Circuíto de Mónaco
| Circuíto de Mónaco | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | FIA Fórmula 1 Formula 3000, GP2 Series, World Series by Renault, F3 Euroseries |
| Localización | |
| Lonxitude | 3´340 km |
| Curvas | 18 |
| Volta rápida (2004) | 1:14.439 |
| Piloto Record | |
| Escudería Record | Ferrari |
| Coordenadas | 43°44′5″N 7°25′14″E / 43.73472°N 7.42056°E |
| Vista do Circuíto | |
Circuíto de Mónaco é un circuíto de carreiras urbano situado no Principado de Mónaco que alberga o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1. Foi fundado en 1920 por Anthony Nogues.
Tamén se coñece como circuíto de Monte Carlo debido a que gran parte do seu percorrido está en Monte Carlo.
Debido á súa especial configuración con curvas pechadas e rectas curtas, o que prima nel é a habilidade dos pilotos fronte á potencia das máquinas.
Índice |
Historia [editar]
A idea dun Gran Premio polas rúas de Mónaco tivoa Anthony Noghès, presidente do Club Car de Mónaco e amigo próximo da familia gobernante Grimaldi. A carreira inaugural levouse a cabo en 1929 e foi gañado polo William Grover-Williams nun Bugatti.
Caracteristicas [editar]
A construción do circuíto leva seis semanas, e o desmantelamento logo da carreira tres semanas. O circuíto de carreiras ten moitos cambios de rasante, curvas pechadas, e estreitas. Estas características fan que quizais sexa a pista máis esixente das carreiras de Fórmula Un. Aínda que o trazado cambiou moitas veces durante a súa historia, aínda se considera como a última proba para demostrar a habilidade dos pilotos de Fórmula Un. Contén tanto a curva máis lenta na Fórmula Un (a pinza de Fairmont, tomada a só 46 km/h e unha das máis rápidas (a peculiar curva do túnel, tres curvas máis aló da pinza, tomada a 260 km/h.
Debido á natureza estreita e revirada do circuíto, favorece a habilidade dos pilotos sobre a potencia dos coches, pero como o trazado é tan estreito e perigoso hai moi poucos adiantamentos. Nelson Piquet comparou a pista de carreiras como "montar unha carreira de bicicletas na túa sala de estar".[1] Antes de 1987, o número de automóbiles na saída da carreira limitouse a 20, en comparación cos 26 de outros circuítos. A sección do famoso túnel (que se corre baixo o Hotel Fairmont, marcado en gris no esbozo do circuíto) dise que é difícil para os pilotos debido ao rápido cambio de luz á escuridade e volta á luz de novo, nunha das zonas máis rápidas da carreira. Como consecuencia, o resultado da carreira adoita decidirse pola pole position, así como polas estratexias de boxes, é extremadamente duro coas caixas de cambios e os freos.
Fixéronse varios intentos para mellorar as condicións de hacinamiento nos boxes. En 2002, foi extraida unha cantidade considerable de terra do porto para cambiar un pouco a forma dunha sección do circuíto, o que deixaba máis espazo para os novos boxes, que se estrearon na carreira de 2004.
Pódese admitir que o circuíto sexa menos seguro que outros circuítos utilizados para a Fórmula Un, o piloto e ex gañador Michael Schumacher declarou antes do Gran Premio de 2012 que o risco adicional é "xustificable unha vez ao ano".[2] If it were not already an existing Grand Prix, it would not be permitted to be added to the Formula One schedule, for safety reasons.[3] Se non fose un Gran Premio xa existente, non se permitiría engadilo ao calendario da Fórmula Un, por razóns de seguridade.
O trazado [editar]
Unha vez pasada a liña de meta, atopámonos cunha curva a dereitas chamada Santa Devota. Encárase unha subida sinuosa por unha rúa chea de boutiques ata chegar a Casino Square. A partir de aquí prodúcese unha baixada ata a curva a dereitas de Mirabeau, vólvese a baixar ata a curva de Loewe (nome dado por un hotel situado á beira da curva). Despois trázase unha dobre curva a dereitas coñecida como Poitiers para pasar polo túnel que transcorre xusto por baixo do hotel Loewe. Ao saír do túnel atopámonos con Nouvelle Chicane (coñecida polo accidente que sufriu Karl Wendlinger en 1994), que unha vez superada chega ata a curva de Tabac. Unha vez realizada a curva atopámonos na chicane da piscina. Logo desta chicane veñen as curvas a dereitas da rascasse (chámase así por un restaurante que hai á beira da curva) e a de Anthony Nogues. Unha vez superadas atopámonos de novo en recta de meta.
O trazado é considerado como un dos máis complexos de trazar, ademais de ser un dos máis perigosos. Aquí hanse de lamentar mortes como a de Lorenzo Bandini en 1967. Ademais producíronse outros graves accidentes como o mencionado antes de Wendlinger ou de Patrick Tambay no Gran Premio de Mónaco de 1984
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Mónaco [editar]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1950 | Alfa Romeo | 3:13:18,700 h | 3,180 km | 100 | 98,701 km/h | 21. Maio | ||
| 1955 | Ferrari | 2:58:09,800 h | 3,145 km | 100 | 105,914 km/h | 22. Maio | ||
| 1956 | Maserati | 3:00:32,900 h | 3,145 km | 100 | 104,515 km/h | 13. Maio | ||
| 1957 | Maserati | 3:10:12,800 h | 3,145 km | 105 | 104,165 km/h | 19. Maio | ||
| 1958 | Cooper-Climax | 2:52:27,900 h | 3,145 km | 100 | 109,414 km/h | 18. Maio | ||
| 1959 | Cooper-Climax | 2:55:51,300 h | 3,145 km | 100 | 107,304 km/h | 10. Maio | ||
| 1960 | Lotus-Climax | 2:53:45,500 h | 3,145 km | 100 | 108,599 km/h | 29. Maio | ||
| 1961 | Lotus-Climax | 2:45:50,100 h | 3,145 km | 100 | 113,788 km/h | 14. Maio | ||
| 1962 | Cooper-Climax | 2:46:29,700 h | 3,145 km | 100 | 113,337 km/h | 3. Xuño | ||
| 1963 | BRM | 2:41:49,700 h | 3,145 km | 100 | 116,605 km/h | 26. Maio | ||
| 1964 | BRM | 2:41:19,500 h | 3,145 km | 100 | 116,969 km/h | 10. Maio | ||
| 1965 | BRM | 2:37:39,600 h | 3,145 km | 100 | 119,688 km/h | 30. Maio | ||
| 1966 | BRM | 2:33:10,500 h | 3,145 km | 100 | 123,192 km/h | 22. Maio | ||
| 1967 | Brabham-Repco | 2:34:34,300 h | 3,145 km | 100 | 123,079 km/h | 7. Maio | ||
| 1968 | Lotus-Ford | 2:00:32,300 h | 3,145 km | 80 | 125,238 km/h | 26. Maio | ||
| 1969 | Lotus-Ford | 1:56:59,400 h | 3,145 km | 80 | 129,037 km/h | 18. Maio | ||
| 1970 | Lotus-Ford | 1:54:36,600 h | 3,145 km | 80 | 131,716 km/h | 10. Maio | ||
| 1971 | Tyrrell-Ford | 1:52:21,300 h | 3,145 km | 80 | 134,360 km/h | 23. Maio | ||
| 1972 | BRM | 2:26:54,700 h | 3,145 km | 80 | 102,756 km/h | 14. Maio | ||
| 1973 | Tyrrell-Ford | 1:57:44,300 h | 3,278 km | 78 | 130,298 km/h | 3. Xuño | ||
| 1974 | Lotus-Ford | 1:58:03,700 h | 3,278 km | 78 | 129,941 km/h | 26. Maio | ||
| 1975 | Ferrari | 2:01:21,310 h | 3,278 km | 75 | 121,552 km/h | 11. Maio | ||
| 1976 | Ferrari | 1:59:51,470 h | 3,278 km | 78 | 127,994 km/h | 30. Maio | ||
| 1977 | Wolf-Ford | 1:57:52,770 h | 3,312 km | 76 | 128,120 km/h | 22. Maio | ||
| 1978 | Tyrrell-Ford | 1:55:14,660 h | 3,312 km | 75 | 129,325 km/h | 7. Maio | ||
| 1979 | Ferrari | 1:55:22,480 h | 3,312 km | 76 | 130,902 km/h | 27. Maio | ||
| 1980 | Williams-Ford | 1:55:34,365 h | 3,312 km | 76 | 130,677 km/h | 18. Maio | ||
| 1981 | Ferrari | 1:54:23,380 h | 3,312 km | 76 | 132,029 km/h | 31. Maio | ||
| 1982 | Brabham-Ford | 1:54:11,259 h | 3,312 km | 76 | 132,262 km/h | 23. Maio | ||
| 1983 | Williams-Ford | 1:56:38,121 h | 3,312 km | 76 | 129,487 km/h | 15. Maio | ||
| 1984 | McLaren-TAG-Porsche | 1:01:07,740 h | 3,312 km | 31 | 100,776 km/h | 3. Xuño | ||
| 1985 | McLaren-TAG-Porsche | 1:51:58,034 h | 3,312 km | 78 | 138,435 km/h | 19. Maio | ||
| 1986 | McLaren-TAG-Porsche | 1:55:41,060 h | 3,328 km | 78 | 134,634 km/h | 11. Maio | ||
| 1987 | Lotus-Honda | 1:57:54,085 h | 3,328 km | 78 | 132,102 km/h | 31. Maio | ||
| 1988 | McLaren-Honda | 1:57:17,077 h | 3,328 km | 78 | 132,797 km/h | 15. Maio | ||
| 1989 | McLaren-Honda | 1:53:33,251 h | 3,328 km | 77 | 135,401 km/h | 7. Maio | ||
| 1990 | McLaren-Honda | 1:52:46,982 h | 3´328 km | 78 | 138´097 km/h | 27. Maio | ||
| 1991 | McLaren-Honda | 1:53:02,334 h | 3´328 km | 78 | 137´785 km/h | 12. Maio | ||
| 1992 | McLaren-Honda | 1:50:59,372 h | 3´328 km | 78 | 140´329 km/h | 31. Maio | ||
| 1993 | McLaren-Ford | 1:52:10,947 h | 3´328 km | 78 | 138´837 km/h | 23. Maio | ||
| 1994 | Benetton-Ford | 1:49:55,372 h | 3´328 km | 78 | 141´691 km/h | 15. Maio | ||
| 1995 | Benetton-Renault | 1:53:11,258 h | 3´328 km | 78 | 137´604 km/h | 28. Maio | ||
| 1996 | Ligier-Mugen-Honda | 2:00:45,629 h | 3´328 km | 78 | 124´014 km/h | 19. Maio | ||
| 1997 | Ferrari | 2:00:05,654 h | 3´367 km | 62 | 104´295 km/h | 11. Maio | ||
| 1998 | McLaren-Mercedes | 1:51:23,595 h | 3´367 km | 78 | 141´459 km/h | 24. Maio | ||
| 1999 | Ferrari | 1:49:31,812 h | 3´367 km | 78 | 143´865 km/h | 16. Maio | ||
| 2000 | McLaren-Mercedes | 1:49:28,213 h | 3´370 km | 78 | 144´072 km/h | 4. Xuño | ||
| 2001 | Ferrari | 1:47:22,561 h | 3´370 km | 78 | 146´882 km/h | 27. Maio | ||
| 2002 | McLaren-Mercedes | 1:45:39,055 h | 3´370 km | 78 | 149´280 km/h | 26. Maio | ||
| 2003 | Williams-BMW | 1:42:19,012 h | 3´340 km | 78 | 152´772 km/h | 1. Xuño | ||
| 2004 | Renault | 1:45:46,601 h | 3´340 km | 77 | 145´881 km/h | 23. Maio | ||
| 2005 | McLaren-Mercedes | 1:45:15,556 h | 3´340 km | 78 | 148´502 km/h | 22. Maio | ||
| 2006 | Renault | 1:43:43,116 h | 3´340 km | 78 | 150´708 km/h | 28. Maio | ||
| 2007 | McLaren-Mercedes | 1:40:29,329 h | 3´340 km | 78 | 155´552 km/h | 27. Maio | ||
| 2008 | McLaren-Mercedes | 2:00:42,742 h | 3´340 km | 76 | 126´170 km/h | 25. Maio | ||
| 2009 | Brawn GP-Mercedes | 1:40:44.282 h | 3´340 km | 78 | 155´167 km/h | 24. Maio | ||
| 2010 | Red Bull Racing | 1:50:13.355 h | 3´340 km | 78 | 141´815 km/h | 16. Maio | ||
| 2011 | Red Bull Racing | 2:09:38,373 h | 3´340 km | 78 | 120´574 km/h | 29. Maio | ||
| 2012 | Red Bull Racing | 1:46:06.557 h | 3´340 km | 78 | 147´312 km/h | 27. Maio |
Record: A.Senna (6 veces)
Notas [editar]
- ↑ http://www.motorsportmagazine.com/2011/05/24/monaco-challenge-remains-unique/
- ↑ Benson, Andrew. "BBC Sport – Michael Schumacher says risk of racing at Monaco is "justifiable"". BBC. http://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/18117734. Consultado o 19 May 2012.
- ↑ Mansell, Nigel; Allsop, Derick (1989). In the Driving Seat: A Guide to the Grand Prix Circuits. Stanley Paul & Co. p. 32. ISBN 0-09-173818-0. http://books.google.com/books?id=wSSZNQAACAAJ. Consultado o 24 May 2012.