N-634

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
N-634
Puente de San Vicente.jpg

Ponte da Maza, en San Vicente de la Barquera
Tipoloxía Estrada convencional
Rede Rede de estradas do Estado
Rede de estradas de Biscaia
Rede de estradas de Guipúscoa
Inicio Errekalde (Donostia)
Fin Santiago de Compostela
Lonxitude 900 km

A estrada N-634 é unha vía terrestre que discorre entre o barrio de Errekalde en Donostia e Santiago de Compostela ó longo de toda a costa cantábrica. É de dobre sentido e mide 900 quilómetros.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Tramos paralelos da A-8 e da N-634 en Kareaga, Barakaldo

Discorre polo País Vasco (Guipúscoa e Biscaia), Cantabria, Asturias e Galiza (provincias de Lugo e A Coruña). Foi substituída por diversas autovías ó longo do seu recorrido, quedando a N-634 na súa maior parte destinada a dar un servizo de tráfico local ás poboacións polas que discorre.

No País Vasco e Cantabria o seu trazado é paralelo ó da Autovía do Cantábrico (A-8), a excepción do tramo Solares - Torrelavega, onde se proxecta construír o tramo correspondente da autovía. Porén, ese tramo pode salvarse por autovía, realizando escasos quilómetros máis, a través da S-10 (Solares - Santander) e a A-67 (Santander - Torrelavega).

En Asturias son menos os tramos da N-634 que actualmente contan con trazado paralelo por autovía. Así, o tramo entre Unquera, entre Asturias e Cantabria, e Llanes, encóntrase actualmente en proxecto. O tramo Llanes - Ribadesella encóntrase en servizo a través da citada A-8.

Tras pasar Ribadesella abandona a paisaxe costeira que seguira desde o seu nacemento, internándose no interior de Asturias a través do val que forma o río Sella en dirección a Arriondas. Atravesa tamén Infiesto e Nava para chegar a Lieres, onde unha nova autovía, a A-64, ocupa o seu trazado inicial e conduce cara a Oviedo. Desde a capital ata La Espina a estrada discorre paralela á autovía A-63. De momento esta autovía está en servizo unicamente ata Grado, sendo a partir desta poboación a N-634 o único eixo de comunicación cara ao suroeste asturiano. Ata Grado as dificultades montañosas da N-634 non son excesivas, se ben a partir de aí se inicia o ascenso ó Alto de Cabruñana, que serve de fronteira natural e administrativa entre os concellos de Grado e Salas. O descenso termina en Cornellana, poboación na que se cruza o río Narcea, poñendo rumbo á segunda e máis pronunciada dificultade montañosa, o Porto da Espina (650 metros), con 12 quilómetros de ascenso nun desnivel de 500 metros. No descenso, de 33 quilómetros, sálvanse 600 metros de desnivel, pasando polos concellos de Salas e Valdés, aproveitando nos seus últimos tramos o val do río Esva, chegando ata Canero e volvendo de novo á costa cantábrica.

En Canero regresa ó lado da A-8, malia que aínda está en construción nestes tramos. Unicamente se encontra en servizo o tramo Variante de Navia que serve de circunvalación para a vila do mesmo nome.

Tras Navia a N-634 atravesa El Franco e Tapia de Casariego, para salvar a ría de Ribadeo pola Ponte dos Santos e entrar en Galiza por Ribadeo.

Poucos quilómetros despois encóntrase a segunda dificultade montañosa máis pronunciada, o Alto de Mondoñedo ou Porto da Xesta, de 590 metros. Tralo descenso chégase a Baamonde, poboación onde novamente a N-634 se topa cunha autovía. Neste caso é a A-6 Madrid - A Coruña, coa que coincide ata as inmediacións de Guitiriz, onde comeza a súa recta final, encamiñándose cara a Santiago de Compostela.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: N-634