez. Un dos seus tíos paternos foi Hermenexildo Guterrez, conde de Tui que loitou contra os exércitos musulmáns e conquistou Porto e Coímbra e quen ademais foi pai da raíña Elvira Menéndez (muller do rei Ordoño II), avó de san Rosendo, de Adosinda Guterrez (muller do rei Ramiro II de León) e do conde Osorio Gutiérrez, fundador do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá.

Súa nai foi Arxilo Aloitez, filla dos condes Aloito e Paterna, fundadores do Mosteiro de San Salvador de Cis.[2][3][4]

Hermenexildo tivo tres irmáns: Gundesindo Aloitez, bispo de Iria Flavia, Arias, e o conde Gutierre Aloitez.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi nomeado conde de Présaras cara ao ano 920, chegando a ser mordomo real de Ramiro II, entre os anos 937 e 949.

O conde Hermenexildo e a súa esposa Paterna, aparecen en tres ocasións (entre 930 e 952) nos Tombos de Sobrado presidindo a asemblea de xustiza do Condado.[6]

Igrexa de Santa María de Mezonzo, Vilasantar.

Frogia e a súa muller enfrontáronse con Teverano e a súa. Houbo berros e paus. Frogia e a súa esposa foron condenados polas feridas causadas a quen seguramente eran os seus veciños; tiveron que presentarse diante de Hermenexildo e Paterna -in presentia uestra et iudicium- en Sobrado. As lesións deberon ser mais que leves, porque foron tasadas pola xustiza en dez bois, dos que os condenados só puideron entregar o equivalente a seis. O asunto (...) rematou coa incorporación o patrimonio de Hermenexildo e Paterna, convertidos en depositarios dos dereitos de Teverano, das partes das plantacións que nas villae de Ricilani e Gunderedi pertencían a Frogia e a súa esposa.[7]

No 952, xunto coa súa esposa Paterna, fundou o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes[8][9] e outorgou coa súa esposa o privilexio fundacional ao primeiro abade, o presbítero Sentario [10]. No 958, o matrimonio traspasou o condado de Présaras ao mosteiro que fundara.[11] Este mosteiro foi herdado polos seus descendentes da Casa de Traba e case dous séculos despois, en xaneiro de 1142, dous dos membros máis destacados desta liñaxe, Fernando e o seu irmán Bermudo Pérez de Traba, entregaron o mosteiro aos monxes cistercienses.[12]

Ao final da súa vida, a partir do ano 958 retirouse e viviu como monxe ata a súa morte antes do 10 de decembro do 966.[8]

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou con Paterna Gundesindez, filla de Gundesindo e Senior, e falecida antes do ano 955. Xa no 916 aparece con ela adquirindo algunhas propiedades.[5]

Deste matrimonio naceron os seguintes fillos:

Hermenexildo Aloitez
Nacemento:  ? Falecemento: 10 de decembro de 966


Aristocracia galega
Precedido por
?


Conde de Présaras
920 – 966
Sucedido  por
?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La fundación del monasterio de san Salvador de Cines de José Luis López Sangil ; cita :"El conde don Hermenegildo vivía en 959 como monje en Sobrado, y antes del 10 de diciembre de 966 había fallecido." (consultado 0 30/05/2010.°
  2. Sáez 1947, pp. 6-7.
  3. López Sangil 2001, p. 146.
  4. Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 313.
  5. 5,0 5,1 5,2 Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 314.
  6. El territorio en la historia de Galicia. Organización y control. Siglos I-XXI. USc, editora académica. 2015. p. 115. ISBN 978-84-16183-78-4. 
  7. Pallares Méndez, Mª del Carmen (1979). El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia medieval. Deputación da Coruña. p. 61. 
  8. 8,0 8,1 López Sangil 2001, p. 4.
  9. 9,0 9,1 Barros 2009, p. 142.
  10. Hipólito de Sa Bravo (1995 (Quinta edición)). Monasterios de Galicia. Editorail Everest S.A. León. ISBN 84-241-4459-7.  páxina 121.
  11. Barros 2009, p. 143.
  12. Daviña Sáinz 1998, pp. 60 e 82.
  13. Sáez 1947, p. 6.
  14. Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 313–314.
  15. Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, pp. 313 e 315.
  16. Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 315.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carriedo Tejedo, Manuel (2003). "La familia de San Rosendo". Estudios Mindoniense (en castelán) (Diócesis de Mondoñedo-Ferrol) 23: 103–123. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]