McLaren
| Nome completo | Team McLaren Mercedes |
|---|---|
| Bandeira coa que compite | |
| Base en | Working, Surrey, Reino Unido 51°20′45″N 0°32′52″W / 51.34583°N 0.54778°W |
| Xefe de Equipo | Martin Whitmarsh |
| Director Técnico | Neil Oatley |
| Pilotos | 5. 6. |
| Pilotos de probas | |
| Chasis | McLaren MP4-28 |
| Motor | Mercedes-Benz |
| Pneumáticos | Pirelli |
| Debut | Gran Premio de Mónaco de 1966 |
| Carreiras | 723 |
| Campionatos de Construtores | 8 (1974, 1984, 1985, 1988, 1989, 1990, 1991, 1998) |
| Campionatos de Pilotos | 12 (1974, 1976, 1984, 1985, 1986, 1988, 1989, 1990, 1991, 1998, 1999, 2008) |
| Vitorias | 182 |
| Pole positions | 155 |
| Voltas Rápidas | 151[1] |
| Puntos totais | |
| Clasificación en 2009 | |
McLaren, fundado en 1963 por Bruce McLaren (1937-1970), é un equipo de carreiras automobilísticas con sede en Woking, Surrey, Reino Unido, que é sobre todo coñecido como equipo de Fórmula 1, pero que competiu tamén nas 500 millas de Indianapolis, e as 24 horas de Le Mans. O seu nome completo é actualmente Team McLaren Mercedes; o equipo é dirixido por Ron Dennis e é supervisado por McLaren Racing, membro a súa vez de McLaren Group.
McLaren é un dos equipos con máis éxitos da Fórmula 1, gañou máis grandes premios que calquera outro equipo, á parte de Ferrari e Ford nos seus diferentes equipos, e moitos campionatos de pilotos e construtores.
Índice |
Historia [editar]
Inicios [editar]
Bruce McLaren, nacido en Nova Celandia, anuncia a formación de McLaren Motor Racing Ltd. en 1963 debido a que o seu equipo de entón non desexaba seguir as súas suxestións de enxeñería. Contratou enxeñeiros e pilotos e iniciou a construción de automóbiles de carreira para a Fórmula 1. Mentres desenvolvía o monopraza, os pilotos do equipo utilizaron vehículos Cooper T70.
Anos 80 [editar]
O equipo de McLaren de Fórmula 1 actual xurdiu da fusión do equipo McLaren e do proxecto de equipo (Project 4 o P4) que preparaba Ron Dennis en 1981. De aí os nomes dos automóbiles McLaren desde 1981: "M/P4-xx."
Os anos de máis éxito do equipo McLaren foron os primeiros baixo a dirección de Ron Dennis. John Barnard deseñou o revolucionario chasis M/P4-1, o primeiro fabricado en fibra de carbono e que unido ao poderoso motor TAG/Porsche turbo demostrou ser moi competitivo. McLaren tivo neses anos a grandes pilotos como Niki Lauda, Alain Prost, Keke Rosberg, e Stefan Johansson. McLaren-Porsche gañou o título de construtores en 1984 con Lauda como como piloto campión e en 1985 con Prost como piloto campión. Prost gañou novamente o título de pilotos en 1986.
En 1988, con motores Honda, McLaren dominou a temporada gañando 15 de 16 carreiras, coroándose Ayrton Senna como campión de pilotos, logo dunha forte rivalidade con Prost.
Anos 90 [editar]
Malia a partida de Alain Prost cara a Ferrari en 1990, McLaren dominou a Fórmula 1 durante dous anos máis.
Desde 1992 o equipo iniciou o seu declive co inicio da dominación dos motores Renault ata 1997, cando se reiniciaron os éxitos da combinación de chasis McLaren, motor Mercedes e os pilotos Mika Häkkinen e David Coulthard, ganando entre 1998 e 2000 dous campionatos de construtores e Häkkinen dous de pilotos.
Século XXI [editar]
Desde 2000, McLaren loitou por manterse nos primeiros lugares, pero non logrou igualar aos Ferrari, logrando algunhas vitorias e ata un segundo posto no campionato de pilotos de 2003 para Kimi Räikkönen.
En 2005, os pilotos foron Juan Pablo Montoya e Kimi Räikkönen, acabando este último como segundo clasificado no campionato de pilotos, por detrás do español Fernando Alonso de Renault. Foron segundos na clasificación de construtores, trala fábrica francesa. Esta temporada, estivo marcada polo mal inicio da escudería de Woking, con grandes problemas de fiabilidade nos seus motores, tralo fallo de planificación de evolución dos coches para a temporada, mentres tanto Renault, conseguía puntos que a distanciaban das demais escuderías. A metade de temporada, e grazas o gran traballo dos enxeñeiros da marca británica, e especialmente de Adrian Newey, o xefe de aerodinámica e motores, o coche, pasou a ser o máis rápido, e comezou a recortar puntos a Renault, ata chegar a un apertado final de mundial, no que os problemas de motor, aínda existentes, así como un par de erros de Juan Pablo Montoya, deron o título de pilotos ó español Fernando Alonso en Brasil, e a posteriori, o de escuderías a Renault, no último gran premio da temporada, no circuíto de Shanghai, China.
A temporada 2006, está marcada pola marcha de Adrian Newey cara a Red Bull Racing, así como por ser o último ano de patrocinio da tabacaleira West, que lles dá aos bólidos británicos o aspecto prateado, e ademais coa incógnita dos pilotos, que aínda nesta temporada, seguirán sendo Kimi Räikkönen e Juan Pablo Montoya, cos pilotos de probas, Pedro Martínez de la Rosa e Gary Paffett, están en dúbida a continuidade dos tres primeiros, xa que rematan contrato, e os rumores, son especialmente persistentes logo da marcha do piloto finlandés a Ferrari. Pero, no mes de decembro de 2005, as cousas empezouse a aclarar, primeiro co anuncio de patrocinio principal, a partir de 2007, da empresa de telefonía móbil Vodafone (ata agora patrocinadora de Ferrari), a cal devolverá as xa clásicas cores vermella e branca de principios dos 90 (os cales perderon a Marlboro, e partiron xustamente con Ferrari), así como a contratación como piloto, a partir do 1 de xaneiro de 2007, do actual campión del mundo, Fernando Alonso, o cal abandonará Renault ó finalizar a Temporada 2006.
O 11 de xullo do 2006, McLaren F1 Team anunciou o cambio no segundo asento da escudería Juan Pablo Montoya deixa o posto ao español Pedro Martínez de la Rosa. Juan Pablo cambia os Fórmula 1 pola serie Nascar.
O modelo MP4/21 tivo algúns problemas en 2006, acabando a temporada en 3º lugar con 110 puntos.
En 2007, a escudeira se viu envolta nun caso de espionaxe industrial envolvendo a Mike Coughlan (Proxetista xefe da McLaren, afastado) e Nigel Stepney (Ex-xefe dos mecánicos de Ferrari). Debido ás evidencias, McLaren foi penalizada coa perda de todos os puntos conquistados no Mundial de Construtores de 2007 e cunha multa de 100 $ millóns de dolares. Os pilotos, porén, non sufriron ningún castigo.
O 16 de novembro de 2009, a marca alemá Mercedes-Benz anunciou a venda da súa parte do equipo e a compra de Brawn GP, pasando a ter seu propio equipo a partir de 2010: Mercedes GP.[2][3] A pesar da venda das accións que tiña de McLaren, Mercedes vai continuar fornecendo motores para a escuadra por seis anos máis.[4]
(cursiva indica equipo non oficial; negra indica campionato gañado)
Notas [editar]
- ↑ Inclue a volta rápida de John Surtees no Gran Premio de Sudáfrica de 1970 nun McLaren non de fábrica.
- ↑ "Mercedes anuncia: sai da McLaren e compra Brawn". http://tazio.uol.com.br/f-1/textos/15055.
- ↑ "Mercedes compra Brawn GP e vende a sua parte da McLaren UOL Esporte.". http://esporte.uol.com.br/f1/ultimas-noticias/2009/11/16/mercedes-compra-brawn-gp-e-acaba-parceria-com-a-mclaren.jhtm.
- ↑ "Mercedes vende sua parte na McLaren e compra equipe Brawn GP Folha Online.". http://www1.folha.uol.com.br/folha/esporte/ult92u652989.shtml.
- ↑ McLaren perdeu todos os seus puntos como consecuencia da decisión do Consello Mundial de Automobilismo, que a atopaba culpábel dos cargos de espionaxe industrial contra Ferrari.
- ↑ Após un incidente na 3ª sesión de calificación no GP de Hungría, a FIA decidiu que McLaren non podería conseguir ningún punto por mor da infracción da prohibición de ordes de equipo. Porén, os pilotos de McLaren acumularon de todos os xeitos puntos. En total, foron 15 os puntos que McLaren deixou de sumar para o Campionato de Construtores, e aínda que a decisión puido ser recurrida, a escudería decidiu non facelo por mor dunha sanción máis grande que se aplicou mais tarde.
- ↑ Os puntos foron adxudicados por separado para cada combinación de coche e motor
- ↑ Os puntos foron adxudicados por separado para cada combinación de coche e motor
- ↑ Os puntos foron adxudicados por separado para cada combinación de coche e motor
- ↑ Os puntos foron adxudicados por separado para cada combinación de coche e motor.
- ↑ "McLaren Seasons". Grand Prix Archive. Crash Media Group. http://stats.crash.net/team_seasons.asp?teamsroot_id=7556. Consultado o 13 April 2010.
- ↑ "Seasons by Decades". Grand Prix Archive. Crash Media Group. http://stats.crash.net/season_decades.asp?decade_id=1. Consultado o 13 April 2010.
- ↑ "Formula One team results". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd.. http://www.formula1.com/results/team/. Consultado o 18 February 2011.