Gran Premio de España
O Gran Premio de España é unha carreira válida para o campionato de Fórmula 1 e actualmente dispútase no Circuíto de Cataluña, en Barcelona, España.
Historia [editar]
O primeiro Gran Premio de España disputouse en 1913 sobre un circuíto de estrada de 300 km preto de Madrid, na vía cara a Valladolid. En 1951, o Gran Premio de España entrou no calendario da Fórmula 1, disputándose no Circuíto de Pedralbes. En 1955, a consecuencia dun terrible accidente no circuíto da Sarthe, incluíronse novas regras para a seguridade dos espectadores, coa cal o Gran Premio de España saíu do calendario.
En 1960, España regresou ás competencias internacionais logo da construción dun circuíto en Jarama, preto de Madrid e a actualización dun circuíto no Parque Montjuïc, en Barcelona. Desde 1968 o Gran Premio de España regresa ao calendario da Fórmula 1 alternando os circuítos do Jarama e o de Montjuïc.
O Gran Premio de España de 1975 estivo marcado pola traxedia. Durante os entrenamentos houbo incidentes que fixeron dubidar sobre a seguridade do circuíto de Montjuïc. Emerson Fittipaldi, dúas veces gañador da carreira retirouse da mesma en protesta logo da primeira volta. Na volta 26, O vehículo de Rolf Stommelen choca matando a catro espectadores. A carreira foi detida e declarouse gañador a Jochen Mass, obtendo a metade dos puntos.
O Gran Premio de España correuse no Jarama ata 1981, logo, en 1986 inaugurouse o Circuíto Permanente de Jerez onde se presentou unha gran batalla entre Ayrton Senna e Nigel Mansell, cun final de fotografía. Finalmente os xuíces declararon vencedor a Senna con 14 milésimas de segundo de vantaxe sobre Mansell.
Desde 1991 o Gran Premio de España mudouse ao Circuíto de Cataluña. O circuíto de Jerez recibiu desde entón dúas veces o Gran Premio de Europa.
Gañadores do Gran Premio de España [editar]
As carreiras que non forman parte da Fórmula 1 están marcadas cun fondo en cor rosa.