Carballo (árbore)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carballo (homónimos).
Carballo
Follas e landras de Quercus robur
Follas e landras de Quercus robur
Estado de conservación
Non está ameazada

Status iucn3.1 LC gl.svg

Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus

Para máis información ou consultar a especie normalmente chamada carballo, ver o artigo carballo común

Carballo é a designación común das cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos do xénero(Quercus sp.) da familia Fagaceae. O xénero é nativo do hemisferio norte e inclúe tanto especies caducifolias coma persistentes. Os Querci (carballos) esténdese tanto por zonas de clima atlántico como clima continental ou clima mediterráneo, dende Esurasia até América e medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. En xeral, as especies de folla caduca distribúense máis cara o norte e as de folla persistente cara o sur. Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos froitos: as landras.

Ter en conta que tamén se denominan carballos as especies tropicais doutros xéneros relacionados, principalmente Lithocarpus

En Galicia atopamos diferentes especies dentro do xénero Quercus. Destas as máis importantes son: o carballo común (Quercus robur L.), a especie máis estendida; o carballo negro, cerquiño ou cerqueiro (Quercus pyrenaica Willd.) e o carballo albar ou carbia, máis escaso en xeral, aínda que abundante nas zonas altas do interior de Ourense e Lugo (Quercus petraea (Mattuschka) Liebl.). Ademais destas especies cabe mencionar tamén o carballo americano (Quercus rubra L. ou Quercus borealis), a sobreira e a aciñeira, que tamén pertencen o xénero Quercus (Q. suber L. e Q. ilex L. respectivamente).

Común en toda Galicia, o carballo común ten estado en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución das zonas onde había carballeiras por especies foráneas coma o piñeiro ou o eucalipto; con todo, tense incrementado a extensión das carballeiras nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior.


Índice

[editar] O carballo na cultura popular galega

  • Cando o río fose enriba/ e os carballos deren uvas/ han de ser homes de ben/ os homes de barbas rubias.
  • Se ti viras o que eu vin,/ indo pola carballeira,/ vintecinco xastres xuntos/ cosendo nunha monteira.
  • O carballo da portela,/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento,/ unha noite de xeada.
  • Carballeira de San Xusto,/ carballeira derramada,/ naquela carballeiriña,/ perdín a miña navalla.

[editar] Galería de imaxes

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de carballos de Galicia

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas