Nico Hülkenberg
| Nicolas Hülkenberg (25 anos) | |
|---|---|
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | Emmerich, Alemaña |
| Monopraza número | 11 |
| Escudería actual | Sauber |
| Escudería no 2014 | Por confirmar |
| Grandes Premios disputados | 44 (43 saidas) |
| Campionatos | 0 |
| Vitorias | 0 |
| Podios | 0 |
| Pole positions | 1 |
| Voltas rápidas | 1 |
| Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Bahréin de 2010 |
| Primeira vitoria | - |
| Posición no 2013 | 14º (5 ptos.) |
| editar | |
Nicolas "Nico" Hülkenberg, nado o 19 de agosto de 1987 en Emmerich, é un piloto alemán de Fórmula 1.
Índice |
Traxectoria [editar]
Hülkenberg iniciouse no karting en 1997, con dez anos. En 2002 convertiuse en campión de karts júnior de Alemaña e o ano seguinte gañou o campionato alemán de karting.
2005 foi o ano do seu debut na Fórmula BMW alemá. A súa primeira tempada foi moi exitosa, gañando nove das vinte carreiras para lograr así o campionato. Gañou ademais a final mundial da categoría, pero foi descalificado posteriormente por frear abruptamente cerca doutros automóbiles co coche de seguridade en pista.
O piloto alemán pasou á Fórmula 3 Alemana en 2006, gañando unha carreira na categoría e quedando quinto na clasificación xeral. Tamén competiu en A1 Grand Prix, categoría monomarca, co equipo alemán, converténdose así no piloto máis exitoso da historia do A1 Grand Prix, con nove vitorias nas dez carreiras, gañando o título para o equipo alemán por si só.
En 2007 pasou ás Fórmula 3 Euroseries co equipo ASM, co cal Lewis Hamilton e Paul di Resta conseguiran os dous últimos campionatos. Gañou as carreiras de Norisring, Zandvoort e Nürburgring. Na carreira de Magny-Cours foi sancionado na clasificación, e chocou con Filip Salaquarda en carreira. Tamén gañou o Masters de Fórmula 3 daquel ano, unha carreira non puntuable, despois de que o seu compañeiro de equipo Romain Grosjean, quen partía desde a pole position, calase o seu coche na saída. Grosjean gañou o campionato, mentres que Hülkenberg foi terceiro. Hülkenberg conquistou o título da F3 Euroseries en 2008, con 7 vitorias en 20 carreiras.
O axente actual do piloto é Willi Weber, quen fora tamén axente de Michael Schumacher. Weber suxeriu que o piloto podería estar listo para a Fórmula 1 en 2008, e en múltiples ocasións definiu a Hülkenberg como un "talento incrible", comparándoo frecuentemente co propio Schumacher.
Hülkenberg puido probar por primeira vez en Fórmula 1 o 4 de decembro de 2007 co equipo WilliamsF1 no Circuíto de Jerez, para participar en dous días de adestramentos, nos cales mellorou os tempos de Kazuki Nakajima, segundo piloto da escudería británica, e quedando a catro décimas de segundo de Nico Rosberg. Os bos resultados obtidos nos adestramentos convenceron ao equipo para que Hülkenberg fose o seu terceiro piloto na tempada 2008 de Fórmula 1.
No 2009, Hülkenberg gaña brillantemente o campionato de GP2.
En 2010, Nico ten un complicado comenzo na Fórmula 1, pilotando o Williams, un dos monoplazas máis lentos da parrilla. A pesar de iso, obsérvanse os seus verdadeiros credenciais sendo o mellor debutante na F1, superando ao seu compañeiro Rubens Barrichello na terceira cita do mundial e logrando o seu primeiro punto en só 3 carreiras.
| Predecesor: Giorgio Pantano |
Campión da GP2 2009 |
Sucesor: ? |
Resultados Completos na Fórmula Un [editar]
(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Escudería | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Posto | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2010 | Williams | Williams FW32 | Cosworth CA2010 2.4 V8 | BAH 14 |
AUS Ret |
MYS 10 |
CHN 15 |
ESP 16 |
MON Ret |
TUR 17 |
CAN 13 |
EUR Ret |
GBR 10 |
GER 13 |
HUN 6 |
BEL 14 |
ITA 7 |
SIN 8 |
JPN Ret |
RCO 10 |
BRA 8 |
ABU 16 |
14º | 22 | |
| 2011 | Force India F1 Team | Force India VJM04 | Mercedes FO 108Y 2.4 V8 | AUS PP |
MAL PP |
CHN PP |
TUR PP |
ESP PP |
MON | CAN PP |
EUR PP |
RU PP |
ALE PP |
HUN PP |
BEL PP |
ITA PP |
SIN | XPN PP |
COR | IND | ABU | BRA PP |
– | – | |
| 2012 | Force India F1 Team | Force India VJM05 FO 108Z 2´4 V8 | Mercedes | AUS Ret |
MAL 9 |
CHN 15 |
BAH 12 |
ESP 10 |
MON 8 |
CAN 12 |
EUR 5 |
RU 12 |
ALE 9 |
HUN 11 |
BEL 4 |
ITA 21† |
SIN 14 |
XPN 7 |
COR 6 |
IND 8 |
ABU Ret |
USA 8 |
BRA 5 |
11º | 63 |
| 2013 | Sauber F1 | Sauber C32 Ferrari 056 2.4 V8 | Ferrari | AUS NTS |
MAL 8 |
CHN 10 |
BAH 12 |
ESP 15 |
MON |
CAN |
RU |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
SIN |
COR |
XPN |
IND |
ABU |
USA |
BRA |
14º | 5 |
Resumo da súa carreira deportiva [editar]
| Tempada | Categoría | Equipo | Carreiras | Poles | Vitorias | Puntos | Pos. final |
| 2005 | Fórmula BMW Alemá | Josef Kaufmann Racing | 20 | 8 | 9 | 287 | 1º |
| 2006 | Fórmula 3 Alemá | Josef Kaufmann Racing | 18 | 1 | 3 | 78 | 5º |
| 2006-07 | A1 Grand Prix | Alemania | 10 | 3 | 9 | 126 | 1º |
| 2007 | Fórmula 3 Euroseries | Team ASM Formule 3 | 20 | 2 | 4 | 72 | 3º |
| 2008 | Fórmula 3 Euroseries | ART Grand Prix | 20 | 6 | 7 | 85 | 1º |
| 2009 | GP2 Series | ART Grand Prix | 20 | 3 | 5 | 100 | 1º |
| 2010 | Fórmula 1 | Williams F1 | 19 | 1 | 0 | 22 | 14 |
| 2012 | Fórmula 1 | Force India | 20 | 0 | 0 | 53 | 11 |