Max Mosley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMax Mosley

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Max Rufus Mosley Editar o valor em Wikidata
13 de abril de 1940 Editar o valor em Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte23 de maio de 2021 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónChrist Church College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo , team manager (en) Traducir , político , Barrister Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJean Marjorie Taylor (en) Traducir (1960–) Editar o valor em Wikidata
FillosAlexander James Mosley (en) Traducir, Patrick Max Mosley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisOswald Mosley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Diana Mosley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJonathan Guinness (pt) Traducir, Nicholas Mosley (pt) Traducir e Oswald Alexander Mosley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesNancy Mitford (Tía)
Unity Mitford (pt) Traducir (Tía)
Jessica Mitford (pt) Traducir (Tía)
Deborah Cavendish, Duquesa de Devonshire (pt) Traducir (Tía)
Andrew Cavendish (pt) Traducir (tío)
Peregrine Cavendish (curmán entregue)
David Freeman-Mitford (avó) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1694500 Editar o valor em Wikidata

Max Rufus Mosley, nado en 1940 en Londres, foi o presidente da Federación Internacional de Automobilismo, cargo no que estivo catro mandatos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É o segundo fillo do líder da Unión Británica de Fascistas, sir Oswald Mosley e de Diana Mitford. É graduado en Física pola Oxford Christ Church desde 1961. Durante o seu tempo en Oxford foi secretario da Oxford Union. Estudou dereito en Gray's Inn en Londres e doutorouse como avogado en 1964. Correu en clubs do Reino Unido durante 1966 e 1967 seguido da Fórmula Dous para o London Racing Team e para o equipo de Frank Williams no 1968. Retirouse no 1969 e converteuse nun dos fundadores da produtora de monoprazas March. Conseguiu un certo éxito na Fórmula Un, ao quedar March terceiro no campionato de construtores dos anos 1970 e 1971 e co subcampionato de Ronnie Peterson tamén en 1971. Así mesmo, adquiriu un gran prestixio na venda de chasis e coches de Fórmula Dous.

A principios dos 70 integrouse na FOCA (Formula One Constructors Association), unha asociación de equipos para defender os dereitos das escudarías e manter un control común do deporte. A finais do 1977 Mosley abandonou oficialmente a FOCA e converteuse en asesor da mesma. Máis tarde foi electo como presidente da FISA (Fédération Internationale du Sport Automobile, un comité da FIA. Unha posterior reestruturación da FIA obrigouno a dimitir do seu cargo na FISA e foi elixido como presidente da FIA.

Por aquel tempo Bernie Ecclestone era el presidente da FOCA e Jean Marie Balestre érao da FISA. Ambos tiveron diferenzas sobre a regulamentación e o debate económico, loitando así polo control do deporte. Mosley axudou a resolver o conflito asinando o Pacto da Concordia, dando a FISA o control da regulamentación e a FOCA o control dos dereitos televisivos e a promoción.

Pouco tempo despois, Mosley desapareceu por completo da Fórmula 1 durante 3 anos, pero volveu en 1986 para ser presidente da Comisión de Construtores da FISA e establecer a comisión de admisión do equipo Simtek Research. Vendeu a súa parte de Simtek en 1991 cando foi elixido presidente da FIA, gañando a Jean Marie Balestre por 43 votos a 29. Dimitiu anos máis tarde, declarando que podería ser elixido máis polos seus méritos que polos erros do seu antecesor; a FIA inmediatamente reelixiunos por catro anos máis. Foi elixido por outro período en outubro de 1997, un terceiro en 2001 e un cuarto en 2005.

Os afeccionados criticaron a Mosley por moitos dos seus cambios de regras e cargaron contra el por situacións como as ocorridas no Gran Premio dos Estados Unidos de 2005, no cal só 6 monoprazas saíron á pista. Os partidarios de Mosley sosteñen que todos os cambios de regulamento tiveron o apoio dos equipos que forman o Pacto da Concordia. En relación con Indianápolis, Mosley declarou que a FIA non tiña outra saída que lanzar a carreira con seis coches porque os equipos Michelin non buscarían ningunha solución alternativa, salvo unha chicane que non foi aprobada. Isto puxo a todo o mundo nun grave problema ante a lei en caso de accidente.

En xuño de 2004 Mosley anunciou que deixaría o seu cargo en outubro dese ano. De todos os modos, en xullo do mesmo ano arrepentiuse da súa decisión despois de que o Senado da FIA lle pedira que seguira. O seu actual mandato conclúe en outubro de 2009, aínda que algúns rumores apuntan a que abandonará o cargo antes do fin do mesmo.

Mosley e Bernie Ecclestone teñen aínda o control total sobre a Fórmula 1; entre outros eventos, a FIA actualmente regula o Campionato do Mundo de Fórmula 1, o Campionato do Mundo de Rallyes (WRC) e o Campionato GT.

Mosley estivo un tempo interesado en ser membro do Partido Conservador británico e membro do parlamento, ao igual que o seu pai, aínda cambiou a súa ideoloxía a do Partido Laborista ao coñecer ao seu líder, John Smith, en 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]