Sanguiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sanguiño
Rhamnus frangula - Köhler–s Medizinal-Pflanzen-120.jpg
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Rhamnaceae
Xénero: Rhamnus
Nome científico
Rhamnus frangula
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O Sanguiño, (Rhamnus frangula ou Frangula alnus), é un arbusto de 3-6 metros de altura que medra en bosques húmidos de Europa, Asia e norte de África.

Sanguiño.

É un arbusto de ramas ergueitas non espiñoso. A casca presenta manchas chamadas lenticelas. As follas caedizas, alternas, ovais, pecioladas con nervaduras sobresaíntes no envés. As flores son pequenas, hermafroditas, con cinco pétalos e de cor rosada ou verdosa. Os froitos son vermellos que se volven pardos ó madurar. Trátase dun arbusto típico de chans moi húmidos en substratos silíceos, amplamente estendido por Europa.

Cómpre non confundir esta especie co sangomiño (Cornus sanguinea).

Propiedades[editar | editar a fonte]

  • Son purgantes e colagogos, mantendo os seus efectos por varios días. Nas herboristerías comercialízase co nome de frángula pero hai que extremar o coidado no seu consumo pois en fresco é moi purgante e vomitivo, especialmente nos nenos. Contén diversos principios activos como frangulina, gluco-frangulina, ácido crisofánico, fisiciona, crisofanol, etc.

Distribución[editar | editar a fonte]

É moi común en toda Galiza. Dáse en Europa, Asia e norte de África. En España é moi abundante nos bosques de ribeira. Aparece nos ríos Tera e Negro na provincia de Zamora. Na provincia de León aparece en La Cepeda e La Valdería. No río Carrión, río Adaja, alto Douro etc. No Sistema Central na Serra de Ayllón, Serra de Guadarrama, Serra de Gredos e Serra de Gata.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sanguiño

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]