Gran Premio de Bahrain
| Artigo ou sección nos seus primeiros pasos. Este artigo ou sección relacionado co deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados co deporte que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O Gran Premio de Bahrain (en árabe جائزة البحرين الكبرى) é unha carreira do campionato de Fórmula 1 que tivo lugar por primeira vez no Circuíto Internacional de Bahrain o 4 de abril 2004.
Historia [editar]
O Gran Premio de Bahrain, patrocinado por Gulf Air, fixo historia como o primeiro gran premio de Fórmula 1 que se celebrou no Oriente Medio. Bahrain loitou en feroz competencia co resto da rexión para organizar a carreira, Exipto, Líbano e o Emiratos Árabes Unidos todos esperaban o prestixio de aloxar un gran premio de Fórmula 1.
A carreira inaugural recibiu o premio da FIA aa mellor organización dun "Grand Prix".
O Gran Premio de Bahrain foi habitualmente a terceira carreira do calendario da Fórmula 1. No obstante, na tempada 2006, Bahrain intercambiou o lugar co iniciador tradicional, o Gran Premio de Australia, que foi cambiado para evitar a coincidencia cos Xogos da Commonwealth de 2006. Bahrain tamén organizou a carreira de apertura da tempada 2010.
No ano 2011 suspendeuse a súa celebración por mor das revoltas populares que estaban a acontecer no país.