Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011 é o campionato anual número 62 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Nel están inscritos para competiren doce equipos.
O calendario inicial constaba de vinte carreiras, incluído o novo Gran Premio da India, antes da cancelación do Gran Premio de Bahrain. Pirelli volve ao deporte como provedor de pneumáticos para todos os equipos, substituindo a Bridgestone. Red Bull Racing defende o campionato de construtores e o seu piloto Sebastian Vettel o campionato de pilotos. Vettel logrou o seu segundo Campionato Mundial no Gran Premio de Xapón de 2011, converténdose no piloto máis novo, 24 anos e 98 días, en facelo. Tamén Red Bull Racing volveu a renovar o campionato de construtores no Gran Premio de Corea de 2011.
Escuderías e Pilotos [editar]
Logo da controversia entre a Asociación de Equipos de Fórmula Un (FOTA) e a FIA no primeiro semestre da 2009, foi asinado o Acordo da Concordia, o 1 de agosto de 2009, polo entón presidente da FIA Max Mosley e todos os equipos existentes no momento. O novo acordo prevé unha continuación dos termos do acordo de 1998, ata o 31 de decembro 2012.
- Todos os equipos levarán pneumáticos Pirelli, que asinou un contrato para fornecer pneumáticos ata o ano 2013. A tempada 2010 foi o último ano que Bridgestone forneceu pneumáticos á Fórmula 1.
- Ningún piloto leva o dorsal nº 13 no seu monopraza desde fai 35 anos por superstición, xa que cren que dá mala sorte.
- O 25% de equipo Renault F1 foi adquirido por Genii Capital, que adquire así a totalidade da escuadra. Lotus Cars entra como patrocinador principal, polo cal, o seu nome cambiou a Lotus Renault GP, sendo a marca Renault unicamente o subministrador de motores do equipo. Con todo, oficialmente o equipo seguirase chamando Renault F1 por razóns de dereitos televisivos (ao estilo de BMW Sauber en 2010). Doutra banda, a escuadra ata entón coñecida como Lotus Racing anunciou que pasa a denominarse Team Lotus a partir desta tempada, pero existe unha disputa legal polo mítico nome e o caso está pendente de sentenza nos tribunais.
- Robert Kubica non poderá participar esta tempada debido a un forte accidente nun rally que sufriu a principios de febreiro. A recuperación do polaco durará aproximadamente un ano, polo que Lotus Renault decidiu contratar a Nick Heidfeld como o seu substituto.
- A empresa norteamericana Ford Motor Company presentou unha demanda nos tribunais dos Estados Unidos contra a Scuderia Ferrari, debido ao nome do seu coche Ferrari F150. Principalmente, argumentou que a denominación "F150" está rexistrada como marca comercial da Ford (pola súa camioneta Ford F-150). Ademais, Ford acusou a Ferrari de Cybersquatting (apropiarse dun dominio que esta rexistrada como marca comercial). Iso fixo que Ferrari renombrara o seu coche como "Ferrari F150th Italia".
Calendario 2011 [editar]
O 16 de abril de 2010, Bernie Ecclestone, confirmou que haberá 20 carreiras en 2011, todas as carreiras da tempada 2010 mais o Gran Premio da India. O calendario provisional anunciouse o 8 de setembro de 2010, e confirmouse o 3 de novembro de 2010. A última hora, debido á forte crise política e social que se vive no Emirato de Bahrain, cancelouse a primeira carreira do ano que inicialmente ía comezar o 13 de Marzo. Polo cal, os directivos da Fórmula 1 reformularon o inicio de tempada para o Gran Premio de Australia no Circuíto Albert Park, o 27 de marzo.
|
Nome Oficial do Gran Premio |
Gran Premio |
Circuíto |
Data |
Hora |
| Local |
UTC |
| 1 |
Qantas Gran Premio de Australia |
GP de Australia |
Albert Park Grand Prix Circuit, Melbourne |
27 de marzo |
17:00 |
6:00 |
| 2 |
Petronas Gran Premio de Malaisia |
GP de Malaisia |
Circuíto Internacional de Sepang, Kuala Lumpur |
10 de abril |
16:00 |
8:00 |
| 3 |
Gran Premio de China |
GP de China |
Circuíto Internacional de Xangai |
17 de abril |
15:00 |
7:00 |
| 4 |
Gran Premio de Turquía |
GP de Turquía |
Istanbul Park |
8 de maio |
15:00 |
12:00 |
| 5 |
Gran Premio de España Telefónica |
GP de España |
Circuíto de Catalunya, Barcelona |
22 de maio |
14:00 |
12:00 |
| 6 |
Gran Premio de Mónaco |
GP de Mónaco |
Circuíto de Mónaco, Monte Carlo |
29 de maio |
14:00 |
12:00 |
| 7 |
Gran Premio de Canadá |
GP de Canadá |
Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal |
12 de xuño |
13:00 |
17:00 |
| 8 |
Telefónica Gran Premio de Europa |
GP de Europa* |
Circuíto urbano de Valencia Valencia |
26 de xuño |
14:00 |
12:oo |
| 9 |
Santander Gran Premio do Reino Unido |
GP do Reino Unido |
Circuíto de Silverstone |
10 de xullo |
13:00 |
12:00 |
| 10 |
Santander Gran Premio de Alemaña |
GP de Alemaña* |
Nürburgring |
24 de xullo |
14:00 |
12:00 |
| 11 |
Gran Premio de Hungría |
GP de Hungría |
Hungaroring, Budapest |
31 de xullo |
14:00 |
12:00 |
| 12 |
Gran Premio de Bélxica |
GP de Bélxica |
Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa |
28 de agosto |
14:00 |
12:00 |
| 13 |
Santander Gran Premio de Italia |
GP de Italia |
Circuíto de Monza |
11 de setembro |
14:00 |
12:00 |
| 14 |
SingTel Gran Premio de Singapur |
GP de Singapur |
Circuíto urbano de Marina Bay |
25 de setembro |
20:00 |
12:00 |
| 15 |
Gran Premio de Xapón |
GP de Xapón |
Circuíto de Suzuka, Suzuka |
9 de outubro |
15:00 |
06:00 |
| 16 |
Gran Premio de Corea |
GP de Corea |
Circuíto Internacional de Corea, Yeongam |
16 de outubro |
15:00 |
06:00 |
| 17 |
Gran Premio da India |
GP da India |
Circuíto Internacional de Buddh Greater Noida |
30 de outubro |
15:00 |
09:30 |
| 18 |
Etihad Airways Gran Premio de Abu Dabi |
GP de Abu Dabi |
Circuíto de Yas Marina |
13 de novembro |
17:00 |
13:00 |
| 19 |
Petrobras Grande Prêmio do Brasil |
GP de Brasil |
Autódromo José Carlos Pace, São Paulo |
27 de novembro |
14:00 |
16:00 |
- O Circuíto de Yas Marina será reconfigurado para o Gran Premio de Abu Dhabi, por mor de fortes críticas pola falta de adiantamentos na carreira de 2010.
- O Gran Premio de Bahrain foi programado orixinalmente para ser a primeira carreira da tempada o 13 de marzo, pero foi cancelada polos organizadores debido as protestas no país contra o goberno. A decisión final sobre se a carreira ía ser reprogramada para finais de ano ou cancelada de todo tiña que facerse o 3 de xuño, na que o Consello Mundial do Motor da FIA, (WMSC) votou por unanimidade reintegrar á carreira no calendario, movendo o Gran Premio inaugural da India de novo á última carreira da tempada en decembro, para acomodar o cambio. Con todo, a Asociación de Equipos de Fórmula Un (FOTA) opúxose á reprogramación unha semana despois de que o Consello Mundial votara a favor de devolver a carreira ao calendario. Finalmente os organizadores do Gran Premio de Bahrain abandonaron oficialmente o seu intento de regresar ao calendario, restablecendo o Gran Premio da India a súa data orixinal.
- A tempada 2011 contara no calendario con un novo gran Premio, o Gran Premio da India. Orixinalmente coñecido como Circuíto Jaypee Group, en abril de 2011 pasou a chamarse oficialmente o Buddh International Circuit.
Resultados [editar]
Grandes Premios [editar]
Puntuación: os puntos outórganse aos 10 finalistas clasificados.
| Posición |
1º |
2º |
3º |
4º |
5º |
6º |
7º |
8º |
9º |
10º |
| Puntos |
25 |
18 |
15 |
12 |
10 |
8 |
6 |
4 |
2 |
1 |
|
|
| Cor |
Resultado |
| Ouro |
Gañador |
| Prata |
2º posto |
| Bronce |
3º posto |
| Verde |
Remata nos puntos |
| Azul |
Non remata nos puntos, inclúe as carreiras nas que non se califica (NC) |
| Púrpura |
Non remata (Ret) |
| Vermello |
Non se califica (NSC) |
| Negro |
Descualificado (DSC) |
| Branco |
Non tomou a saída (NTS) |
| Azul claro |
Piloto de probas dos venres (PP) - só de 2003 até 2006 |
| En branco |
Non participou nas prácticas (NPP) |
| Lesionado ou enfermo (Les) |
| Excluído (EX) |
| A escudería retirouse do Mundial (RetM) |
Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
|
Construtores [editar]
Ligazóns externas [editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: