Lobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lobo
Rango fósil: Plistoceno–Actualidade
Canis lupus.jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Subfamilia: Caninae
Tribo: Canini
Xénero: 'Canis'
Especie: ''C. lupus''
Nome binomial
''Canis lupus''
Linnaeus, 1758 [1]
Distribución. Verde, actual; vermello, antiga.

Distribución. Verde, actual; vermello, antiga.
Subespecies

39 ssp., ver subespecies de lobo

O lobo gris (Canis lupus), coñecido sinxelamente como lobo, é o maior membro en liberdade pertencente á familia dos Cánidos. É un supervivente da idade de xeo orixinada durante o Plistoceno Superior, hai uns 300.000 anos.[2] A súa secuencia de ADN e mais os estudos sobre deriva xenética indican que o lobo gris comparte un devanceiro común co can doméstico (Canis lupus familiaris), sendo o seu parente máis achegado,[3], malia ser esta afirmación rexeitada por algúns expertos que sinalan grandes diferenzas no tocante á súa morfoloxía e comportamento. En liberdade foron identificadas un gran número de subespecies de lobo, aínda que o seu número exacto segue a ser un tema de debate. Os lobos son tipicamente superdepredadores nos ecosistemas nos que moran. Malia non seren tan adaptábeis como o son algúns dos seus parentes cánidos, os lobos lograron prosperar en fragas temperadas, desertos, montañas, tundra, taiga, pradeiras, e incluso zonas urbanas ou intensamente humanizadas,[4] como é o caso de Galicia.

Lobo

Tendo sido abondoso noutras épocas ao correr de Europa, Asia e Norteamérica, na actualidade a distribución do lobo no mundo minguou salientabelmente por mor da destrución dos seus hábitats e da persecución sufrida polo home. A pesar desta persecución, o estado do lobo no mundo é considerado pola Unión Internacional pola Conservación da Natureza como pouco preocupante. A día de hoxe, os lobos son unha especie protexida en moitos lugares, aínda que segue a ser cazada como especie cinexética ou daniña noutros.

Nalgunhas culturas como a galega, o lobo está moi presente na súa etnografía, debido ao vencello que une á presenza do lobo nas áreas rurais nas que até hai pouco vivía a meirande parte da poboación galega.

A especie de lobo que habita en Galicia é o Lobo ibérico.

Canis lupus (Lobo Gris)[editar | editar a fonte]

O lobo gris é a especie que habita en Galicia; atópase tamén en case toda Europa, Asia, así como en América do norte.

Un lobo gris adulto pode chegar a medir 1,6 m de longo(incluíndo o rabo) e pode pesar ata 80 Kg. A cor da pelaxe adoita ser negra, marrón e grisácea polo lombo e branca no peito. Os lobos que habitan preto do ártico adoitan ser completamente brancos. Todos os lobos posúen uns dentes moi poderosos, cola peluda, pupilas redondas e un potente olfacto. O lobo pode habitar en áreas moi distintas, pradeiras, bosques e tundras, pero nunca en montañas moi elevadas.

Canis rufus (Lobo vermello)[editar | editar a fonte]

O lobo vermello habita só no estado Texas, nos Estados Unidos. Esta especie é un pouco máis pequena có lobo gris e a súa pelaxe ten uns tons máis escuros.

Hábitos alimenticios[editar | editar a fonte]

Os lobos alimentanse principalmente de ungulados de medio e gran tamaño, incluíndo ovellas, cabras, rebezos, porcos, cervos, corzos, antílopes, renos, cabalos, alces, iaks e bisontes. Outras presas inclúen mamíferos mariños como as focas[5] e baleas varadas.[6] O canibalismo entre os lobos foi documentado en tempos de escaseza de alimentos.[7] Os lobos solitarios dependen máis de animais pequenos que poidan cazar chimpando enriba deles, suxeitándoos coas súas poutas dianteiras, malia documentárense casos de lobos solitarios que cazaron animais de gran tamaño sen axuda ningunha.[8] Algunhas manadas de Alaska e do oeste do Canadá víronse alimentándose de salmón.[9][10]

Tamén cazan roedores, paxaros e outros pequenos animais. Un só lobo pode comer entre 3,2-3,5 quilos de comida dunha vez, aínda que poden chegar a comer 13-15 kg cando están moi esfameados.[11] O alimento anual requirido é de ao redor de 1,5 toneladas de carne.[11] Os lobos poden sobrevivir longos períodos se probar ren. O caso extremo amosouno un rexistro ruso que afirmou cun exemplar sobreviviu 17 días sen alimento.[12] Estudos amosaron que dúas semanas sen alimento non debilitan a actividade muscular do lobo.[11] Despois de comer, os lobos inxiren copiosas cantidades de auga co fin de previr problemas urémicos.[12] O estómago dun lobo pode albergar 7,5 litros de auga.[11]

Lobos acurralando un bisonte

Os lobos evitarán unha presa potencial que non se axuste ao que experimentaron durante as súas vidas. Xeralmente canta maior discrepancia haxa respecto do que están afeitos, maior será a súa reticencia a exploralo. Devandito comportamento intensifícase se a nova présa actúa con valentía, de forma asertiva e sen temor.

Porén, ata cando non hai escaseza de alimento, os lobos explorarán unha presa alternativa se interactuán con frecuencia e habitúanse mutuamente.[13] As manadas mostran pouca estratexia de cooperación ao cazar a diferenza dos leóns, aínda que parellas de lobos mostraron un comportamento estratéxico cando atacan presas de gran tamaño.[8] Ao cazar presas grandes, normalmente intentarán ocultarse a medida que se aproximan ao animal elixido. Por norma xeral, agardarán a que a presa paste, momento no cal está distraída. Non gustan de longas persecucións, deténdose tras unha persecución de 10-180 metros, aínda que hai casos documentados de seguimentos de máis de 36km.[11] Usualmente os lobos adoitan matar ás presas grandes lanzándose sobre a zona traseira e a área do perineo, provocando un desangamento.[11] En ocasións, atacan á gorxa, danando severamente a xugular e a traquea.[14]

Unha única trabada pode causares unha fenda de entre 10-15 cm de lonxitude. Un grande cervo que goce dunha óptima saúde sucumbirá en tres trabadas na zona do perineo despois de teres sufrido unha persecución de 150 metros. Una vez que a presa se esboroa, os lobos abrirán a cavidade abdominal e comezarán a devorar ao animal, as veces cando a presa atópase aínda viva.[11] Nalgunhas ocasións non acosarán á presa se non que agardarán a que morra por mor das feridas para comezares a alimentarse.[15] O status da manada refórzase durante a alimentación. A parella reprodutora adoita comer primeiro, comezando polo corazón, fígado e mais pulmóns. Os lobos dun rango intermedio previrán aos lobos de status inferior a que se absteñan de alimentarse ata que a parella dominante non remate.[16] Comen o estómago, deixando o contido intacto. Os músculos das coxas son os seguintes sendo os ósos o derradeiro en ser comido.[8] Existen excepcións, documentándose a preferencia dalgunhas manadas polos depósitos de graxa da presa por riba dos órganos internos.[17]

Lobos comendo un cervo

Malia amosar que os lobos adoitan alimentarse de animais enfermos,[18] existen poucas evidencias que amosen que se limitan a esa clase de brancos. Máis ao contrario, a evidencia asevera que os lobos centraranse nas opcións máis accesibles e válidas, o cal se ben supón que animais enfermos sexan presas potenciais, tamén inclúense a animais xoves e femias preñadas.[11] As investigacións levadas a cabo pola antiga URSS amosaron que, e.x, nalgúns casos, o 93% de tódalas presas atópanse en bo estado de saúde, sen ningún tipo de enfermidade ou incapacidade.[11] En Nenetsia, observouse que os lobos seleccionaban renos domesticados encinta antes que exemplares enfermos, con algúns estudos mostrando que sorteaban aos animais convalecentes por preferires exemplares sans.[11]

Porén, os animais en forma non fuxirán do ataque dos lobos senón que elixirán ficar na súa posición medrando así a posibilidade de danar aos atacantes. Os lobos adoitan recuar cando se enfrontan a unha presa valerosa. Usualmente son ineficientes dando caza a presas de grande tamaño, con taxas de éxito do 20%, o cal é debido, en parte, polo grande tamaño e mailas capacidades defensivas da súa presa.[19] Nalgunha ocasión obsevouse como os lobos adícanse a cazar para ter un excedente. Un exemplo disto foi documentado polo Conservation Officer for the Minnesota Department of Natural Resources, declarando que durante unha treboada de neve primaveral, dous lobos mataron 21 cervos, consumindo só dous.[20]A caza excedentaria acontece nos meses invernais cando a densa neve impide o movemento das presas de gran tamaño.[11]En ocasións atacan a ungulados preñados para alimentarse do feto, deixando á nai intacta.[21] Ocasionalmente complementan a súa dieta con vexetación. Nalgunhas zonas da antiga URSS documentáronse danos cos lobos causaran a plantacións de sandía.[11]

Reprodución e Sociabilidade[editar | editar a fonte]

Lobo gris.

O tobo dun lobo pode ser unha cova, un tronco dunha árbore oca, unha zona de vexetación espesa ou un burato na terra feito por el. A reprodución dos lobos ocorre na primavera, pero aparéanse no inverno. A femia prepara a gorida para parir a súa camada, que adoita estar entre un e once lobetos. Os pais coidan as crías durante un ano, e estes constitúen un grupo que se establece nunha zona e deféndea marcando o seu territorio con excrementos e ouriños.

Nalgunhas ocasións (sobre todo no inverno) os lobos forman grupos máis numerosos, de varias familias; é o que se chama unha manda, aínda que esta non adoita ter máis de dez membros.

Os lobos teñen unha estrutura social moi xerarquizada, amosan modelos de comportamento para informar da súa posición social de dominio ou submisión. Cada manda está liderada por un macho que copula coa femia dominante.

O ouveo do lobo é moi característico, e escçoitase máis durante o inverno, cando se aparean. O seu ouveo serve para se manter en contacto cos distintos membros da manada, delimitar territorio e para advertir a presenza de mandas "estranxeiras" no seu territorio.

En perigo[editar | editar a fonte]

O lobo é unha especie en perigo de extinción; aínda que nos últimos anos se recuperou un pouco, segue a estar ameazada. As batidas, o delimitamento do seu espazo pola construción de estradas, os atropelos, o escaseamento dos seus alimentos son as causas principais.

Sorte que o lobo tivo o seu gran defensor Félix Rodríguez de la Fuente, senón talvez agora o lobo xa tería pasado á historia na Península Ibérica.


Subespecies do lobo[editar | editar a fonte]

Distribución antiga (vermello) e actual (verde) do lobo no mundo
Distribución actual do lobo no mundo
Lobo ibérico (Canis Lupus Signatus)

Os lobos (Canis lupus) son aínda, malia a persecución do que foron obxecto, os cánidos coa distribución máis ampla. Estes mamíferos espállanse ao longo de toda Eurasia e Norteamérica, e foron introducidos en Australia. O seu hábitat varía dende os témpanos de xeo de Groenlandia aos desertos de Arabia ou as selvas da India. Tan vasta distribución permitiu a aparición de distintas subespecies, que se diferencian no tamaño, cor e lonxitude da pelaxe ou proporcións do fociño ou as orellas. Describíronse máis de 50 subespecies de lobo e máis abaixo enuméranse 32. Porén, revisións posteriores foron condensando a lista de subespecies, reducíndoas nalgún caso ata 13 (unha cifra máis realista), 15 se se inclúen ao can e ao dingo e 17 contando dous subespecies recentemente extinguidas (ver mapa).

O can considérase unha subespecie doméstica do lobo baixo o nome de Canis lupus familiaris, malia as múltiples formas domésticas existentes. Aquí dáse unha curta descrición das subespecies salvaxes e o seu estado actual:

Lobos de Europa, Asia e Oceanía[editar | editar a fonte]

  • Lobo europeo (Canis lupus lupus): O lobo máis típico, de tamaño medio e pelaxe grisácea e escura. Habita nos bosques de Europa e Rusia, aínda que desapareceu de moitos lugares onde habitaba antigamente. En ocasións divídese en varias subespecies:
  • Lobo ibérico (Canis lupus signatus): Outrora presente en toda a Península Ibérica, estivo a piques de extinguirse nos anos 70, aínda que puido ser salvado grazas ao labor de varios naturalistas e divulgadores como Félix Rodríguez de la Fuente. Hoxe é un animal protexido e atópase en expansión: tense noticia de que as poboacións asentadas en Castela e León están avanzando cara Estremadura, Madrid e Guadalaxara. As poboacións andaluzas tiveron menos sorte e parece que os derradeiros lobos de Serra Morena desapareceron nos últimos anos. Abunda ao noroeste da Península, especialmente en Galicia. O tamaño é medio, algo máis pequeno que outros lobos europeos, cunha cor pardo-grisáceo e manchas negras nos pés (de aí o nome signatus).
  • Lobo levantino (Canis lupus deitanus): Do mesmo xeito co lobo ibérico, foi nomeada por Cabrera en 1907, pero neste caso sempre houbo moitas dúbidas da súa autenticidade, pois foi descrito a partir de varios animais que estaban cautivos en Murcia e non se observaron en estado salvaxe. Os lobos levantinos eran bastante máis pequenos cós ibéricos, de pelo avermellado e curto. Probablemente os exemplares de Cabrera fosen só individuos aberrantes de lobo ibérico. En calquera caso, non se ten noticias deles dende comezos do século XX.
  • Lobo italiano (Canis lupus italicus): De aspecto intermedio entre o lobo ibérico e o típico de Europa central e do leste, hoxe día illado en distintas zonas protexidas dos Montes Apeninos e próximo á extinción.
  • Lobo romanés (Canis lupus minor): Presente en Europa central é hoxe en día bastante escaso, aínda que segue estando ben representado nos Balcáns.
  • Lobo ruso (Canis lupus communis): O máis abondoso dos lobos europeos e o de máis ampla distribución, presente en Europa do leste e Rusia, así como no sur de Siberia ata o Océano Pacífico.
  • Lobo da tundra asiático (Canis lupus albus): Lobo de gran tamaño e pelo longo e claro, co que fai fronte ao clima frío das tundras eurasiáticas, dende Finlandia ao estreito de Bering e Kamchatka. A súa distribución superponse ocasionalmente coa do lobo ruso, aínda que non frecuenta tanto os bosques como este.
  • Lobo estepario (Canis lupus campestris): En ocasións divídese en dúas variedades, desertorum e cubanensis (aínda que esta considérase outras veces como variedade do lobo tibetano). En ambos casos, trátase de lobos pequenos pero robustos, de pelo gris curto, adaptados á vida nas estepas e desertos de Rusia meridional e Asia central.
  • Lobo tibetano (Canis lupus laniger): De tamaño medio a grande, esta subespecie non defende un territorio como as outras, senón que leva unha vida nómada. O pelo é hirsuto, cunha coloración que vai do pardo a grisáceo e negro. Habita nos desertos fríos de China, Mongolia e manchuria.
  • Lobo árabe (Canis lupus arabs): Lobo pequeno (só 66 cm na cruz) e delgado, de orellas máis desenvolvidas cós demais e pelaxe moi curta, de cor grisácea a amarilenta, máis escura no dorso. Lembra vagamente a un chacal. Habita nas zonas menos extremas do suroeste da península Arábiga, por onde vaga en pequenos grupos.
  • Lobo indio (Canis lupus pallipes): Semellante ao lobo árabe, tamén de orellas desenvolvidas e pelo curto, aínda que máis escuro e de tamaño maior. Crese que foi un dos primeiros lobos domesticados e "pai" de varias razas de cans asiáticos actuais. Difundido dende o Irán á India central, hoxe está en franca regresión debido á caza e o mestizaxe con cans asilvestrados.
Dingo.
  • Dingo (Canis lupus dingo): Debido ao seu illamento reproductivo respecto de calquera raza de cans domésticos dende que foi introducido en Australia fai 3.500 anos, o dingo considérase unha subespecie de lobo aparte. Semellante na cabeza e proporcións aos cans do sureste asiático, aínda que máis grande e robusto, habita en pequenos grupos en toda Australia, onde aliméntae preferentemente de canguros e (dende o século XIX) de ovellas que rouba nas granxas, o que lle fixo impopular e polo que foi perseguido noutros tempos.
  • Lobo de Honshu (Canis lupus hodophilax): Pequeno lobo de cor parda que habitaba en zonas montañosas das illas xaponesas de Honshu, Shikoku e Kyushu. As orellas e o fociño curto o fano semellante a un can da raza Akita Inu, o seu probable descendente doméstico. Tradicionalmente considerado como un deus protector pola relixión sintoísta, foi tolerado e alimentado dende outrora polos campesiños xaponeses, polo que esta subespecie volveuse bastante dócil co tempo. Todo cambiou coa chegada da Era Meiji, que considerou este animal como un perigo para as novas granxas e plantaciones ao estilo occidental que se construíron durante a modernización do país. A caza e o corte masivo de bosques levouno ao bordo da extinción. Unha epidemia de rabia deulle o golpe de graza en 1905.
  • Can cantor de Nova Guinea (Canis lupus hallstromi): É un parente do Dingo australiano nativo de Nova Guinea. permaneceu illado dos outros cánidos durante polo menos 6.000 anos, convertindoo posiblemente no máis antigo dos cans paria. É único na súa habilidade para ouvear de forma similar ao lobo, pero ao contrario que este, o Canis hallstromi é capaz de modular o ton, de forma que parece cantar cando ouvea, polo que lle vén o nome. O seu aspecto é semellante ao do raposo, cunha dobre pelaxe que varía en cor do vermello ao marrón, e ten unhas característicamente moas carniceiras. Os adultos son duns 36 a 46 centímetros:cm de alto, e pesan de 8 a 14 kilogramos.

Lobos de América[editar | editar a fonte]

  • Lobo de tundra americano (Canis lupus tundrarum): De gran tamaño e cor clara, moi semellante ao lobo de tundra asiático pero de pelo máis curto. Habita nas tundras do norte de Alaska.
Lobo de Alaska
Lobo Ártico.
  • Lobo de Alaska (Canis lupus pambasileus): Espallado polos bosques de Alaska e o noroeste de Canadá, de cor gris, case negro no dorso e fronte, similar a un can de raza Husky. Actualmente, é o lobo máis grande de América e probablemente do mundo.
  • Lobo xigante de Kenai (Canis lupus alces`): Gran lobo, maior que calquera das subespecies vivas na actualidade, que habitaba na Península de Kenai, ao sur de Alaska. O nome deste lobo provén da súa presa máis frecuente, o alce (Alces alces). Foi cazado ata a súa extinción en 1935.
  • Lobo de Bernard (Canis lupus bernardi): Lobo de pelo longo esbrancuxado, pardo no lombo e cunha raia negra ao longo do dorso. Antigamente difundido no arquipélago Vitoria, extinguiuse como consecuencia da caza en 1952.
  • Lobo de Baffin (Canis lupus manningi): O máis pequeno dos lobos árticos, non recoñecido como subespecie independente ata 1943. Habita na illa de Baffin e outras illas menores adxacentes.
  • Lobo Ártico (Canis lupus arctos): Rivaliza en tamaño co lobo de Alaska. Presenta unha capa de pelo longo e totalmente branca, en ocasións rota por unha leve tonalidade grisácea no dorso. Habita nas illas máis septentrionales e banquisas de xeo do ártico canadense.
    • Lobo de Groenlandia (Canis lupus orion): Subespecie de dubidosa identidade, outrora difundida ao noroeste de Groenlandia. Moitos biólogos considérana unha variedade do lobo ártico. Actualmente extinta ou próxima á extinción.
  • Lobo do leste dos EEUU (Canis lupus lycaon): Lobo de tamaño medio e coloración variable, antigamente presente ao leste de Norteamérica, desde o sureste de Canadá a Florida, aínda que hoxe descendeu moito debido á presión humana. Esta especie foi a primeira que se describiu en América do Norte (1775) e algúns autores considérana unha especie diferente Canis lycaon.
  • Lobo de pradeira (Canis lupus nubilus): Lobo de tamaño medio e pelo de cor pardo claro, tinguido de gris na cabeza e dorso, que usaba para camuflarse entre as herbas das grandes chairas dos EEUU, dende o sur de Manitoba e Saskatchewan ao norte de Texas. Considérase extinto desde 1925, aínda que existe a posibilidade de que queden algúns individuos en áreas remotas do estado de Minnesota.
  • Lobo texano (Canis lupus monstrabilis): Lobo de pequeno tamaño e pelo escuro, aínda que algúns exemplares presentaban ocasionalmente coloración branca. Antigamente difundido ao oeste de Texas e Novo México, extinguiuse en 1942.
Lobo mexicano
  • Lobo mexicano (Canis lupus baileyi): Comunmente chamado Coyote, único lobo presente nas terras altas mexicanas, chegando polo norte ata Novo México e Arizona, típico dos bosques de folla perenne da zona. O manto de pelo é claro nas patas e a parte inferior do corpo, e escuro en dorso e fronte. No pescozo hai unha banda de pelo claro e máis longo. Na actualidade sobreviven pouco máis de 600 exemplares en zonas protexidas e parques zoológicos.
  • Lobo do norte das Montañas Rochosas (Canis lupus irremotus): Outrora distribuído nas Rochosas e o sur de Alberta, considérase extinto na actualidade, aínda que en ocasións prodúcense avistamientos en Montana.
  • Lobo de Vancúver (Canis lupus crassodon): Lobo de coloración gris-negra salpicada ocasionalmente de marrón, e tamaño medio. Atópase na illa canadense de Vancúver.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Linnæus, Carl (1758) (en Latin). Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I (10 ed.). Holmiæ (Stockholm): Laurentius Salvius. pp. 39–40. http://www.biodiversitylibrary.org/item/80764#page/49/mode/1up. Consultado o 23 November 2012.
  2. Nowak, R. 1992. Wolves: The great travelers of evolution. International Wolf 2(4):3 - 7.
  3. Lindblad-Toh, K, et al.. Genome sequence, comparative analysis and haplotype structure of the domestic dog. 438. pp. 803–819. DOI:10.1038/nature04338.
  4. Wolves: From Brink of Extinction to the Edge of the City
  5. Rumyantsev, V. D. and L. S. Khuraskin. 1978. New data on the mortality of the Caspian seal due to wolves. Page 187 in Congress of the All-Union Theriological Society, 2nd (P. A. Panteleev, et. al. eds.). Nauka, Moscow, USSR. ZR 116(19):5669
  6. a b c Walker, Brett L. (2005). The Lost Wolves Of Japan, pp.331. ISBN 0-295-98492-9."
  7. When Biologists Stocked Alaska with Wolves, Alaska Science Forum, February 5, 2004
  8. 8,0 8,1 8,2 a b c d e f g h i j k l m n o p q L. David Mech & Luigi Boitani (2001). Wolves: Behaviour, Ecology and Conservation, p 448. ISBN 0-226-51696-2.
  9. Alaska’s Salmon-Eating Wolves
  10. Wolves prefer fishing to hunting
  11. 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 11,10 11,11 a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z aa Graves, Will (2007). Wolves in Russia: Anxiety throughout the ages, pp.222. ISBN 1-55059-332-3.
  12. 12,0 12,1 a b c d e f g h i j k Lopez, Barry (1978). Of wolves and men, pp.320. ISBN 0-7432-4936-4
  13. a b "When do Wolves Become Dangerous to Humans?" (PDF). Valerius Geist, Professor Emeritus of Environmental Science, The University of Calgary, Calgary, Alberta, Canada. Retrieved on 2008-09-30.
  14. "Wolf Predation on Sheep in Alaska". Abundant Wildlife Society of North America. http://www.aws.vcn.com/alaska.html. Consultado o 2008-07-10.
  15. a b c d e "The Wolf: Myth, Legend and Misconception". Abundant Wildlife Society of North America. Retrieved on 2008-07-10
  16. a b c Shaun Ellis. (2007). A Man Among Wolves [DVD]. National Geographic.
  17. "Statement by Valerius Geist pertaining to the death of Kenton Carnegie, Part II" (PDF). Wolf Crossing. http://wolfcrossing.org/blog/wp-content/uploads/2007/11/dr-valarius-geist-re-carnegie-ii.pdf. Consultado o 2008-08-29.
  18. a b "Gray Wolf Biology and Status". Wolf Basics (March 2005). Retrieved on 2006-08-23.
  19. "Wolves Find Happy Hunting Grounds In Yellowstone National Park". Science Daily. 31 de agosto de 2007. http://www.sciencedaily.com/releases/2007/08/070830114825.htm. Consultado o 2007-09-17.
  20. "Wolves and Hunting". Abundant Wildlife Society of North America. http://www.aws.vcn.com/wolves_and_hunting.html. Consultado o 2008-07-10.
  21. "We'll, Be Quiet No More" (PDF). The Outdoorsman. http://rliv.com/pic/TheOutdoorsmanMay.pdf. Consultado o 2008-09-20.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lobo